Fina Amoroso, de Castelo, será a primeira protagonista de #BarriosLucenses con Guido Guía

O vindeiro domingo 17 de xaneiro comezamos un novo proxecto que nos ten a todos moi ilusionados: a serie de paseos #BarriosLucenses, na que capítulo a capítulo iremos descubrindo e redescubrindo os barrios da cidade de Lugo. Despois de 6 anos paseando xuntos pola cidade semana a semana, sacarémoslle partido a tantos coñecementos compartidos, eSeguir lendo “Fina Amoroso, de Castelo, será a primeira protagonista de #BarriosLucenses con Guido Guía”

Guido Guía lanza novos paseos: #BarriosLucenses, no que os veciños tomarán protagonismo

Hoxe anunciamos a primeira gran novidade deste ano no proxecto Guido Guía 🙂 Comezamos unha nova serie de paseos guiados chamada #BarriosLucenses ❤ Capítulo a capítulo iremos descubrindo curiosidades e darémoslle protagonismo ós veciños da cidade para xerar un gran intercambio 🌟 Comezamos o domingo 17 con #Castelo! Convidada especial: Fina Amoroso Se queredes inscribirvosSeguir lendo “Guido Guía lanza novos paseos: #BarriosLucenses, no que os veciños tomarán protagonismo”

Comezaron os paseos #OLugoMenosCoñecido 2021 de Guido Guía: VII edición do capítulo #ArteUrbana

Hoxe comezamos con moitísima ilusión os paseos guiados do 2021 Foi tempo do sétimo itinerario adicado á #ArteUrbana no que a principal protagonista foi a gran LIDIA CAO e a súa recente obra no 288 da Avenida da Coruña Seguimos con grupos reducidos (5+ guía) polas restricións, e felices de incorporar a moita xente novaSeguir lendo “Comezaron os paseos #OLugoMenosCoñecido 2021 de Guido Guía: VII edición do capítulo #ArteUrbana”

O 2 de xaneiro volven os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía

Despois de mes e medio de pausa, en xaneiro volvemos á actividade De momento con grupos pequenos (os protocolos marcan un máximo de 6 persoas por grupo incluído o guía) pero con toda a ilusión do mundo Comezamos con tres datas de paseos guiados #OLugoMenosCoñecido! Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través doSeguir lendo “O 2 de xaneiro volven os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía”

Bonos de actividades con Guido Guía na plataforma “Lugo é capital”. O teu agasallo neste Nadal?

Bo día, amigos!! Dende hoxe o proxecto Guido Guía está rexistrado na plataforma http://www.lugoecapital.com, na que dende xa podedes mercar bonos (de 10, 20, 50 e 100 €) para gozar dos nosos paseos guiados, visitas e excursións. Buscas un agasallo orixinal para estas datas? Aquí abaixo tedes o enlace Grazas!!https://www.lugoecapital.com/store/guido-guia/

O legado de Piornedo

Artigo publicado no Nós Diario o 21 de novembro do 2020 Lola e Isolina, salvagardas da tradición e historia dos Ancares A pegada das grandes construcións identitarias como a galega sempre deixa recunchos vivos onde podemos observar o paso do tempo vivido. Galiza ten, desde os oestrimnios e saefes ata a modernidade próxima, moitas marcas da memoria enSeguir lendo “O legado de Piornedo”

Leandro Barea, arte urbana de Fingoi con 127.000 seguidores: “a Pista Vermella era a horta dos meus avós”

Conversa-entrevista no Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 20 de novembro do 2020 É o cuarto artista de rúa entrevistado por Guido Álvarez nesta serie, e, de entre todos, o que ten máis tirón nas redes. Ademais diso, destaca por ser o máis orientado á critica social e a un humor ácido que leva anos conquistando aSeguir lendo “Leandro Barea, arte urbana de Fingoi con 127.000 seguidores: “a Pista Vermella era a horta dos meus avós””

Yoe, 41 anos de graffiti en Lugo: “somos unha cidade incriblemente transgresora”

Conversa-entrevista no Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 19 de novembro do 2020 Para un lucense de toda a vida, é imposible falar de graffiti en Lugo sen comezar por Yoe 33 e pola súa xeración. El elude e escapa dos apelativos de pioneiro ou precursor, pero todos sabemos que o é. Unha conversa-entrevista memorable para coñecerSeguir lendo “Yoe, 41 anos de graffiti en Lugo: “somos unha cidade incriblemente transgresora””

Diego AS, graffiti da Piringalla que triunfa no mundo: “collín o bote en Frigsa ós 10 anos”

