O programa de xornadas viaxeiras #RedescubrindoLugo continúa e hoxe xa podemos anunciar a súa terceira xornada… #RedescubrindoMuras! O 20 de setembro de 10h00 a 18h00, con Guido Guía e O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza, e coa inestimable colaboración do Concello de Muras, pasearemos e conversaremos sobre a historia e a natureza destas terras 💚 Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes faceloSeguir lendo “Guido Guía anuncia a xornada viaxeira #RedescubrindoMuras con O Freixo dos Lobos e o Concello de Muras”
Arquivo de categoría:Guido Guía
Peza de Lecer Audiovisual sobre o IV paseo guiado de Guido Guía pola #ArteUrbana lucense
Non teño palabras para agradecerlle este traballo tan excepcional ós amigos de Lecer Audiovisual ❤️ En camiño moitas colaboracións cun proxecto lucense que vai dar moito que falar! Mil grazas por esta preciosa reportaxe do IV paseo guiado pola #ArteUrbana 🎨✨ lucense, proxecto #OLugoMenosCoñecido 💙
Guido Guía e Bisagras de Papel lanzan un paseo guiado polo 145º aniversario da chegada do tren a Lugo
Quedan aínda dous meses, pero un capítulo tan especial merece a pena anuncialo con tempo. O luns 5 de outubro do 2020 dende o proxecto de paseos guiados #OLugoMenosCoñecido celebraremos o 145º aniversario da chegada do tren 🚂 a Lugo (o mesmo día, no 1875) co primeiro capítulo en colaboración coa querida Helena González, deSeguir lendo “Guido Guía e Bisagras de Papel lanzan un paseo guiado polo 145º aniversario da chegada do tren a Lugo”
A Mancomunidade amosará con rutas guiadas en agosto e setembro a riqueza natural e cultural da Mariña
Artigo publicado no Xornal da Mariña o 31 de xullo do 2020 O Barrio dos Muíños mindoniense e a Pena Abaladoira de Alfoz e a Fraga da Fruna valadourense, en plena Serra do Xistral, protagonizarán os primeiros percorridos A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense organiza unha serie de rutas en agosto e setembro para completar eSeguir lendo “A Mancomunidade amosará con rutas guiadas en agosto e setembro a riqueza natural e cultural da Mariña”
O 9 de agosto Guido Guía e os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido percorrerán #OAnelVerde
Tralo incrible éxito de convocatoria do capítulo XX dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido (prazas esgotadas en 5 horas) lanzamos xa o capítulo XXI para o domingo 9 de agosto! Un paseo máis longo (5 horas) pero non menos calmado no que percorreremos e descubriremos #OAnelVerde 💚 Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezoSeguir lendo “O 9 de agosto Guido Guía e os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido percorrerán #OAnelVerde”
Volven os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido de Guido Guía: capítulo XX baixo as estrelas
Dende o inicio do proxecto de paseos guiados #OLugoMenosCoñecido -en setembro- vivimos, ata marzo, nada menos que dezanove capítulos. En xuño retomamos o episodio que tiñamos pendente, e agora toca retomar a saga ❤ Aproveitando un mes de ceos moi despexados como agosto, será o venres 7 o momento do capítulo XX #LugoBaixoAsEstrelas ✨ SeSeguir lendo “Volven os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido de Guido Guía: capítulo XX baixo as estrelas”
Barrio da Ponte: un paraíso bimilenario en Lugo
Reportaxe publicada no Nós Diario o 10 de xullo do 2020 Cando os romanos chegaron a Lugo construíron un campamento militar nas alturas, pero tamén puxeron as ¿primeiras? pedras dun dos barrios máis fermosos e antigos da Galiza: A Ponte, tamén coñecido por moitos como barrio de San Lázaro. Dous mil anos despois, curiosamente segue a ser, porSeguir lendo “Barrio da Ponte: un paraíso bimilenario en Lugo”
O IV paseo guiado pola #ArteUrbana con Guido Guía celebrou a revolución artística lucense
Marabilloso IV paseo guiado pola #ArteUrbana lucense 🎨✨ Novo cheo con amigos de Lugo, Lourenzá, A Estrada, León, Barcelona, India, Arxelia, Irlanda, Reino Unido, Ecuador… Hoxe toca un agradecemento especial a Ruben Paz pola súa colaboración permitíndonos velo pintar en directo, e contándonos a historia do seu proxecto Trece trazos! #ArteLucense ❤️
Os paseos guiados de #ArteUrbanaLucense, na Televisión de Galicia
Hoxe a Televisión de Galicia veu visitarnos ó IV paseo guiado de #ArteUrbana #ArteLucense 🎨 do proxecto Guido Guía, no que durante 4 horas gozamos de distintos murais e graffitis ó longo de toda a cidade. Un agradecemento infinito por valorar tanto o meu traballo
O novo turismo: máis momentos e menos pose
Artigo publicado no diario La Voz de Galicia o 17 de xuño do 2020 Xa antes da crise sanitaria moitas tendencias -non todas, pero si bastantes- apuntaban a un modo de viaxar máis profundo, máis lento e menos banal. Era preciso, e agora aínda máis, deixar atrás o fast food das últimas décadas, a pose, os excesos…Seguir lendo “O novo turismo: máis momentos e menos pose”
Primeira andaina pola sostibilidade e pola igualdade de Guido Guía e Xuventude de Lugo
Hoxe foi outro día importantísimo para min. Primeira andaina feita para Xuventude de Lugo polos #BarriosDoLeste nunha compañía inmellorable. Amigos de Lugo, Alxeria, Reino Unido, India e Irlanda! 💚 Moitas grazas a todos e ata o 12 de agosto!!
