Volven os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido de Guido Guía: capítulo XX baixo as estrelas

Dende o inicio do proxecto de paseos guiados #OLugoMenosCoñecido -en setembro- vivimos, ata marzo, nada menos que dezanove capítulos. En xuño retomamos o episodio que tiñamos pendente, e agora toca retomar a saga ❤ Aproveitando un mes de ceos moi despexados como agosto, será o venres 7 o momento do capítulo XX #LugoBaixoAsEstrelas ✨ SeSeguir lendo “Volven os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido de Guido Guía: capítulo XX baixo as estrelas”

O IV paseo guiado pola #ArteUrbana con Guido Guía celebrou a revolución artística lucense

Marabilloso IV paseo guiado pola #ArteUrbana lucense 🎨✨ Novo cheo con amigos de Lugo, Lourenzá, A Estrada, León, Barcelona, India, Arxelia, Irlanda, Reino Unido, Ecuador… Hoxe toca un agradecemento especial a Ruben Paz pola súa colaboración permitíndonos velo pintar en directo, e contándonos a historia do seu proxecto Trece trazos! #ArteLucense ❤️

Os paseos guiados de #ArteUrbanaLucense, na Televisión de Galicia

Hoxe a Televisión de Galicia veu visitarnos ó IV paseo guiado de #ArteUrbana #ArteLucense 🎨 do proxecto Guido Guía, no que durante 4 horas gozamos de distintos murais e graffitis ó longo de toda a cidade. Un agradecemento infinito por valorar tanto o meu traballo

Xuventude promove a sostibilidade e a igualdade cun programa de andainas polo municipio

Artigo publicado na web do Concello de Lugo Trátase de camiñadas polo Concello de Lugo, lideradas por mozas e mozos, para reivindicar unha cidade peonil e igualitaria As actividades, para as que haberá 25 prazas dispoñibles, están dirixidas á rapazada entre 14 e 35 anos e desenvolveranse ata outono A área de Xuventude propón, ataSeguir lendo “Xuventude promove a sostibilidade e a igualdade cun programa de andainas polo municipio”

Reportaxe sobre Lugo e o proxecto Guido Guía en esRadio Galicia

Artigo en esRadio Galicia O programa desta semana de esRuta levounos a Lugo, a cidade máis antiga de Galicia. Os guías turísticos Juan Segade e Guido Álvarez contáronnos a historia e o rico patrimonio da cidade da muralla e da provincia. Sen dúbida, un bo destino para este verán. https://esradio.libertaddigital.com/fonoteca/2020-07-14/esruta-galicia-152017.html

Este mércores, Andaina pola Sostibilidade con Guido Guía e Xuventude de Lugo

Coas prazas esgotadas para os dous primeiros #PaseosÓSolpor con Cultura e Turismo de Lugo, comparto o cartel para a #AndainaPolaSostibilidade 💚 que farei para Xuventude de Lugo o vindeiro mércores 15 de xullo ás 10h30. Animádevos a percorrer connosco os #BarriosDoLeste! 🍃🌺🍄🌳 Inscricións en xuventude@lugo.gal 🙂

Guido Guía lanza para o domingo 19 de xullo o IV paseo guiado pola #ArteUrbana lucense

Catro meses despois do último paseo guiado adicado á #ArteUrbana 🎨 #ArteLucense, regresamos neste mes de xullo coa IV edición dun dos capítulos preferidos por todos na serie #OLugoMenosCoñecido✨ Será o vindeiro domingo 19 de xullo, descubriremos moitas novas obras, e terá unha duración de 4 horas! 💛 Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. OSeguir lendo “Guido Guía lanza para o domingo 19 de xullo o IV paseo guiado pola #ArteUrbana lucense”

Comezaron con luz e forza os #PaseosÓSolpor de Guido Guía con Cultura e Turismo de Lugo

Un día moi emocionante para min. Primeira vez que guío para Cultura e Turismo de Lugo, cupo de prazas cubertas en 24 horas, formidable grupo de xente, marabillosas visitas sorpresa, novos amigos, moitas charlas e intercambios, e unha atmósfera imbatible no inicio dos #PaseosÓSolpor ☀️ Moitas grazas, compañeiros, e ata o vindeiro venres 17! #LugoCalidade 🧡

Entrevista en Cope Lugo, proxectos Guido Guía verán 2020

Sumando nunha semana intensa, entrevista 📻 hoxe en Cope Lugo co bo amigo Chema Núñez falando dos proxectos Guido Guía do verán 2020! #RedescubrindoLugo 💓 #OLugoMenosCoñecido 👀 #LugoFotográfico 📸 #LugoFavorito ✨ #ArteUrbana 🎨 + #PaseosÓSolpor ☀ con Cultura e Turismo de Lugo + #AndainasPolaSostibilidade 👣🍃 con Xuventude de Lugo… desfrutaremos! 🙂

Andaina con Guido Guía e Xuventude de Lugo polo Día Mundial das Habilidades da Xuventude

