Gran éxito nos primeiros días do hashtag #LugoPatrimonioMundial… conseguirémolo!

Hai un par de días ocorréuseme a idea de lanzar nas redes sociais o hashtag #LugoPatrimonioMundial, para apoiar a Lugo na súa carreira por ser declarada pola UNESCO como Cidade Patrimonio da Humanidade. En menos de 48 horas os apoios, mencións, rechouchíos e comparticións foi enorme… moitas grazas a todos e a seguir loitando por ese gran recoñecemento internacional!

Recordade: a idea é utilizar este hashtag cantas máis veces mellor: para apoiar a candidatura, para visibilizar recunchos da nosa cidade, para dar a coñecer o noso patrimonio histórico e natural… axudémoslle ás institucións cunha gran ondada virtual 🙂

A %d blogueros les gusta esto: