Lugo, coñecido a través dos sentidos

Artigo publicado no diario La Voz de Galicia o 15 de xuño do 2020 Este domingo tivo lugar un percorrido turístico pola cidade amurallada na que os participantes se sumerxían nos espazos a través de todos os sentidos Lugo visto, pero tamén percibido. Así é como cerca dunha trintena de persoas gozaron este domingo dunha visita á cidade amuralladaSeguir lendo “Lugo, coñecido a través dos sentidos”

Os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido na Televisión de Galicia

Moi agradecido á Televisión de Galicia 📺 e ó Telexornal Serán pola visita de onte ó Parque Rosalía no reinicio do proxecto de paseos guiados #OLugoMenosCoñecido co capítulo XIX #OLugoDosSentidos ❤ Grazas tamén a Mari Viador e a Alice ‘Klar’ Chaytow polas súas testemuñas! Síntome moi afortunado desta incrible visibilidade, non teño palabras

#OLugoDosSentidos triunfou no regreso dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido

Xusto tres meses despois do previsto recuperamos o capítulo pendente XIX #OLugoDosSentidos e retomamos así os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido ❤️ Moitas grazas ó colaborador especial e máxico Gus Kalamburu ✨ e a todos os amigos que nos acompañaron nun capítulo para o recordo!! 🙂

Estudantes Erasmus, lucenses e galegos no regreso dos paseos guiados de Guido Guía

Un dos días máis emocionantes en moito tempo. Hoxe voltou ca máxima seguridade 😷 a actividade do proxecto Guido Guía 🙂 Paseo guiado polo #LugoFavorito na mellor das compañías! Amigos de Lugo, Lalín, A Estrada, e tamén de Ecuador 🇪🇨 Honduras 🇭🇳 India 🇮🇳 e Colombia 🇨🇴 nun día inesquecible ❤️

Mañá venres volven con ilusión e prazas esgotadas os paseos guiados de Guido Guía

Tres meses despois, mañá venres volven os paseos guiados e outras actividades do proxecto Guido Guía. Reiniciaremos, tras este obrigado parón, co prometido paseo guiado polo #LugoFavorito (cos recordos, lugares favoritos e memorias escritas de máis de 500 lucenses de corazón) e o domingo retomando o noso querido proxecto dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido. Xa aSeguir lendo “Mañá venres volven con ilusión e prazas esgotadas os paseos guiados de Guido Guía”

Guido Guía e O Freixo dos Lobos anuncian data para a xornada viaxeira #RedescubrindoAlfoz

Non tiñamos pensado anuncialo hoxe, pero despois da gran acollida dos dous primeiros paseos guiados e da primeira xornada viaxeira anunciada (prazas esgotadas en 48 horas), lanzamos xa a segunda xornada viaxeira do programa #RedescubrindoLugo ❤️ Desfrutaremos #RedescubrindoAlfoz coa colaboración especial dos grandes amigos de O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza 💚 Contamos contigo?Seguir lendo “Guido Guía e O Freixo dos Lobos anuncian data para a xornada viaxeira #RedescubrindoAlfoz”

O 20 de xuño comezan as xornadas viaxeiras #RedescubrindoLugo con Guido Guía no Piornedo

E chegou o día de anunciar a primeira data do programa de xornadas viaxeiras #RedescubrindoLugo ❤️ O sábado 20 de xuño será o turno de #RedescubrindoPiornedo, coa colaboración especial de Piornedo ANDA 🐾 Día grande nos Ancares! Bulide para reservar, pois en menos de 24 horas enchemos para #LugoFavorito e só quedan 3 prazas para #OLugoDosSentidos 😍 Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a travésSeguir lendo “O 20 de xuño comezan as xornadas viaxeiras #RedescubrindoLugo con Guido Guía no Piornedo”

Volven os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido co seu capítulo XIX #OLugoDosSentidos

Pasaron xusto tres meses dende aquel 15 de marzo no que estaba previsto o capítulo XIX dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido… agora, o domingo 14 de xuño, toca recuperalo 🙂 Será, tal e como previsto, con “O Lugo dos Sentidos” e o colaborador especial Gus Kalamburu. Bulide, que as prazas do paseo guiado #LugoFavorito esgotáronse enSeguir lendo “Volven os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido co seu capítulo XIX #OLugoDosSentidos”

A iniciativa #RedescubrindoLugo en Radio Sant Boi

Onte estivemos falando cos amigos de Ràdio Sant Boi, os queridos Armando Fernández e Xulio Couxil, referentes da radio en galego por terras catalanas. Chamáronnos para falar sobre as xornadas viaxeiras #RedescubrindoLugo, que comezarán moi pronto, despois de que hai un rato soubésemos que Galicia entra na fase III da desescalada. Moitas grazas, amigos, porSeguir lendo “A iniciativa #RedescubrindoLugo en Radio Sant Boi”

Coa entrada na fase 3 Guido Guía anuncia a data do paseo polo #LugoFavorito: venres 12 de xuño

Tal e como anunciamos esta semana, no momento en que a provincia de Lugo entrase en fase 3 (e se reactivase polo tanto a actividade dos guías turísticos) comezamos a anunciar as primeiras datas dos vindeiros paseos e actividades ❤️ A primeira delas será o prometido paseo polo #LugoFavorito! En agradecemento ás máis de 500 persoas que escribironSeguir lendo “Coa entrada na fase 3 Guido Guía anuncia a data do paseo polo #LugoFavorito: venres 12 de xuño”

“Pasear sen présa, rendéndose á impresión do momento”

