Hoxe anunciamos a primeira gran novidade deste ano no proxecto Guido Guía 🙂 Comezamos unha nova serie de paseos guiados chamada #BarriosLucenses ❤ Capítulo a capítulo iremos descubrindo curiosidades e darémoslle protagonismo ós veciños da cidade para xerar un gran intercambio 🌟 Comezamos o domingo 17 con #Castelo! Convidada especial: Fina Amoroso Se queredes inscribirvosSeguir lendo “Guido Guía lanza novos paseos: #BarriosLucenses, no que os veciños tomarán protagonismo”
Arquivos de autor:guidoalvarezparga
Comezaron os paseos #OLugoMenosCoñecido 2021 de Guido Guía: VII edición do capítulo #ArteUrbana
Hoxe comezamos con moitísima ilusión os paseos guiados do 2021 Foi tempo do sétimo itinerario adicado á #ArteUrbana no que a principal protagonista foi a gran LIDIA CAO e a súa recente obra no 288 da Avenida da Coruña Seguimos con grupos reducidos (5+ guía) polas restricións, e felices de incorporar a moita xente novaSeguir lendo “Comezaron os paseos #OLugoMenosCoñecido 2021 de Guido Guía: VII edición do capítulo #ArteUrbana”
O 2 de xaneiro volven os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía
Despois de mes e medio de pausa, en xaneiro volvemos á actividade De momento con grupos pequenos (os protocolos marcan un máximo de 6 persoas por grupo incluído o guía) pero con toda a ilusión do mundo Comezamos con tres datas de paseos guiados #OLugoMenosCoñecido! Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través doSeguir lendo “O 2 de xaneiro volven os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía”
Bonos de actividades con Guido Guía na plataforma “Lugo é capital”. O teu agasallo neste Nadal?
Bo día, amigos!! Dende hoxe o proxecto Guido Guía está rexistrado na plataforma http://www.lugoecapital.com, na que dende xa podedes mercar bonos (de 10, 20, 50 e 100 €) para gozar dos nosos paseos guiados, visitas e excursións. Buscas un agasallo orixinal para estas datas? Aquí abaixo tedes o enlace Grazas!!https://www.lugoecapital.com/store/guido-guia/
#ViaxandoPorLugo, o hashtag co que os lucenses rememoran lugares redescubertos no 2020
Iniciamos onte o reto #ViaxandoPorLugo, un hashtag para compartir entre todos aqueles lugares lucenses que redescubrimos neste 2020. Persoeiros recoñecidos da cidade e amantes de Lugo en xeral colgaron xa os seus lugares redescubertos na cidade e tamén na provincia ♥ Anímate a compartir os teus, e nomina/reta sempre a 5 amigos!
O legado de Piornedo
Artigo publicado no Nós Diario o 21 de novembro do 2020 Lola e Isolina, salvagardas da tradición e historia dos Ancares A pegada das grandes construcións identitarias como a galega sempre deixa recunchos vivos onde podemos observar o paso do tempo vivido. Galiza ten, desde os oestrimnios e saefes ata a modernidade próxima, moitas marcas da memoria enSeguir lendo “O legado de Piornedo”
Iago Eireos, arte urbana dende o barrio Feijóo: “Temos unha cidade defendida por grandes artistas e cun gran legado”
Conversa-entrevista no Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 9 de decembro do 2020 É un dos artistas internacionalmente máis coñecidos da nosa cidade. Viviu e fixo residencias artísticas en media Europa, e agora proxecta a súa arte dende o barrio Feijóo. El é o impulsor do recentemente creado festival Culturbán, e chega ao Lugo Xornal cunha novaSeguir lendo “Iago Eireos, arte urbana dende o barrio Feijóo: “Temos unha cidade defendida por grandes artistas e cun gran legado””
Vídeo de Lugo nevando en “Aquí la Tierra” de TVE
Onte subín dende a Muralla Romana de Lugo un vídeo da nevada ❄ Por Twitter escribiume Jacob Petrus, de Aquí la Tierra, para emitilo na RTVE 🙂 Un fragmento breve, pero que abriu o programa con Lugo e tamén co barrio do Carme. Segunda vez, e agardo que sexan moitas máis! ❤
O gran reto de #LugoPatrimonioMundial: musealizar in situ
Artigo escrito para o Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 3 de decembro do 2020 Tralos últimos achados arqueolóxicos do centro arqueolóxico de Lugo, Guido Álvarez reflexiona no Lugo Xornal sobre a importancia da elaboración dun plan integral para poñer en valor o patrimonio arqueolóxico que Lugo agocha baixo o seu chan Hoxe, que leo sobre aSeguir lendo “O gran reto de #LugoPatrimonioMundial: musealizar in situ”
Leandro Barea, arte urbana de Fingoi con 127.000 seguidores: “a Pista Vermella era a horta dos meus avós”
Conversa-entrevista no Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 20 de novembro do 2020 É o cuarto artista de rúa entrevistado por Guido Álvarez nesta serie, e, de entre todos, o que ten máis tirón nas redes. Ademais diso, destaca por ser o máis orientado á critica social e a un humor ácido que leva anos conquistando aSeguir lendo “Leandro Barea, arte urbana de Fingoi con 127.000 seguidores: “a Pista Vermella era a horta dos meus avós””
