Mañá, primeira reportaxe para o Nós Diario (no suplemento Gozar)

Outra boa nova que quero compartir con vós: sabedes que levo anos colaborando en varios medios de comunicación, algo que me fai moita ilusión… mañá comezo a facelo nun moi especial 🙂 Síntome moi orgulloso de poder sumar en varios xornais promovendo a nosa cultura e o noso patrimonio… anímovos a seguir a Nós Diario! A ver seSeguir lendo “Mañá, primeira reportaxe para o Nós Diario (no suplemento Gozar)”

Santiago Iglesias, o mozo de vinte anos gardián do templo do Carme

Conversa-entrevista no Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 10 de xuño do 2020 A sabedoría oral espertou o interese de Santi pola historia da igrexa do Carme, a vella ermida da Virxe do Camiño. Agora é el quen a divulga e quen coida da riqueza dun dos templos “máis belos, históricos e descoñecidos de Lugo”. Se naSeguir lendo “Santiago Iglesias, o mozo de vinte anos gardián do templo do Carme”

Os mellores sabores de Arxentina, no lucense barrio da Residencia

Onte mércores a familia dun gran amigo, Cristopher Chaldú, abriu no barrio da Residencia unha pastelería arxentina que non deixará indiferente a ninguén. Son todos eles unha familia experta en gastronomía, sobre todo na arxentina, e no seu emprendemento fan un especial destaque nos doces e postres, tan afamados e aprezados polos gourmets. Coñecín aSeguir lendo “Os mellores sabores de Arxentina, no lucense barrio da Residencia”

O lucense Primo de Banksy, de preto: “Os muros son o gran libro aberto dunha sociedade”

Conversa-entrevista no Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 8 de xuño do 2020 Nesta conversa-entrevista entre Guido Álvarez e o Primo de Banksy, as lectoras e lectores do Lugo Xornal teñen o privilexio de coñecer máis de preto a este misterioso, revolucionario e provocador artista lucense. Xa me sentín afortunado a primeira vez que falei por Instagram con el,Seguir lendo “O lucense Primo de Banksy, de preto: “Os muros son o gran libro aberto dunha sociedade””

Guido Guía e O Freixo dos Lobos anuncian data para a xornada viaxeira #RedescubrindoAlfoz

Non tiñamos pensado anuncialo hoxe, pero despois da gran acollida dos dous primeiros paseos guiados e da primeira xornada viaxeira anunciada (prazas esgotadas en 48 horas), lanzamos xa a segunda xornada viaxeira do programa #RedescubrindoLugo ❤️ Desfrutaremos #RedescubrindoAlfoz coa colaboración especial dos grandes amigos de O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza 💚 Contamos contigo?Seguir lendo “Guido Guía e O Freixo dos Lobos anuncian data para a xornada viaxeira #RedescubrindoAlfoz”

O 20 de xuño comezan as xornadas viaxeiras #RedescubrindoLugo con Guido Guía no Piornedo

E chegou o día de anunciar a primeira data do programa de xornadas viaxeiras #RedescubrindoLugo ❤️ O sábado 20 de xuño será o turno de #RedescubrindoPiornedo, coa colaboración especial de Piornedo ANDA 🐾 Día grande nos Ancares! Bulide para reservar, pois en menos de 24 horas enchemos para #LugoFavorito e só quedan 3 prazas para #OLugoDosSentidos 😍 Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a travésSeguir lendo “O 20 de xuño comezan as xornadas viaxeiras #RedescubrindoLugo con Guido Guía no Piornedo”

A Muralla de Hantissié

Artigo publicado no diario La Voz de Galicia o 7 de xuño do 2020 Sempre fun consciente delo, pero dende que regresei a Lugo no 2015 e comecei a miña actual etapa como Guía Oficial de Turismo de Galicia moito máis, de que as persoas de fóra valoran promedialmente moito máis o patrimonio da nosa cidade queSeguir lendo “A Muralla de Hantissié”

Volven os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido co seu capítulo XIX #OLugoDosSentidos

Pasaron xusto tres meses dende aquel 15 de marzo no que estaba previsto o capítulo XIX dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido… agora, o domingo 14 de xuño, toca recuperalo 🙂 Será, tal e como previsto, con “O Lugo dos Sentidos” e o colaborador especial Gus Kalamburu. Bulide, que as prazas do paseo guiado #LugoFavorito esgotáronse enSeguir lendo “Volven os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido co seu capítulo XIX #OLugoDosSentidos”

A iniciativa #RedescubrindoLugo en Radio Sant Boi

Onte estivemos falando cos amigos de Ràdio Sant Boi, os queridos Armando Fernández e Xulio Couxil, referentes da radio en galego por terras catalanas. Chamáronnos para falar sobre as xornadas viaxeiras #RedescubrindoLugo, que comezarán moi pronto, despois de que hai un rato soubésemos que Galicia entra na fase III da desescalada. Moitas grazas, amigos, porSeguir lendo “A iniciativa #RedescubrindoLugo en Radio Sant Boi”

Coa entrada na fase 3 Guido Guía anuncia a data do paseo polo #LugoFavorito: venres 12 de xuño

