Gran xornada viaxeira #RedescubrindoAlfoz con Guido Guía e O Freixo dos Lobos

Segunda xornada viaxeira #Redescubrindo, hoxe foi o turno de #RedescubrindoAlfoz e por suposto non defraudou 🙂 Un gran día coa colaboración especial do querido Pedro Rolle, impulsor da iniciativa O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza 🍃 e un referente do turismo da Mariña! Grazas a todos os amigos que nos acompañáchedes!

Guido Guía lanza paseos guiados e viaxes semanais por Lugo e provincia durante xullo e agosto

Síntome afortunado de que os vellos e os novos proxectos manteñan o éxito dos meses precedentes á crise sanitaria. Dúas semanas despois do regreso dos paseos guiados, celebramos que todas as actividades esgotaron prazas (as permitidas nas medidas de prevención) e o ánimo da xente está máis vivo que nunca. Desfrutamos xa do paseo guiadoSeguir lendo “Guido Guía lanza paseos guiados e viaxes semanais por Lugo e provincia durante xullo e agosto”

Turismo sensorial no corazón de Lugo

Artigo publicado no diario La Voz de Galicia o 21 de xuño do 2020 Guido Álvarez guiou a persoas de máis de 80 nacionalidades polo barrio de O Carme O barrio de O Carme é un oasis no medio da cidade. Un lugar bucólico, inspirador e cheo de historia que, ás veces, pasa desapercibido. Ten un potencial innatoSeguir lendo “Turismo sensorial no corazón de Lugo”

Comezaron as xornadas #RedescubrindoLugo no corazón da terra: éxito total no Piornedo

Hoxe foi un día para recordar sempre: comezamos as xornadas viaxeiras #RedescubrindoLugo no corazón da terra: Piornedo. Prazas esgotadas, amigos de Lugo e do mundo, e unhas colaboradoras, de sempre, e unha vez máis excepcionais: Lola Piornedo e Isolina, de Piornedo ANDA. Grazas a todos, e ata o próximo domingo en Alfoz! ❤️

Paseo guiado accesible de Guido Guía para Aspace polo Lugo romano e a arte urbana lucense

Hoxe foi un día moi especial: o primeiro paseo guiado a medida despois de tres meses de confinamento, e o meu terceiro paseo guiado accesible en Lugo. Historia romana, arte urbana e primeira visita ós vestixios arqueolóxicos (fornos cerámicos de época romana) achados estes días na traseira da rúa San Froilán como grandes protagonistas. Grazas ASPACESeguir lendo “Paseo guiado accesible de Guido Guía para Aspace polo Lugo romano e a arte urbana lucense”

O venres 3 de xullo será a data do segundo paseo guiado polo #LugoFotográfico

Outro paseo pendente que retomamos… o venres 3 de xullo ás 19h00 será o turno do segundo capítulo do #LugoFotográfico 📸 desta volta co fotógrafo profesional Iago Viana! Unha oportunidade para ver Lugo con outros ollos 🙂 Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo deste paseo é deSeguir lendo “O venres 3 de xullo será a data do segundo paseo guiado polo #LugoFotográfico”

Agardada primeira ruta por Alfoz, historia e contorna sen igual

Reseña publicada no diario La Voz de Galicia o 17 de xuño do 2020 Guido Guía e O Freixo dos Lobos fan sinerxías para continuar coa programación de Redescubrindo Lugo que tivo que quedar en suspenso polo covid. Agora retómase con outro percorrido para coñecer, paso a paso, a historia e a natureza de Alfoz, sen dúbida aSeguir lendo “Agardada primeira ruta por Alfoz, historia e contorna sen igual”

Os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido na Televisión de Galicia

Moi agradecido á Televisión de Galicia 📺 e ó Telexornal Serán pola visita de onte ó Parque Rosalía no reinicio do proxecto de paseos guiados #OLugoMenosCoñecido co capítulo XIX #OLugoDosSentidos ❤ Grazas tamén a Mari Viador e a Alice ‘Klar’ Chaytow polas súas testemuñas! Síntome moi afortunado desta incrible visibilidade, non teño palabras

#OLugoDosSentidos triunfou no regreso dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido

Xusto tres meses despois do previsto recuperamos o capítulo pendente XIX #OLugoDosSentidos e retomamos así os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido ❤️ Moitas grazas ó colaborador especial e máxico Gus Kalamburu ✨ e a todos os amigos que nos acompañaron nun capítulo para o recordo!! 🙂

Guido Guía xa é un dos personaxes do videoxogo lucense “SuperQuique ó rescate do comercio local”

Encantado con que Guido Guía sexa unha das personaxes do divertido videoxogo lucense e xa mundial “SuperQuique ó rescate do comercio local” ❤️ Unha gran idea do emprendedor venezolano, e apaixonado por Lugo, David Parra Lezama… moitas grazas, amigo!! Podedes xogar aquí ⬇️ https://superquiquealrescatedelcomerciolocal.netlify.app/

Estudantes Erasmus, lucenses e galegos no regreso dos paseos guiados de Guido Guía

Un dos días máis emocionantes en moito tempo. Hoxe voltou ca máxima seguridade 😷 a actividade do proxecto Guido Guía 🙂 Paseo guiado polo #LugoFavorito na mellor das compañías! Amigos de Lugo, Lalín, A Estrada, e tamén de Ecuador 🇪🇨 Honduras 🇭🇳 India 🇮🇳 e Colombia 🇨🇴 nun día inesquecible ❤️