Reseña publicada na web do Concello de Lugo O goberno de Lara Méndez, a través da Área de Xuventude que dirixe Ana G. Abelleira ten previsto, para celebrar o Día Mundial das Habilidades da Xuventude, que se conmemora o 15 de xullo, unha conferencia e unha andaina pola cidade. Concretamente, será unha sesión a cargoSeguir lendo “Andaina con Guido Guía e Xuventude de Lugo polo Día Mundial das Habilidades da Xuventude”

A área de Turismo presenta o ciclo de visitas guiadas Paseos ó Solpor

Reseña publicada na web do Concello de Lugo A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou o novo ciclo de visitas guiadas Paseos ó Solpor, organizadas pola área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua en colaboración co guía turístico Guido Álvarez. Maite Ferreiro informou que “se trata de seis visitas guiadasSeguir lendo “A área de Turismo presenta o ciclo de visitas guiadas Paseos ó Solpor”

Día máxico na segunda edición do paseo guiado #LugoFotográfico con Guido Guía e Iago Viana

Onte foi un dos días máis máxicos do proxecto #OLugoMenosCoñecido. Segunda edición do #LugoFotográfico 📸 coa colaboración especial de Iago Viana. Un grupo de xente marabilloso e unhas fotografías para o recordo ❤️ Grazas a todos por vir e por compartilas! Ata pronto ✨

Gran xornada viaxeira #RedescubrindoAlfoz con Guido Guía e O Freixo dos Lobos

Segunda xornada viaxeira #Redescubrindo, hoxe foi o turno de #RedescubrindoAlfoz e por suposto non defraudou 🙂 Un gran día coa colaboración especial do querido Pedro Rolle, impulsor da iniciativa O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza 🍃 e un referente do turismo da Mariña! Grazas a todos os amigos que nos acompañáchedes!

Guido Guía lanza paseos guiados e viaxes semanais por Lugo e provincia durante xullo e agosto

Síntome afortunado de que os vellos e os novos proxectos manteñan o éxito dos meses precedentes á crise sanitaria. Dúas semanas despois do regreso dos paseos guiados, celebramos que todas as actividades esgotaron prazas (as permitidas nas medidas de prevención) e o ánimo da xente está máis vivo que nunca. Desfrutamos xa do paseo guiadoSeguir lendo “Guido Guía lanza paseos guiados e viaxes semanais por Lugo e provincia durante xullo e agosto”

Turismo sensorial no corazón de Lugo

Artigo publicado no diario La Voz de Galicia o 21 de xuño do 2020 Guido Álvarez guiou a persoas de máis de 80 nacionalidades polo barrio de O Carme O barrio de O Carme é un oasis no medio da cidade. Un lugar bucólico, inspirador e cheo de historia que, ás veces, pasa desapercibido. Ten un potencial innatoSeguir lendo “Turismo sensorial no corazón de Lugo”

Comezaron as xornadas #RedescubrindoLugo no corazón da terra: éxito total no Piornedo

Hoxe foi un día para recordar sempre: comezamos as xornadas viaxeiras #RedescubrindoLugo no corazón da terra: Piornedo. Prazas esgotadas, amigos de Lugo e do mundo, e unhas colaboradoras, de sempre, e unha vez máis excepcionais: Lola Piornedo e Isolina, de Piornedo ANDA. Grazas a todos, e ata o próximo domingo en Alfoz! ❤️

Paseo guiado accesible de Guido Guía para Aspace polo Lugo romano e a arte urbana lucense

Hoxe foi un día moi especial: o primeiro paseo guiado a medida despois de tres meses de confinamento, e o meu terceiro paseo guiado accesible en Lugo. Historia romana, arte urbana e primeira visita ós vestixios arqueolóxicos (fornos cerámicos de época romana) achados estes días na traseira da rúa San Froilán como grandes protagonistas. Grazas ASPACESeguir lendo “Paseo guiado accesible de Guido Guía para Aspace polo Lugo romano e a arte urbana lucense”

O venres 3 de xullo será a data do segundo paseo guiado polo #LugoFotográfico

Outro paseo pendente que retomamos… o venres 3 de xullo ás 19h00 será o turno do segundo capítulo do #LugoFotográfico 📸 desta volta co fotógrafo profesional Iago Viana! Unha oportunidade para ver Lugo con outros ollos 🙂 Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo deste paseo é deSeguir lendo “O venres 3 de xullo será a data do segundo paseo guiado polo #LugoFotográfico”

Agardada primeira ruta por Alfoz, historia e contorna sen igual

Reseña publicada no diario La Voz de Galicia o 17 de xuño do 2020 Guido Guía e O Freixo dos Lobos fan sinerxías para continuar coa programación de Redescubrindo Lugo que tivo que quedar en suspenso polo covid. Agora retómase con outro percorrido para coñecer, paso a paso, a historia e a natureza de Alfoz, sen dúbida aSeguir lendo “Agardada primeira ruta por Alfoz, historia e contorna sen igual”