O programa de xornadas viaxeiras #RedescubrindoLugo continúa e hoxe xa podemos anunciar a súa cuarta xornada… #RedescubrindoMondoñedo! O 27 de setembro de 10h30 a 18h30, con Guido Guía, Claudia del Pino e Abel Vigo (arqueólogo do Concello de Mondoñedo) pasearemos e conversaremos sobre a historia e a natureza destas terras 💙 Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com.Seguir lendo “#RedescubrindoMondoñedo: o 27-S con Guido Guía, Claudia del Pino e o arqueólogo Abel Vigo”
Arquivo de categoría:Guido Guía
Quinto dos #PaseosÓSolpor de Guido Guía, con chiscadela á última obra de Diego AS en Paradai
Hoxe tocou o quinto e penúltimo dos #PaseosÓSolpor ☀️ deseñados e guiados para Cultura e Turismo de Lugo este verán. Arte urbana e ríos lucenses como grandes protagonistas, e cumprindo sempre a restrición destes días a 9 participantes + guía. Un lindo proxecto que finaliza o vindeiro venres 18… agárdovos ❤️
#OLugoMenosCoñecido dobrou horarios cun gran paseo guiado por Piúgos, A Ponte e San Lázaro
Hoxe vivimos outro paseo moi especial. Cando o pasado día 30 anunciaron as novas restricións para Lugo (grupos de 9 + guía), vímonos obrigados a dividir grupos e dobrar horarios dos paseos previstos. Ós amigos de hoxe tocáballes onte, e compensamos hoxe cun gran paseo ✨ por terras de Piúgos, A Ponte e San Lázaro ❤️ Grazas pola vosaSeguir lendo “#OLugoMenosCoñecido dobrou horarios cun gran paseo guiado por Piúgos, A Ponte e San Lázaro”
IV #AndainaPolaSostibilidade con Guido Guía e Xuventude no día mundial da Mobilidade Sostible
Hoxe foi turno da IV #AndainaPolaSostibilidade para Xuventude de Lugo, na que cumprimos coas restricións destes días para o municipio de Lugo (9 participantes + guía) e gozamos inmensamente da nosa fermosa contorna cos barrios do Rato como principais protagonistas. Feliz día da Mobilidade Sostible! 👣🚲🍃❤️
Volve triunfar o capítulo #UnBarrioSenReloxo dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido
Un dos paseos máis fermosos do proxecto Guido Guía. Cumprindo as restricións destes días (9 persoas + guía no municipio de Lugo) fixemos a II edición de #UnBarrioSenReloxo ⏰ entre pitas 🐔 e historia ❤️… coa emocionante compañía de 5 compatriotas do barrio do Carme ✨ Precioso e emocionante, grazas por todo!!
Formidable reportaxe de Lecer Audiovisual sobre o movemento social #CoidemosLugo
Unha marabilla, coma sempre, o traballo audiovisual dos mozos lucenses de Lecer Audiovisual. Grazas, Pablo e Chris! Reportaxe da primeira acción de #CoidemosLugo 💚 no barrio do Carme!! Coidemos Lugo
Xenial IV paseo guiado polo #LugoFotográfico con Guido Guía e Marcos Loopez (creador de VivaLugo)
Estaba claro que o paseo guiado #LugoFotográfico IV co fundador de VivaLugo iba ser un éxito seguro ❤️ Adaptámonos ás medidas destes días para o concello de Lugo (grupo de 10 incluíndo ó guía) e estes días dobraremos horarios ✨Grazas Marcos Loopez por ser tan grande, Hotel Méndez Núñez por deixarnos subir á vosa terraza, e Shiku Hostel por permitirnos visitar os vosos graffitis! 🎨🤩
Guido Álvarez: “Coidemos Lugo nace coa vontade de atender o noso patrimonio en comunidade”
Entrevista publicada no Nós Diario o 2 de setembro do 2020 Coidemos Lugo é un movemento social que nace ao abeiro da cidade amurallada coa vontade de xerar un sentimento de amor polo patrimonio, a natureza e os espazos públicos a través de accións de concienciación en positivo. Realizaron a súa primeira saída a pasadaSeguir lendo “Guido Álvarez: “Coidemos Lugo nace coa vontade de atender o noso patrimonio en comunidade””
O barrio do Carme na TVG
O pasado domingo o Telexornal da Televisión de Galicia achegouse ó barrio do Carme para falar do deterioro nos últimos ¿40 anos? dun barrio como mínimo bimilenario. Fun chamado para falar sobre os meus paseos e iniciativas turísticas nel… ogallá este século XXI sexa o do seu rexurdimento ❤️
Guido Guía festexa o 13 de setembro o I aniversario dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido
Depois do gran éxito da primeira edición do capítulo XXI #OAnelVerde 💍💚 repetimos episodio o 13 de setembro coincidindo ademáis co primeiro aniversario (que realmente é o 14 de setembro, pero adiantámolo unhas horas) do proxecto de paseos guiados #OLugoMenosCoñecido ❤️ Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo deste paseo é de 6Seguir lendo “Guido Guía festexa o 13 de setembro o I aniversario dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido”
IV #PaseoÓSolpor de Guido Guía e Cultura e Turismo de Lugo: homenaxe ó barrio da Pousadela
Onte foi turno do cuarto dos #PaseosÓSolpor ☀️ que guío este verán para Cultura e Turismo de Lugo 🙂 Moitas grazas a todos por vir a compartir a fermosa caída do sol en Lugo, e a Begoña Castro Campo por estas preciosas fotografías! Vémonos o 11 e o 18 de setembro! 🧡
Xuventude de Lugo e Guido Guía celebran a Semana Mundial da Auga cun paseo polo río Mera
Unha parcialmente chuviosa mañá non nos impediu desfrutar ó máximo da terceira #AndainaPolaSostibilidade para Xuventude de Lugo 🙂 Celebramos a #SemanaMundialDaAuga 💧 cun paseo pola fermosa ruta dos Muíños do Mera 💚 Marabillas lucenses a un paso do centro histórico! Grazas pola vosa compañía ✨
Éxito total na 1ª acción de #CoidemosLugo: coidando o marabilloso barrio do Carme!
