A vella Gallaecia e a gran Lucus Augusti saen á luz e brilan no lucense barrio do Carme

35 anos paseando polo meu barrio e reivindicando o seu valor patrimonial, 6 guiando por el a persoas de todo o mundo… o de hoxe é unha emoción para min indescriptible. Moitas grazas Concello de Lugo por contar conmigo neste día, e poder escoitar ó arqueólogo municipal explicando os achados do barrio do Carme http://lugoxornal.gal/medioambiente-patrimonio/35455-achados-restos-dunha-domus-romana-do-seculo-iii-no-barrio-lucense-do-carme/

Visita ó proxecto Muramiñae polo Día Mundial do Medio Ambiente

Onte, no #DíaMundialDoMedioAmbiente, varias persoas asistimos ás visitas organizadas polo proxecto Muramiñae para explicar as primeiras intervencións que fixeron no barrio do Carme. Segundo dixeron, próximamente iniciaranse unhas catas arqueolóxicas… un tema que debe interesarnos e moito a todos os lucenses. Entrevistoume o Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo.