Charla sobre turismo na asociación cultural “A Chave das Noces”, en Castroverde

Hai un mes recibín con emoción unha mensaxe dende Castroverde. O emisario era un dos coordinadores da asociación cultural A chave das noces, agrupación á que eu xa coñecía grazas ás redes sociais virtuais e da rúa. O motivo: un convite para falar nela sobre turismo o 13 de febreiro.

pointing-591207Aí estivemos este sábado, compartindo ideas e aventuras varias. Moi feliz e emocionado de ter sido convidado por unha asociación tan interesante e con tanto futuro. Moi feliz e emocionado de conversar e debatir sobre turismo con xente de Castroverde, de Lugo, e de varios países do mundo. Aproveito para darlle as grazas a todas ás persoas que viñeron a acompañarnos nunha xornada especial!

Falamos sobre a importancia do turismo local e compartimos visións e perspectivas varias. Coincidimos na importancia do fomento do turismo de cercanía: en primeiro lugar como chave á unha mellor autoestima, a un maior orgullo, a un maior coñecemento e sabiduría… e en definitiva, á consolidación da identidade propia ¿Qué mellor maneira de estar no mundo que valorando as propias raíces ou o lugar onde residimos?

Paralelamente, e non menos importante, a importancia deste estímulo para o desenvolvemento dun sector e dunha actividade económica favorable para todos como é o turismo. Cunha maior conciencia sobre os valores propios, os habitantes de calquer lugar convírtense nos primeiros prescriptores e promotores do territorio. Do seu comercio, das súas actividades económicas (agrarias, gandeiras, industriais, etc…) e dos seus valores históricos, patrimoniais e naturais.

O intercambio de impresións sobre estes e outros temas foron formidables, e deixaron, cando menos en min, ganas de repetir. Quizáis fagamos sinerxias entre Lugo e Castroverde para descubrir as contornas de ambos concellos. Seguiremos perseguindo soños e tratando de valorar todas esas riquezas que temos ó noso lado!

Igrexa de Santa María de Vilabade (Castroverde)
Igrexa de Santa María de Vilabade (Castroverde)

A %d blogueros les gusta esto: