A vella Gallaecia e a gran Lucus Augusti saen á luz e brilan no lucense barrio do Carme

35 anos paseando polo meu barrio e reivindicando o seu valor patrimonial, 6 guiando por el a persoas de todo o mundo… o de hoxe é unha emoción para min indescriptible. Moitas grazas Concello de Lugo por contar conmigo neste día, e poder escoitar ó arqueólogo municipal explicando os achados do barrio do Carme http://lugoxornal.gal/medioambiente-patrimonio/35455-achados-restos-dunha-domus-romana-do-seculo-iii-no-barrio-lucense-do-carme/

Guido Álvarez: “Coidemos Lugo nace coa vontade de atender o noso patrimonio en comunidade”

Entrevista publicada no Nós Diario o 2 de setembro do 2020 Coidemos Lugo é un movemento social que nace ao abeiro da cidade amurallada coa vontade de xerar un sentimento de amor polo patrimonio, a natureza e os espazos públicos a través de accións de concienciación en positivo. Realizaron a súa primeira saída a pasadaSeguir lendo “Guido Álvarez: “Coidemos Lugo nace coa vontade de atender o noso patrimonio en comunidade””

Santiago Iglesias, o mozo de vinte anos gardián do templo do Carme

Conversa-entrevista no Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 10 de xuño do 2020 A sabedoría oral espertou o interese de Santi pola historia da igrexa do Carme, a vella ermida da Virxe do Camiño. Agora é el quen a divulga e quen coida da riqueza dun dos templos “máis belos, históricos e descoñecidos de Lugo”. Se naSeguir lendo “Santiago Iglesias, o mozo de vinte anos gardián do templo do Carme”

Comezo a colaborar no diario El Progreso de Lugo con “O reto do Carme”

Hoxe estréome como colaborador de El Progreso de Lugo na sección de firma convidada. De cando en vez compartirei opinión sobre diversos temas. Nesta ocasión escribín, como non, sobre o Barrio do Carme. Moitas grazas por contar comigo. O reto do Carme, o barrio con máis futuro Chegan as eleccións municipais e con elas unSeguir lendo “Comezo a colaborar no diario El Progreso de Lugo con “O reto do Carme””

“De viaxe con Guido” en Onda Cero: Gales e o Regueiro das Hortas

Cardiff, Hugh Grant, Aberyswyth, Snowdonia ou o Barrio do Carme foron algúns dos protagonistas do décimo sexto #DeViaxeConGuido en Onda Cero Lugo. Aquí o podcast deste 16º #DeViaxeConGuido (a partir do minuto 55)  

Un barrio sen reloxo, entre pitas e historia

En Galicia Confidencial e GC Tendencias No mundo hai lugares repetidos e lugares singulares. Unha metrópole europea sen apenas supermercados (Napoli), un país con máis bicicletas que persoas (Holanda), outro onde o seu presidente camiña practicamente sen escolta (Uruguai), unha cidade onde criaturas mecánicas de fantasía camiñan ás súas anchas (Nantes)… ou unha cidade naSeguir lendo “Un barrio sen reloxo, entre pitas e historia”