Martes pola noite: os telediarios anuncian que a mañá do mércores será en Lugo o momento con máis neve de todo o inverno. Organizamos un encontro para gozalo, espertámonos ás 6h30 e gozamos dunha das estampas máis fermosas de Lugo en moito tempo.
Un vídeo nas redes sociais de Galicia Infinita, outro nos perfís do noso guía Guido Álvarez… bastaron, con diferenza, para converter a esta semana nos días con máis visibilidade da historia da axencia. Case medio millón de visitas a estes vídeos entre facebook e twitter! Só en facebook, o vídeo de Galicia Infinita tivo un alcance de case 200.000 persoas.
Aquí la Tierra (TVE), Televisión de Galicia, Turgalicia e varios miles de perfís/páxinas fixeron eco…
Grazas a todos!