Reportaxe de Guido Guía para a Fundación TIC, milleiros de visitas en só 24 horas

Este mércores 21 de agosto os amigos da Fundación TIC fixéronme unha reportaxe marabillosa, que xa coloco entre as mellores da miña vida ou probablemente incluso a máis especial de todas. Por qué? Porque é a primeira gran reportaxe do meu primeiro proxecto profesional independente: Guido Guía! Pasamos esa mañá percorrendo partes do casco históricoSeguir lendo “Reportaxe de Guido Guía para a Fundación TIC, milleiros de visitas en só 24 horas”

Entrevista persoal no programa IntraLucus da Escola de Imaxe e Son

O pasado mes de maio recibín unha chamada do meu bo amigo cubano 🇨🇺 Marcelo Taboada, estudante da Escola de Imaxe e Son da Fundación Tic – Servizo de Audiovisuais. Nela propoñía facerme unha entrevista para o progama #IntraLucus… este é o resultado! 11 minutos e medio falando no querido Museo Provincial de Lugo sobre as miñas experiencias no mundoSeguir lendo “Entrevista persoal no programa IntraLucus da Escola de Imaxe e Son”

Visita ó proxecto Muramiñae polo Día Mundial do Medio Ambiente

Onte, no #DíaMundialDoMedioAmbiente, varias persoas asistimos ás visitas organizadas polo proxecto Muramiñae para explicar as primeiras intervencións que fixeron no barrio do Carme. Segundo dixeron, próximamente iniciaranse unhas catas arqueolóxicas… un tema que debe interesarnos e moito a todos os lucenses. Entrevistoume o Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo.  

Reportaxe sobre Lugo no programa “Lucus a Gusto” da Escola de Imaxe e Son (Fundación TIC)

O pasado mes de novembro recibín unha chamada do alumnado da Escola de Imaxe e Son da Fundación Tic 🎥 para facer unha reportaxe no seu programa #LucusAGusto. Demos un paseo polo centro de Lugo e este foi o resultado 🙂 Moitas grazas ó reporteiro Saúl Pérez e á presentadora Antía Montes!