Tal e como anunciamos esta semana, no momento en que a provincia de Lugo entrase en fase 3 (e se reactivase polo tanto a actividade dos guías turísticos) comezamos a anunciar as primeiras datas dos vindeiros paseos e actividades ❤️ A primeira delas será o prometido paseo polo #LugoFavorito! En agradecemento ás máis de 500 persoas que escribironSeguir lendo “Coa entrada na fase 3 Guido Guía anuncia a data do paseo polo #LugoFavorito: venres 12 de xuño”

“Pasear sen présa, rendéndose á impresión do momento”

Os últimos anos en Lugo caracterízanse polo derribo de mitos e lendas. «En Lugo nunca pasa nada» e a falta de aprecio polo noso patrimonio son dúas das conquistas recentes da cidadanía lucense. Un dos líderes desta revolución socio-cultural é o protagonista desta entrevista atípica, «íntima» e divertida: Guido Guía. Guido é o artífice de descubrirSeguir lendo ““Pasear sen présa, rendéndose á impresión do momento””

O proxecto Guido Guía xa está en Tripadvisor

O proxecto Guido Guía xa está nunha das máis famosas webs de viaxeiros do mundo: TripAdvisor. Anímate a deixar unha reseña contando a túa experiencia, para que as persoas que busquen información conten coa vosa opinión 🙂 Moitas grazas de antemán! https://www.tripadvisor.es/Attraction_Review-g609027-d20959383-Reviews-Guido_Guia-Lugo_Province_of_Lugo_Galicia.html

SuperQuique, un pioneiro videoxogo lucense para promover o comercio local en todo o mundo

Artigo escrito para o Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 2 de xuño do 2020 O comercio local está feito de persoas, e os seus promotores tamén o son. David Parra Lezama é un venezolano apaixonado por Lugo que leva varios anos promovendo o comercio local lucense dende La Q-Ponera de Quique: agora, cun videoxogo pioneiro queSeguir lendo “SuperQuique, un pioneiro videoxogo lucense para promover o comercio local en todo o mundo”

Na fase III volverán os paseos e actividades de Guido Guía pola provincia de Lugo

Chegou xuño e chegou o emocionante día no que xa podemos anunciar que o proxecto Guido Guía está máis preto de voltar á actividade ❤️ Co anuncio das condicións para o desenvolvemento da actividade de guía turístico para a fase III no BOE do pasado sábado, xa podemos anunciar que a entrada nesa fase será o momento no queSeguir lendo “Na fase III volverán os paseos e actividades de Guido Guía pola provincia de Lugo”

A muralla verde: Lugo, capital do mundo novo

Artigo publicado no diario La Voz de Galicia o 31 de maio do 2020 Dous meses e medio de histórico confinamento serviron para moitas meditacións, e no caso de Lugo tamén para apuntalar e materializar vellas ideas pendentes. Neste século XXI quedaban poucos que non visualizasen con entusiasmo unha continuación das peonalizacións da cidade: agora,Seguir lendo “A muralla verde: Lugo, capital do mundo novo”

#RedescubrindoLugo suma 1000 seguidores en 3 semanas, e integra novos colaboradores

Incrible, pero en 3 semanas xa somos 1000 amigos en Redescubrindo Lugo! Máis de 50 bonos vendidos, 39 xornadas viaxeiras confirmadas, e cada vez máis colaboradores! Grazas a todos eles!! ❤️ O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza, Sogos Consulting, Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego, Piornedo ANDA, Concepto Circo, Diego AS, Andrés Bourio, Claudia del Pino, O ZoqueiroSeguir lendo “#RedescubrindoLugo suma 1000 seguidores en 3 semanas, e integra novos colaboradores”

Guido Álvarez: «A xente ten ganas de saír e apoiar proxectos da terra»

Entrevista en La Voz de Galicia publicada o 27 de maio do 2020 O guía lucense de turismo explica que en xuño comeza o programa «Redescubrindo Lugo» cun paseo guiado por Piornedo Guido Álvarez, guía lucense de turismo, responsable de Guido Guía, puxo en marcha os paseos guiados «Redescubrindo Lugo», unha novidosa proposta pensada para gozarSeguir lendo “Guido Álvarez: «A xente ten ganas de saír e apoiar proxectos da terra»”

Os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido volverán co capítulo XIX “O Lugo dos Sentidos”

O domingo 15 de marzo ía chegar o capítulo XIX dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido, pero a crise paralizou non só ese senón moitos outros plans. Tres meses despois (ó longo de xuño, data aínda por determinar) volverá á acción un proxecto entusiasmante que comezou o pasado mes de setembro, e que prácticamente semana a semanaSeguir lendo “Os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido volverán co capítulo XIX “O Lugo dos Sentidos””

#RedescubrindoPiornedo será a primeira xornada viaxeira do programa #RedescubrindoLugo

O inicio das xornadas viaxeiras #RedescubrindoLugo con Guido Guía está cada vez máis cerca. Se non hai cambios nas previsións gubernamentais dos últimos días, con toda seguridade será no mes de xuño. Hai algo que xa sabemos seguro, e é cal das xornadas será a primeira deste programa viaxeiro que pretende redescubrir a provincia deSeguir lendo “#RedescubrindoPiornedo será a primeira xornada viaxeira do programa #RedescubrindoLugo”