Aproveitamos un día no que este home ten tempo 😎 anotade ben: mércores 2 de setembro ás 19h00… histórico! Primeiro paseo guiado #LugoFotográfico coa persoa que leva varios anos revolucionando a cultura lucense: Marcos Loopez, nada menos que o creador de VivaLugo! A plataforma e medio que cambiou todo nesta cidade. Emoción ❤️ Se queredesSeguir lendo “Guido Guía e Viva Lugo únense para un paseo fotográfico co creador da axenda que cambiou todo: Marcos Loopez”
Arquivos de autor:guidoalvarezparga
O proxecto de paseos guiados #OLugoMenosCoñecido cumprirá un ano, e celébrao cun concurso fotográfico
O 14 de setembro o proxecto de paseos guiados #OLugoMenosCoñecido cumprirá un ano de historia, e queremos festexalo 🥳 Como? Cun novo concurso fotográfico, desta vez orientado a facer memoria de todo o vivido nestes 12 meses. Cal foi o teu capítulo favorito dos 23 que levamos? Elixe unha foto del, titúlaa, e cóntanos algo sobre ese día 🙂❤️ Cada participanteSeguir lendo “O proxecto de paseos guiados #OLugoMenosCoñecido cumprirá un ano, e celébrao cun concurso fotográfico”
Beleza natural no Valadouro: ruta do Pozo da Onza con O Freixo dos Lobos e Guido Guía
Esta soleada mañá de agosto gozamos no Valadouro da terceira ruta combinada entre O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza e Guido Guía para o programa #AMariñaEnRuta 💙💚 Pozo da Onza non defraudou e a súa fervenza lucíu esplendorosa nunha nova xornada para o recordo ❤️ Grazas A Mariña lucense turismo por contar con nós!
Maxia, estrelas e luces no III paseo guiado polo #LugoFotográfico con Guido Guía e Iago Viana
Un paseo máxico ✨ esta noite no capítulo #LugoFotográfico III (edición nocturna) ❤️ Marabillosa colaboración do gran fotógrafo Iago Viana nun paseo por algúns dos lugares máis fermosos e fotoxénicos de Lugo. Grazas a todos por acompañarnos nuns solpor, luscofusco e noitiña para a memoria! 📸 #OLugoMenosCoñecido
A alternativa da historia
Artigo publicado no Nós Diario o 18 de agosto do 2020 Como dicía o mestre Carl Jung “a intelixencia é iso que usas cando non sabes que facer” e actualmente ese pensamento é recorrente… que facer nestes tempos de cambio? É unha pregunta que se repite buscando saídas sociais, culturais, económicas, persoais e colectivas. O mundo do turismoSeguir lendo “A alternativa da historia”
#OLugoMenosCoñecido e Guido Guía pasearon por #UnBarrioSenReloxo con R. Cabarcos e S. Iglesias
Un dos días máis emocionantes do proxecto Guido Guía ❤️ #OLugoMenosCoñecido capítulo XXIII #UnBarrioSenReloxo ⏰ entre pitas 🐔 e historia ⏳ … 3 horas de paseo mentres o ceo regaba o paraíso perdido do Carme, unha tarde de aventura coa inestimable colaboración do investigador e amigo Ramón Cabarcos, de Santi Iglesias, da Confraría do Carme… inesquecible! Grazas a todos de corazón por acompañarnos na camiñada e noSeguir lendo “#OLugoMenosCoñecido e Guido Guía pasearon por #UnBarrioSenReloxo con R. Cabarcos e S. Iglesias”
Entrevista en Cope Lugo sobre o movemento social #CoidemosLugo
Esta mañá chamoume o amigo Chema Núñez, de Cope Lugo, para falar sobre o movemento social #CoidemosLugo 💚 que a semana pasada lanzamos xunto co gran capi e compañeiro Salva Arco Frias, e co apoio e asesoramento técnico e legal do Concello de Lugo… moitas grazas por este bo rato… pronto haberá novidades! 💪
O martes 25 chega o VI paseo guiado #ArteUrbana lucense con Guido Guía e Rubén Paz (Trece Trazos)
A revolución artística lucense 🎨✨ non se detén, e os paseos guiados a través dela seguen enchendo as súas prazas en cuestión de horas ⏳😍 Por esta razón queremos seguir dándovos oportunidades de descubrila 🧡 O vindeiro martes 25 imos co sexto paseo, coa inestimable colaboración de Ruben Paz (Trece trazos)!! 💪💪🙂 Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com.Seguir lendo “O martes 25 chega o VI paseo guiado #ArteUrbana lucense con Guido Guía e Rubén Paz (Trece Trazos)”
Fermoso roteiro botánico en Burela para o programa #AMariñaEnRuta… o sábado seguimos!
