Artigo escrito para o Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 1 de xaneiro do 2022 O 13 de febreiro deste 2022 o hashtag #LugoPatrimonioMundial cumprirá tres anos de percorrido acumulando milleiros de mencións nas redes sociais. Parece un bo momento para propoñer unha aposta sólida para valorizar o patrimonio arqueolóxico da cidade Case 36 meses de chíos,Seguir lendo “#LugoPatrimonioMundial e a necesidade de apostar pola nosa historia”
Arquivo de categoría:Colaboracións
A Galiza do FEVE
Artigo publicado no Nós Diario o 11 de decembro do 2021 Falar de FEVE é falar de necesidade de reivindicación, pois é unha liña cun enorme potencial pero que nunca acaba de ser aproveitado… pero falar de FEVE é tamén falar dunha das experiencias turísticas galegas máis incribles, románticas, e sen embargo máis descoñecidas paraSeguir lendo “A Galiza do FEVE”
Sempre Negueira, Negueira sempre
Artigo publicado no Nós Diario o 13 de novembro do 2021 Hai sitios no mundo que teñen unha enerxía especial difícil de explicar. Un deses lugares é Negueira de Muñiz, nas Terras de Burón A primeira vez que escoitei falar de Negueira de Muñiz foi, seguramente como para moitos, por conta dos movementos comunitarios xurdidos neste pequeno eSeguir lendo “Sempre Negueira, Negueira sempre”
Queixo crema e innovación universitaria lucense
Artigo publicado no Nós Diario o 13 de novembro do 2021 O pasado 27 de outubro recibín o convite para ir, en calidade de colaborador do Nós Diario, a unha visita á fábrica de Quescrem (en Castro Ribeiras de Lea) e un posterior menú degustación dos seus produtos no restaurante España de Lugo. Ambas experiencias fantásticas. Coñezo QuescremSeguir lendo “Queixo crema e innovación universitaria lucense”
Escapadas lucenses: a Suíza e Italia por 55 euros
Artigo escrito para o Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 10 de novembro do 2021 Volveron as viaxes internacionais e aproveitamos a oportunidade de descubrir un novo estado (Suíza) e de regresar ao primeiro do estranxeiro no que vivín: a bella Italia Despois de 20 meses sen saír do país, había ganas de volver coller a mochilaSeguir lendo “Escapadas lucenses: a Suíza e Italia por 55 euros”
O tempo das contornas
Artigo publicado no Nós Diario o 17 de setembro do 2021 Os centros históricos seguen a ser polos de atracción turística, pero cada vez máis visitantes optan por descubrir as contornas das cidades e vilas nas súas viaxes Aínda é hoxe recorrente o recurso de chegar a calquera cidade e buscar o seu centro histórico, o seu cascoSeguir lendo “O tempo das contornas”
Os rusos de Navia
Artigo publicado no Nós Diario o 5 de xuño do 2021 Algo interesante está a suceder en Navia de Suarna, un concello ancarés de mil habitantes Un mozo enxeñeiro vigués que percorreu medio mundo desenvolve un proxecto de casa rural e coliving en Barcia. Un asturiano profesor de inglés pon en marcha un museo etnográfico en pleno centroSeguir lendo “Os rusos de Navia”
Arqueoloxía e rural no centro de Lugo
Artigo publicado no Nós Diario o 8 de maio do 2021 Novos achados e posta en valor dun barrio Patrimonio Mundial O barrio do Carme comeza a ser o novo epicentro da investigación arqueolóxica galega tralo descubrimento dunha domus romana do século III na primeira cata feita no plan Muramiñae do Concello de Lugo. Unha evidencia que apuntalaSeguir lendo “Arqueoloxía e rural no centro de Lugo”
O legado de Yoe 33
Artigo publicado no Nós Diario o 10 de abril do 2021 Xa hai moito tempo que vimos falando da idade dourada da arte urbana lucense, e a vitoria de Diego Anido Seijas (Diego AS) o pasado luns nas Graffiti Battles da Liga Nacional non é máis que unha reafirmación desta realidade. Xa son moitos os premios e recoñecementosSeguir lendo “O legado de Yoe 33”
O Lugo do século XXII
Artigo publicado no Nós Diario o 13 de marzo do 2021 Como será Lugo no ano 2100? Hoxe a nosa viaxe non vai discorrer só polo espazo, farao tamén polo tempo e polas nosas imaxinacións. E é que estes tempos de tantos cambios no mundo semella que ás veces activan os nosos maxíns pensando moito no que virá.Seguir lendo “O Lugo do século XXII”
Primeira colaboración de Guido Guía na emisora galega en Arxentina Radio Enxebre
Emocionado comparto a miña primeira colaboración coa radio galega en Arxentina Radio Enxebre. Dende o sábado pasado intégrome ó programa Galicia Une para contar cousiñas deste lado do océano na outra beira. As miñas dúas beiras! Moitas grazas, Verónica Torres!