Conversa-entrevista no Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 15 de novembro do 2020 Con 31 anos Diego Anido Seijas, popularmente coñecido como Diego AS, é xa un dos artistas lucenses máis galardoados e coñecidos no panorama graffiteiro nacional. Londres, Porto, Barcelona, Málaga, Oviedo, Madrid e media Galiza xa contan con obras súas, e este ano foiSeguir lendo “Diego AS, graffiti da Piringalla que triunfa no mundo: “collín o bote en Frigsa ós 10 anos””

Cuarto e último paseo 2020 de Paulo Fabio Máximo e Güidox: ventás arqueolóxicas e Domus do Mitreo

O último paseo guiado deste ano co meu amigo Paulo Fabio Máximo, e tamén o meu último paseo guiado por un tempo indefinido que agardemos sexa pouco (pois indicaría que imos ben). Hoxe foi o turno das ventás arqueolóxicas e da Domus do Mitreo ❤️ Infinitas grazas asociacións do Arde Lucus e Xuventude de Lugo por ter contado conmigo para esteSeguir lendo “Cuarto e último paseo 2020 de Paulo Fabio Máximo e Güidox: ventás arqueolóxicas e Domus do Mitreo”

Soleado paseo #UnBarrioSenReloxo con Guido Guía, adaptado á restrición de 5 persoas por grupo

Hoxe foi un día moi especial: paseo guiado #UnBarrioSenReloxo ⏰🐔❤️ terceira edición cumprindo a nova restrición de 5 persoas por grupo (4 + guía) e gozando xuntos da caída do sol -e logo dunha lúa case chea espectacular entre as torres da Catedral- dende as 17h ata as 20h no querido barrio do Carme. Grazas Tania, Henrique, PaulaSeguir lendo “Soleado paseo #UnBarrioSenReloxo con Guido Guía, adaptado á restrición de 5 persoas por grupo”

Guido Guía lanza visitas ó barrio do Carme, antes das obras previstas, a partir do 29 de outubro

Semella que o #BarrioDoCarme pode vivir próximamente a súa primeira posta en valor real da súa historia. Levamos anos reivindicando isto e por iso antes e despois das mudanzas queremos seguir compartindo con vós o noso lugar favorito do mundo. Neste momento seguimos con restricións de 9 persoas + 1 guía para os paseos así que imosSeguir lendo “Guido Guía lanza visitas ó barrio do Carme, antes das obras previstas, a partir do 29 de outubro”

Paulo Fabio Máximo e Güidox pasearon por terceira vez en Lucus Augusti, esta vez no barrio do Carme

O meu terceiro paseo guiado acompañado de Paulo Fabio Máximo (o legado de César Augusto na fundación de Lucus Augusti) estivo adicado nada menos que ó meu barrio, ó meu querido Carme ❤️ Unha marabilla poder gozar xuntos del nesta soleada ☀️ tarde lucense! Vémonos o día 7!

Paseo guiado #OsMundosDoRato de Guido Guía para a Reserva da Biosfera Terras do Miño

Medio ano despois, volveron as actividades da Reserva da Biosfera Terras do Miño e puidemos recuperar aquel paseo previsto para o mes de marzo: #OsMundosDoRato! 🍃💧 Unha gozada compartilo con tan boa xente… moitas grazas á Deputación de Lugo por contar conmigo! ❤️

Guido Guía e Bisagras de Papel presentaron os paseos guiados polo #LugoXenealóxico

E hoxe foi turno tamén do 23º capítulo dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido… como pasa o tempo! Todo un éxito para o que contamos coa nosa nova querida colaboradora Helena González de Bisagras de Papel… viaxe polo #LugoXenealóxico, a través de arquivos e lugares especiais da cidade! Repetiremos con total seguridade ❤️

Paulo Fabio Máximo e Güidox volveron pasear por Lucus Augusti, desta vez polo barrio da Ponte

Hoxe volvín pasear por Lucus Augusti co meu bo amigo Paulo Fabio Máximo, desta vez polo querido barrio da Ponte, a dous pasos da casa ❤️ Especial visita ás Termas Romanas con ofrenda ás ninfas incluída… que pracer estar vivindo estas experiencias con outro namorado e apaixonado por Lugo como o querido Paulo! #PauloFabioMáximoEGüidox

Guido Guía e Bisagras de Papel homenaxearon o 145º aniversario da chegada do tren a Lugo

Outro día memorable ❤️ Homenaxeando o 145º aniversario da chegada do tren 🚂 a Lugo na primeira colaboración entre Bisagras de Papel e Guido Guía 🙂 Seguimos en Lugo coas restricións de 10 persoas por grupo, pero sempre coa mellor enerxía 🌟 Pedro Pozzi, Curros Enríquez, o Conde Pallares, ese mítico San Froilán do 1875… vémonos o ano que ven! ❤️