Yoe, 41 anos de graffiti en Lugo: “somos unha cidade incriblemente transgresora”

Conversa-entrevista no Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 19 de novembro do 2020 Para un lucense de toda a vida, é imposible falar de graffiti en Lugo sen comezar por Yoe 33 e pola súa xeración. El elude e escapa dos apelativos de pioneiro ou precursor, pero todos sabemos que o é. Unha conversa-entrevista memorable para coñecerSeguir lendo “Yoe, 41 anos de graffiti en Lugo: “somos unha cidade incriblemente transgresora””

O 7-M #OLugoMenosCoñecido paseará ó grande pola celebrada arte urbana lucense

Trala tremenda repercusión da última obra artística de Yoe 33 e Marcos #ConceptoCirco na rúa Bo Xesús, e trala enorme demanda de moitas persoas de toda Galicia nos últimos meses para que fagamos un novo paseo de #ArteUrbana lucense, lanzamos hai unhas semanas este gran paseo que terá lugar o vindeiro sábado 7 de marzo.Seguir lendo “O 7-M #OLugoMenosCoñecido paseará ó grande pola celebrada arte urbana lucense”

Concepto Circo volve embelecer espazos degradados do centro de Lugo

Artigo publicado no Lugo Xornal e Galicia Confidencial Esta mañá presenciei un proceso de absoluto embelecemento das nosas rúas. Os xeniais Yoe 33 e Marcos (Concepto Circo) avisáronme para observar 24 horas dun traballo espectacular a carón nada menos que dos 3 Patrimonios Mundiais da nosa cidade Unha iniciativa de Alexandra Malheiro (da tenda de artesaníaSeguir lendo “Concepto Circo volve embelecer espazos degradados do centro de Lugo”

Arte de a pé en Lugo: os “invisibles” que nos alegran a vida

Cando falamos de cidades ricas cultural e artísticamente… en que pensamos exactamente? Que ten que ter unha cidade ou unha localidade para ser considerada rica nese senso? Lugo o é? Déixoo en interrogante e vós me diredes. Onte rematou o San Froilán e para min volveu ser, un ano máis, a festa máis fermosa doSeguir lendo “Arte de a pé en Lugo: os “invisibles” que nos alegran a vida”

Paseo guiado pola #ArteUrbana lucense con Guido Guía e #OLugoMenosCoñecido: un éxito a repetir

Onte foi un día inesquecible. Dentro do proxecto #OLugoMenosCoñecido foi o turno do primeiro paseo guiado pola #ArteUrbana de Lugo (primeiro tour deste xénero na cidade? Un dos primeiros da xeografía galega?). Un soño feito realidade, imposible sen a axuda de Otro prisma (en especial Diego AS), Concepto Circo (en especial Yoe Brava), o #PrimoDeBanksy e Leandro Barea. Unha homenaxe a eles eSeguir lendo “Paseo guiado pola #ArteUrbana lucense con Guido Guía e #OLugoMenosCoñecido: un éxito a repetir”