Yoe, 41 anos de graffiti en Lugo: “somos unha cidade incriblemente transgresora”
Conversa-entrevista no Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 19 de novembro do 2020 Para un lucense de toda a vida, é imposible falar de graffiti en Lugo sen comezar por Yoe 33 e pola súa xeración. El elude e escapa dos apelativos de pioneiro ou precursor, pero todos sabemos que o é. Unha conversa-entrevista memorable para coñecerSeguir lendo “Yoe, 41 anos de graffiti en Lugo: “somos unha cidade incriblemente transgresora””
Diego AS, graffiti da Piringalla que triunfa no mundo: “collín o bote en Frigsa ós 10 anos”
Conversa-entrevista no Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 15 de novembro do 2020 Con 31 anos Diego Anido Seijas, popularmente coñecido como Diego AS, é xa un dos artistas lucenses máis galardoados e coñecidos no panorama graffiteiro nacional. Londres, Porto, Barcelona, Málaga, Oviedo, Madrid e media Galiza xa contan con obras súas, e este ano foiSeguir lendo “Diego AS, graffiti da Piringalla que triunfa no mundo: “collín o bote en Frigsa ós 10 anos””
Cuarto e último paseo 2020 de Paulo Fabio Máximo e Güidox: ventás arqueolóxicas e Domus do Mitreo
O último paseo guiado deste ano co meu amigo Paulo Fabio Máximo, e tamén o meu último paseo guiado por un tempo indefinido que agardemos sexa pouco (pois indicaría que imos ben). Hoxe foi o turno das ventás arqueolóxicas e da Domus do Mitreo ❤️ Infinitas grazas asociacións do Arde Lucus e Xuventude de Lugo por ter contado conmigo para esteSeguir lendo “Cuarto e último paseo 2020 de Paulo Fabio Máximo e Güidox: ventás arqueolóxicas e Domus do Mitreo”
Soleado paseo #UnBarrioSenReloxo con Guido Guía, adaptado á restrición de 5 persoas por grupo
Hoxe foi un día moi especial: paseo guiado #UnBarrioSenReloxo ⏰🐔❤️ terceira edición cumprindo a nova restrición de 5 persoas por grupo (4 + guía) e gozando xuntos da caída do sol -e logo dunha lúa case chea espectacular entre as torres da Catedral- dende as 17h ata as 20h no querido barrio do Carme. Grazas Tania, Henrique, PaulaSeguir lendo “Soleado paseo #UnBarrioSenReloxo con Guido Guía, adaptado á restrición de 5 persoas por grupo”
O Carme, por vez primeira
Artigo publicado no Nós Diario o 24 de outubro do 2020 O Concello de Lugo anunciou inminentes melloras que serían a primeira aposta real polo barrio Esta semana o lucense barrio do Carme celebrou posiblemente unha das mellores noticias dos seus máis de 2000 anos de historia: de momento non é máis que un compromiso, pero é oSeguir lendo “O Carme, por vez primeira”
Guido Guía lanza visitas ó barrio do Carme, antes das obras previstas, a partir do 29 de outubro
Semella que o #BarrioDoCarme pode vivir próximamente a súa primeira posta en valor real da súa historia. Levamos anos reivindicando isto e por iso antes e despois das mudanzas queremos seguir compartindo con vós o noso lugar favorito do mundo. Neste momento seguimos con restricións de 9 persoas + 1 guía para os paseos así que imosSeguir lendo “Guido Guía lanza visitas ó barrio do Carme, antes das obras previstas, a partir do 29 de outubro”
Paulo Fabio Máximo e Güidox pasearon por terceira vez en Lucus Augusti, esta vez no barrio do Carme
O meu terceiro paseo guiado acompañado de Paulo Fabio Máximo (o legado de César Augusto na fundación de Lucus Augusti) estivo adicado nada menos que ó meu barrio, ó meu querido Carme ❤️ Unha marabilla poder gozar xuntos del nesta soleada ☀️ tarde lucense! Vémonos o día 7!
Paseo guiado #OsMundosDoRato de Guido Guía para a Reserva da Biosfera Terras do Miño
Medio ano despois, volveron as actividades da Reserva da Biosfera Terras do Miño e puidemos recuperar aquel paseo previsto para o mes de marzo: #OsMundosDoRato! 🍃💧 Unha gozada compartilo con tan boa xente… moitas grazas á Deputación de Lugo por contar conmigo! ❤️
Guido Guía e Bisagras de Papel presentaron os paseos guiados polo #LugoXenealóxico
E hoxe foi turno tamén do 23º capítulo dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido… como pasa o tempo! Todo un éxito para o que contamos coa nosa nova querida colaboradora Helena González de Bisagras de Papel… viaxe polo #LugoXenealóxico, a través de arquivos e lugares especiais da cidade! Repetiremos con total seguridade ❤️
O turismo celta, onte e mañá
Artigo publicado no Nós Diario o 25 de agosto do 2020 Na procura de camiños para o presente e futuro do turismo falamos este mes do mundo do guiado na Galiza, da por fin confirmada volta á natureza e ás orixes, e tamén da necesidade da posta en valor do patrimonio histórico. Hoxe toca unha pequena reflexión sobre outro tema:Seguir lendo “O turismo celta, onte e mañá”