Hoxe fixemos en Burela unha das rutas máis bonitas que recorde 🙂 Síntome afortunado de poder estar guiando no programa #AMariñaEnRuta 💙💚 co gran Pedro Rolle (O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza) que é un verdadeiro mago ✨ destas terras. Grazas A Mariña lucense turismo e Maremasma por contar connosco! Roteiro botánico 🌿🌾🌱❤️
Terceiro #PaseoÓSolpor de Guido Guía en Lugo: homenaxe a Fingoi e ós barrios do Miño
Hoxe foi o turno do terceiro #PaseoÓSolpor ☀️ deste verán para Cultura e Turismo de Lugo… que rato fermoso! Parque Marcos Cela, Acea de Olga, Magoi, Augas Férreas, o Fingoi de Carvalho Calero… grazas a todos por acompañarnos, e unha vez máis a Borja Lamela “Sensei” por unhas fotos espectaculares! Xenio 📸❤️
Entrevista en Radio Lugo Cadena SER sobre o movemento social #CoidemosLugo
Esta mañá falamos en Radio Lugo Cadena SER 📻 sobre a iniciativa #CoidemosLugo 💚, que con Salva Arco (capitán do C.B. Breogán) lanzamos onte nas redes sociais. Premede o play! 🙂
O día 19 #OLugoMenosCoñecido e Guido Guía adícanlle un capítulo ó barrio do Carme #UnBarrioSenReloxo
Chega o vindeiro mércores un dos capítulos máis especiais para min no proxecto de paseos guiados #OLugoMenosCoñecido. Será o XXIII e estará plenamente adicado ó meu barrio preferido da cidade: O Carme, Lugo 💚 Repito o título do artigo que escribín cando no 2015 regresei a Lugo tras 11 anos fóra da miña cidade: #UnBarrioSenReloxoSeguir lendo “O día 19 #OLugoMenosCoñecido e Guido Guía adícanlle un capítulo ó barrio do Carme #UnBarrioSenReloxo”
Gran V paseo guiado pola #ArteUrbana lucense e 1º aniversario do proxecto Guido Guía
Hoxe foi outro día para a memoria: o V paseo guiado pola #ArteUrbana lucense 🎨✨ coa marabillosa colaboración con Diego AS (Otro prisma), Yoe 33 e Marcos Pereira (Concepto Circo)… e tamén de máis membros de ambos colectivos artísticos. Primeiro aniversario do proxecto Guido Guía! Non podo ser máis feliz na compañía de tanta xente linda… grazas a todos! ❤️
Nace o movemento social #CoidemosLugo
Despois de localizar estes días un vertedoiro ilegal no histórico barrio do Carme, a Salva Arco (capitán do C.B. Breogán) e a min ocorréusenos promover un novo movemento social: #CoidemosLugo! 💚 Grazas ó Concello de Lugo por confirmarnos o seu apoio e darnos soporte técnico e legal!
O venres 21, paseo polo #LugoFotográfico nocturno con Guido Guía e Iago Viana
A semana que ven retomamos os paseos guiados polo #LugoFotográfico 📸 cunha edición especial… por primeira vez nocturna! 🌟 E para ela contaremos coa colaboración especial do querido fotógrafo e amigo Iago Viana 👏👏👏 Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo deste paseo é de 6 € porSeguir lendo “O venres 21, paseo polo #LugoFotográfico nocturno con Guido Guía e Iago Viana”
O turismo e a volta ás orixes
Artigo publicado no Nós Diario o 11 de agosto do 2020 Non diremos ningunha novidade se recordamos que dende a revolución industrial do XVlll a humanidade foise amontoando cada vez máis nas cidades esquecendo a que foi a súa relación orixinal coa natureza, e tampouco será difícil observar que o drama colectivo da pandemia acentuou a alerta anteSeguir lendo “O turismo e a volta ás orixes”
Primeiro aniversario do proxecto Guido Guía e vídeo-recompilación para celebralo
Mañá 13 de agosto o proxecto Guido Guía cumprirá un ano de vida, e non podía deixalo pasar sen un recordo para todos vós! Grazas de corazón por facerme feliz 💙 Non deixedes de ler a miña mensaxe do vídeo!!! Vémonos nas rúas e nos camiños ✨✨✨❤
Gran paseo de aventura polo Miño para festexar en Lugo o Día Mundial da Xuventude 2020
Un día de refresco 💧😍 no medio deste caloroso verán ☀️ no que os máis aventureiros gozamos dunha #AndainaPolaSostibilidade para o recordo 💚 Paseo pola beira do Miño máis descoñecida para os lucenses 🙂 Grazas Xuventude de Lugo por contar conmigo para festexar así o #DíaMundialDaXuventude… e a todos vós 🌎 por vir!
Atentado ó patrimonio no barrio do Carme, Televisión de Galicia
Moitas grazas á Televisión de Galicia por interesarse pola miña publicación de onte e chamarme hoxe para falar sobre este atentado ó patrimonio no barrio de O Carme, Lugo. Considero que no meu traballo é tan importante ensinar o fermoso e o valioso da nosa terra, como concienciar sobre a necesidade de protexela. Protexamos o barrio do Carme,Seguir lendo “Atentado ó patrimonio no barrio do Carme, Televisión de Galicia”
Gran éxito na primeira ruta do Freixo dos Lobos e Guido Guía en #AMariñaEnRuta: A Pena Abaladoira
Un novo día para o recordo: primeiro roteiro para #AMariñaEnRuta 💙💚 co meu amigo, irmán e compañeiro Pedro Rolle (O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza). Foi o turno da Pena Abaladoira, en Alfoz, un percorrido cheo de misticismo, natureza desbordante, historia e maxia no Xistral… grazas a todos, e a A Mariña lucense turismo e Maremasma por contar con nós!