#LugoPatrimonioMundial
Artigo publicado no Nós Diario o 13 de febreiro do 2021 Lanzamos hai xusto dous anos, o 13 de febreiro do 2019, un cancelo que leva todo ese tempo facendo historia. Unha etiqueta de orgullo lucense que a día de hoxe aglutina milleiros de contidos, de milleiros de persoas amantes de Lugo, relacionados coas belezas e riquezas daSeguir lendo “#LugoPatrimonioMundial”
Unha viaxe polo Alto Miño
Artigo publicado no Nós Diario o 16 de xaneiro do 2021 Un territorio senlleiro camuflado entre comarcas e provincias Agochados entre a toponimia oficial e o marketing turístico atópanse aínda certos territorios galegos, xeográficos e históricos, pouco traballados como destinos viaxeiros casuais ou organizados. Hoxe imos adicarlle un anaco de escritura e lectura a un que ten paraSeguir lendo “Unha viaxe polo Alto Miño”
Viaxar na nosa cidade
Artigo publicado no nº 3 da revista Lugo Cultura Dixital Este foi o nome que lle puxen á miña primeira materia como profesor da UNED Senior de Lugo. Mellor dito, o nome que lle puxen á primeira materia que deseñei na miña vida. Probablemente un dos resultados ou conclusións de xa 16 anos metido no mundiñoSeguir lendo “Viaxar na nosa cidade”
O primeiro peregrino medrou en Samos
Artigo publicado no Nós Diario o 19 de decembro do 2020 Alfonso II o Casto e os vellos reinos que tanto explican O 2021 será o primeiro ano Xacobeo co Camiño Primitivo declarado como Patrimonio da Humanidade. Xa son cinco anos dende a declaración da UNESCO, case mil douscentos de andainas entre Oviedo e Compostela, e máis dunSeguir lendo “O primeiro peregrino medrou en Samos”
O legado de Piornedo
Artigo publicado no Nós Diario o 21 de novembro do 2020 Lola e Isolina, salvagardas da tradición e historia dos Ancares A pegada das grandes construcións identitarias como a galega sempre deixa recunchos vivos onde podemos observar o paso do tempo vivido. Galiza ten, desde os oestrimnios e saefes ata a modernidade próxima, moitas marcas da memoria enSeguir lendo “O legado de Piornedo”
Iago Eireos, arte urbana dende o barrio Feijóo: “Temos unha cidade defendida por grandes artistas e cun gran legado”
Conversa-entrevista no Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 9 de decembro do 2020 É un dos artistas internacionalmente máis coñecidos da nosa cidade. Viviu e fixo residencias artísticas en media Europa, e agora proxecta a súa arte dende o barrio Feijóo. El é o impulsor do recentemente creado festival Culturbán, e chega ao Lugo Xornal cunha novaSeguir lendo “Iago Eireos, arte urbana dende o barrio Feijóo: “Temos unha cidade defendida por grandes artistas e cun gran legado””
O gran reto de #LugoPatrimonioMundial: musealizar in situ
Artigo escrito para o Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 3 de decembro do 2020 Tralos últimos achados arqueolóxicos do centro arqueolóxico de Lugo, Guido Álvarez reflexiona no Lugo Xornal sobre a importancia da elaboración dun plan integral para poñer en valor o patrimonio arqueolóxico que Lugo agocha baixo o seu chan Hoxe, que leo sobre aSeguir lendo “O gran reto de #LugoPatrimonioMundial: musealizar in situ”
Leandro Barea, arte urbana de Fingoi con 127.000 seguidores: “a Pista Vermella era a horta dos meus avós”
Conversa-entrevista no Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 20 de novembro do 2020 É o cuarto artista de rúa entrevistado por Guido Álvarez nesta serie, e, de entre todos, o que ten máis tirón nas redes. Ademais diso, destaca por ser o máis orientado á critica social e a un humor ácido que leva anos conquistando aSeguir lendo “Leandro Barea, arte urbana de Fingoi con 127.000 seguidores: “a Pista Vermella era a horta dos meus avós””
Yoe, 41 anos de graffiti en Lugo: “somos unha cidade incriblemente transgresora”
Conversa-entrevista no Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 19 de novembro do 2020 Para un lucense de toda a vida, é imposible falar de graffiti en Lugo sen comezar por Yoe 33 e pola súa xeración. El elude e escapa dos apelativos de pioneiro ou precursor, pero todos sabemos que o é. Unha conversa-entrevista memorable para coñecerSeguir lendo “Yoe, 41 anos de graffiti en Lugo: “somos unha cidade incriblemente transgresora””