Os últimos anos en Lugo caracterízanse polo derribo de mitos e lendas. «En Lugo nunca pasa nada» e a falta de aprecio polo noso patrimonio son dúas das conquistas recentes da cidadanía lucense. Un dos líderes desta revolución socio-cultural é o protagonista desta entrevista atípica, «íntima» e divertida: Guido Guía. Guido é o artífice de descubrirSeguir lendo ““Pasear sen présa, rendéndose á impresión do momento””

O proxecto Guido Guía xa está en Tripadvisor

O proxecto Guido Guía xa está nunha das máis famosas webs de viaxeiros do mundo: TripAdvisor. Anímate a deixar unha reseña contando a túa experiencia, para que as persoas que busquen información conten coa vosa opinión 🙂 Moitas grazas de antemán! https://www.tripadvisor.es/Attraction_Review-g609027-d20959383-Reviews-Guido_Guia-Lugo_Province_of_Lugo_Galicia.html

Na fase III volverán os paseos e actividades de Guido Guía pola provincia de Lugo

Chegou xuño e chegou o emocionante día no que xa podemos anunciar que o proxecto Guido Guía está máis preto de voltar á actividade ❤️ Co anuncio das condicións para o desenvolvemento da actividade de guía turístico para a fase III no BOE do pasado sábado, xa podemos anunciar que a entrada nesa fase será o momento no queSeguir lendo “Na fase III volverán os paseos e actividades de Guido Guía pola provincia de Lugo”

#RedescubrindoLugo suma 1000 seguidores en 3 semanas, e integra novos colaboradores

Incrible, pero en 3 semanas xa somos 1000 amigos en Redescubrindo Lugo! Máis de 50 bonos vendidos, 39 xornadas viaxeiras confirmadas, e cada vez máis colaboradores! Grazas a todos eles!! ❤️ O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza, Sogos Consulting, Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego, Piornedo ANDA, Concepto Circo, Diego AS, Andrés Bourio, Claudia del Pino, O ZoqueiroSeguir lendo “#RedescubrindoLugo suma 1000 seguidores en 3 semanas, e integra novos colaboradores”

Guido Álvarez: «A xente ten ganas de saír e apoiar proxectos da terra»

Entrevista en La Voz de Galicia publicada o 27 de maio do 2020 O guía lucense de turismo explica que en xuño comeza o programa «Redescubrindo Lugo» cun paseo guiado por Piornedo Guido Álvarez, guía lucense de turismo, responsable de Guido Guía, puxo en marcha os paseos guiados «Redescubrindo Lugo», unha novidosa proposta pensada para gozarSeguir lendo “Guido Álvarez: «A xente ten ganas de saír e apoiar proxectos da terra»”

Os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido volverán co capítulo XIX “O Lugo dos Sentidos”

O domingo 15 de marzo ía chegar o capítulo XIX dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido, pero a crise paralizou non só ese senón moitos outros plans. Tres meses despois (ó longo de xuño, data aínda por determinar) volverá á acción un proxecto entusiasmante que comezou o pasado mes de setembro, e que prácticamente semana a semanaSeguir lendo “Os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido volverán co capítulo XIX “O Lugo dos Sentidos””

Guido Guía na TVG: o incremento dos visitantes na cidade e na provincia de Lugo

Onte fun entrevistado pola Televisión de Galicia para o Telexornal Serán. O motivo, as estatísticas que evidencian o incremento do nº de visitantes na cidade e na provincia de Lugo. Comparto o pequeno fragmento e tamén o texto redactado pola TVG na súa web! 🙂 Moi agradecido! O xeodestino galego cunha mellor evolución en 2019Seguir lendo “Guido Guía na TVG: o incremento dos visitantes na cidade e na provincia de Lugo”

17 nacionalidades descubren #OLugoMenosCoñecido de Guido Guía no especial #BenvidosErasmus

Van moitos anos de paseos guiados en Lugo, pero nunca tantas nacionalidades xuntamos á vez! Nada menos que 17 🇦🇷🇧🇴🇧🇷🇨🇴🇨🇷🇨🇾🇬🇷🇭🇳🇮🇳🇮🇹🇮🇪🇳🇱🇲🇽🇺🇸🇻🇪🇦🇪 contando entre eles con amigos que viñeron dende Narón, A Estrada, Lourenzá, Sarria, Folgoso do Courel, distintos barrios lucenses… impresionante! Moitísimas grazas por acompañarnos nesta aventura que non para! #OLugoMenosCoñecido #BenvidosErasmus ❤️

Estudantes Erasmus dunha vintena de países descubrirán #OLugoMenosCoñecido

Artigo no Lugo Xornal, publicado o 1 de febreiro do 2020 A vindeira semana comeza o segundo período lectivo do curso 2019/2020 no Campus de Lugo da USC. Canda el, chegan ducias de estudantes internacionais á cidade das murallas, que serán recibidos cun paseo guiado por #OLugoMenosCoñecido este domingo 2 de febreiro. Guido Guía lanza así unha nova edición dos seus exitosos paseos polaSeguir lendo “Estudantes Erasmus dunha vintena de países descubrirán #OLugoMenosCoñecido”

Guido Guía alcanza 5000 seguidores en 5 meses, e programa un 2020 moi lucense

Difícil atopar as palabras para agradecervos tanto apoio e compañía. En cinco meses xa somos cinco mil… nada menos que mil por mes! Un Pazo dos Deportes case a rebentar de bos amigos e compañeiros de viaxe ❤️ Grazas de corazón… sigamos descubrindo xuntos Lugo e o mundo! 🙂 Vémonos este domingo ás 16h00 no Parque Rosalía ✨