Quen me coñece sabe que levo varios meses traballando en varios proxectos profesionais novos, e onte martes anunciei en facebook o que de entre todos me fai máis ilusión: a decisión de comezar a desenvolver, dende xa, a miña marca persoal como guía turístico en Lugo, Galicia e no mundo.
Levo xa case quince anos no mundo do Turismo, e catro habilitado como Guía Oficial de Galicia en 5 idiomas: inglés, francés, italiano, galego e castelán. Moitos anos acumulados estudando e traballando en diversos ámbitos do sector, e moitas ganas de desenvolver unha marca propia ca que traballar como guía.
Especialmente nos últimos cinco anos, dende que volvín a Galicia en outubro do 2014, acumulo moitas experiencias como guía oficial e guía acompañante: Lugo, A Mariña, Ribeira Sacra, Os Ancares, O Courel, A Ulloa, A Terra Chá, A Coruña, Rías Baixas, Costa da Morte, Rías Altas, Ourense… son poucos os xeodestinos galegos nos que aínda non guiei! Ademais das saídas fóra de Galicia e incluso ó estranxeiro (Lisboa, Porto, Bretaña…).
Dende onte Guido Guía é unha realidade: a miña primeira páxina de facebook persoal para desenvolver a miña marca persoal como guía turístico. Agardo que sexa do voso agrado!
Anímovos a todos a visitala, a seguila, e por suposto a que todos os que probáchedes os meus servizos como guía valoredes o meu traballo na pestaña de opinións. Moitísimas grazas, amigos!!