Unha palabra: emoción ❤️ Dúas semanas despois dos destrozos ó patrimonio do Carme, e décadas despois do emporcamento dun barrio, hoxe humanizamos o movemento #CoidemosLugo 💚 creado co capi Salva Arco Frias e co apoio legal e técnico do Concello de Lugo. Mirade como cambiou! Impresionante 🌟🌟🌟🌟🌟
Fermosa ruta guiada do Freixo dos Lobos e Guido Guía: Lourenzá, a terra do Conde Santo
Esta mañá gozamos coa ruta “Lourenzá, a terra do Conde Santo” ❤️ A última das 5 rutas que en colaboración co gran amigo Pedro Rolle (O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza) fixemos este verán para o programa #AMariñaEnRuta 💙💚 Grazas A Mariña lucense turismo por confiar en nós, e a todos vós por ternos acompañado! Ata pronto! 😍
Cuarta ruta do Freixo dos Lobos e Guido Guía para #AMariñaEnRuta: Rinlo, o paraíso en Ribadeo
Hoxe foi o turno da penúltima ruta para #AMariñaEnRuta 💙💚 co meu gran amigo Pedro Rolle O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza 🍃 Non defraudou “Rinlo, o paraíso en Ribadeo” nunha luminosa ☀ e marabillosa mañá por terras mariñeiras 🌊 e cinematográficas! 🎥😍 Grazas a todos por acompañarnos!
Convocada para este venres 28 a primeira acción do movemento social #CoidemosLugo
Dúas semanas despois de lanzar a iniciativa #CoidemosLugo 💚 hoxe Salva Arco Frias (capitán do C.B. Breogán) e eu convocamos dende o barrio do Carme a primeira acción deste novo movemento social. Venres ás 16h! Escribídenos se queredes unirvos, máximo 25 persoas! Grazas Concello de Lugo polo apoio técnico e legal! Todos a unha ❤️
A arte urbana lucense, imparable: gran éxito no VI paseo guiado por ela con Guido Guía e Rubén Paz
Hoxe foi o turno do VI paseo guiado pola #ArteUrbanaLucense 🎨❤️✨ e gozámolo a pleno 💪 Marabilla de conversa con Ruben Paz (proxecto Trece trazos) mentres pintaba na rúa dos Paxariños, e un gran paseo por novas zonas da cidade. Grazas Lamela “Sensei” e Ana M Dopazo Pérez polas fotazas! 📸😍 Bravo polos nosos artistas!
Guido Guía e Viva Lugo únense para un paseo fotográfico co creador da axenda que cambiou todo: Marcos Loopez
Aproveitamos un día no que este home ten tempo 😎 anotade ben: mércores 2 de setembro ás 19h00… histórico! Primeiro paseo guiado #LugoFotográfico coa persoa que leva varios anos revolucionando a cultura lucense: Marcos Loopez, nada menos que o creador de VivaLugo! A plataforma e medio que cambiou todo nesta cidade. Emoción ❤️ Se queredesSeguir lendo “Guido Guía e Viva Lugo únense para un paseo fotográfico co creador da axenda que cambiou todo: Marcos Loopez”
O proxecto de paseos guiados #OLugoMenosCoñecido cumprirá un ano, e celébrao cun concurso fotográfico
O 14 de setembro o proxecto de paseos guiados #OLugoMenosCoñecido cumprirá un ano de historia, e queremos festexalo 🥳 Como? Cun novo concurso fotográfico, desta vez orientado a facer memoria de todo o vivido nestes 12 meses. Cal foi o teu capítulo favorito dos 23 que levamos? Elixe unha foto del, titúlaa, e cóntanos algo sobre ese día 🙂❤️ Cada participanteSeguir lendo “O proxecto de paseos guiados #OLugoMenosCoñecido cumprirá un ano, e celébrao cun concurso fotográfico”
Beleza natural no Valadouro: ruta do Pozo da Onza con O Freixo dos Lobos e Guido Guía
Esta soleada mañá de agosto gozamos no Valadouro da terceira ruta combinada entre O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza e Guido Guía para o programa #AMariñaEnRuta 💙💚 Pozo da Onza non defraudou e a súa fervenza lucíu esplendorosa nunha nova xornada para o recordo ❤️ Grazas A Mariña lucense turismo por contar con nós!