Mañá venres volven con ilusión e prazas esgotadas os paseos guiados de Guido Guía

Tres meses despois, mañá venres volven os paseos guiados e outras actividades do proxecto Guido Guía. Reiniciaremos, tras este obrigado parón, co prometido paseo guiado polo #LugoFavorito (cos recordos, lugares favoritos e memorias escritas de máis de 500 lucenses de corazón) e o domingo retomando o noso querido proxecto dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido. Xa aSeguir lendo “Mañá venres volven con ilusión e prazas esgotadas os paseos guiados de Guido Guía”

Mañá, primeira reportaxe para o Nós Diario (no suplemento Gozar)

Outra boa nova que quero compartir con vós: sabedes que levo anos colaborando en varios medios de comunicación, algo que me fai moita ilusión… mañá comezo a facelo nun moi especial 🙂 Síntome moi orgulloso de poder sumar en varios xornais promovendo a nosa cultura e o noso patrimonio… anímovos a seguir a Nós Diario! A ver seSeguir lendo “Mañá, primeira reportaxe para o Nós Diario (no suplemento Gozar)”

Guido Guía e O Freixo dos Lobos anuncian data para a xornada viaxeira #RedescubrindoAlfoz

Non tiñamos pensado anuncialo hoxe, pero despois da gran acollida dos dous primeiros paseos guiados e da primeira xornada viaxeira anunciada (prazas esgotadas en 48 horas), lanzamos xa a segunda xornada viaxeira do programa #RedescubrindoLugo ❤️ Desfrutaremos #RedescubrindoAlfoz coa colaboración especial dos grandes amigos de O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza 💚 Contamos contigo?Seguir lendo “Guido Guía e O Freixo dos Lobos anuncian data para a xornada viaxeira #RedescubrindoAlfoz”

O 20 de xuño comezan as xornadas viaxeiras #RedescubrindoLugo con Guido Guía no Piornedo

E chegou o día de anunciar a primeira data do programa de xornadas viaxeiras #RedescubrindoLugo ❤️ O sábado 20 de xuño será o turno de #RedescubrindoPiornedo, coa colaboración especial de Piornedo ANDA 🐾 Día grande nos Ancares! Bulide para reservar, pois en menos de 24 horas enchemos para #LugoFavorito e só quedan 3 prazas para #OLugoDosSentidos 😍 Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a travésSeguir lendo “O 20 de xuño comezan as xornadas viaxeiras #RedescubrindoLugo con Guido Guía no Piornedo”

Volven os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido co seu capítulo XIX #OLugoDosSentidos

Pasaron xusto tres meses dende aquel 15 de marzo no que estaba previsto o capítulo XIX dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido… agora, o domingo 14 de xuño, toca recuperalo 🙂 Será, tal e como previsto, con “O Lugo dos Sentidos” e o colaborador especial Gus Kalamburu. Bulide, que as prazas do paseo guiado #LugoFavorito esgotáronse enSeguir lendo “Volven os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido co seu capítulo XIX #OLugoDosSentidos”

A iniciativa #RedescubrindoLugo en Radio Sant Boi

Onte estivemos falando cos amigos de Ràdio Sant Boi, os queridos Armando Fernández e Xulio Couxil, referentes da radio en galego por terras catalanas. Chamáronnos para falar sobre as xornadas viaxeiras #RedescubrindoLugo, que comezarán moi pronto, despois de que hai un rato soubésemos que Galicia entra na fase III da desescalada. Moitas grazas, amigos, porSeguir lendo “A iniciativa #RedescubrindoLugo en Radio Sant Boi”

Coa entrada na fase 3 Guido Guía anuncia a data do paseo polo #LugoFavorito: venres 12 de xuño

Tal e como anunciamos esta semana, no momento en que a provincia de Lugo entrase en fase 3 (e se reactivase polo tanto a actividade dos guías turísticos) comezamos a anunciar as primeiras datas dos vindeiros paseos e actividades ❤️ A primeira delas será o prometido paseo polo #LugoFavorito! En agradecemento ás máis de 500 persoas que escribironSeguir lendo “Coa entrada na fase 3 Guido Guía anuncia a data do paseo polo #LugoFavorito: venres 12 de xuño”

O proxecto Guido Guía xa está en Tripadvisor

O proxecto Guido Guía xa está nunha das máis famosas webs de viaxeiros do mundo: TripAdvisor. Anímate a deixar unha reseña contando a túa experiencia, para que as persoas que busquen información conten coa vosa opinión 🙂 Moitas grazas de antemán! https://www.tripadvisor.es/Attraction_Review-g609027-d20959383-Reviews-Guido_Guia-Lugo_Province_of_Lugo_Galicia.html

Na fase III volverán os paseos e actividades de Guido Guía pola provincia de Lugo

Chegou xuño e chegou o emocionante día no que xa podemos anunciar que o proxecto Guido Guía está máis preto de voltar á actividade ❤️ Co anuncio das condicións para o desenvolvemento da actividade de guía turístico para a fase III no BOE do pasado sábado, xa podemos anunciar que a entrada nesa fase será o momento no queSeguir lendo “Na fase III volverán os paseos e actividades de Guido Guía pola provincia de Lugo”