Primeiro obradoiro do plan #Empodérate coa alcaldesa Lara Méndez no CEIP Illa Verde

Hoxe comecei a miña participación no plan #Empodérate, unha iniciativa liderada por “Mulleres Empresarias de Lugo” e que foi unha das vencedoras nas votacións dos Orzamentos Participativos do Concello de Lugo.

Este plan ten como obxectivo o ensinarlle ós nenos e nenas de Lugo que as profesións non dependen do xénero. Que todos podemos aspirar a conseguir os nosos soños independentemente de ser homes ou mulleres.

Hoxe, na miña primeira experiencia, compartín a experiencia nada menos que con Lara Méndez, a actual e primeira alcaldesa da historia de Lugo. A primeira de moitas! Un verdadeiro pracer de compartir con ela momentos tan especiais cos cativos do Illa Verde, que de seguro non esquecerán o rato vivido na mañá de hoxe.

A %d blogueros les gusta esto: