A semana pasada vivín a miña primeira experiencia como embaixador do proxecto europeo AYCH, unha iniciativa transnacional con socios de varios países do arco atlántico e que promove, entre outras cousas, un intercambio continuo entre xóvenes europeos con espírito creativo e emprendedor.
A Creative Jam Xixón 2019 foi o mellor exemplo delo: tres intensos días de traballo, creatividade e socialización con mozas e mozos de Inglaterra, Portugal, Francia e outras nacionalidades dalgúns participantes como Cuba, Irlanda, Venezuela, Ucrania, Italia…
A Escola Politécnica de Enxeñería de Xixón foi a sede principal dun encontro que deixou como resultado unha chea de ideas, prototipos e novas relacións profesionais de futuro… sen dúbida unha experiencia a repetir!