Xuventude promove a sostibilidade e a igualdade cun programa de andainas polo municipio
Artigo publicado na web do Concello de Lugo Trátase de camiñadas polo Concello de Lugo, lideradas por mozas e mozos, para reivindicar unha cidade peonil e igualitaria As actividades, para as que haberá 25 prazas dispoñibles, están dirixidas á rapazada entre 14 e 35 anos e desenvolveranse ata outono A área de Xuventude propón, ataSeguir lendo “Xuventude promove a sostibilidade e a igualdade cun programa de andainas polo municipio”
Reportaxe sobre Lugo e o proxecto Guido Guía en esRadio Galicia
Artigo en esRadio Galicia O programa desta semana de esRuta levounos a Lugo, a cidade máis antiga de Galicia. Os guías turísticos Juan Segade e Guido Álvarez contáronnos a historia e o rico patrimonio da cidade da muralla e da provincia. Sen dúbida, un bo destino para este verán. https://esradio.libertaddigital.com/fonoteca/2020-07-14/esruta-galicia-152017.html
Este mércores, Andaina pola Sostibilidade con Guido Guía e Xuventude de Lugo
Coas prazas esgotadas para os dous primeiros #PaseosÓSolpor con Cultura e Turismo de Lugo, comparto o cartel para a #AndainaPolaSostibilidade 💚 que farei para Xuventude de Lugo o vindeiro mércores 15 de xullo ás 10h30. Animádevos a percorrer connosco os #BarriosDoLeste! 🍃🌺🍄🌳 Inscricións en xuventude@lugo.gal 🙂
Guido Guía lanza para o domingo 19 de xullo o IV paseo guiado pola #ArteUrbana lucense
Catro meses despois do último paseo guiado adicado á #ArteUrbana 🎨 #ArteLucense, regresamos neste mes de xullo coa IV edición dun dos capítulos preferidos por todos na serie #OLugoMenosCoñecido✨ Será o vindeiro domingo 19 de xullo, descubriremos moitas novas obras, e terá unha duración de 4 horas! 💛 Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. OSeguir lendo “Guido Guía lanza para o domingo 19 de xullo o IV paseo guiado pola #ArteUrbana lucense”
Comezaron con luz e forza os #PaseosÓSolpor de Guido Guía con Cultura e Turismo de Lugo
Un día moi emocionante para min. Primeira vez que guío para Cultura e Turismo de Lugo, cupo de prazas cubertas en 24 horas, formidable grupo de xente, marabillosas visitas sorpresa, novos amigos, moitas charlas e intercambios, e unha atmósfera imbatible no inicio dos #PaseosÓSolpor ☀️ Moitas grazas, compañeiros, e ata o vindeiro venres 17! #LugoCalidade 🧡
Entrevista en Cope Lugo, proxectos Guido Guía verán 2020
Sumando nunha semana intensa, entrevista 📻 hoxe en Cope Lugo co bo amigo Chema Núñez falando dos proxectos Guido Guía do verán 2020! #RedescubrindoLugo 💓 #OLugoMenosCoñecido 👀 #LugoFotográfico 📸 #LugoFavorito ✨ #ArteUrbana 🎨 + #PaseosÓSolpor ☀ con Cultura e Turismo de Lugo + #AndainasPolaSostibilidade 👣🍃 con Xuventude de Lugo… desfrutaremos! 🙂
Andaina con Guido Guía e Xuventude de Lugo polo Día Mundial das Habilidades da Xuventude
Reseña publicada na web do Concello de Lugo O goberno de Lara Méndez, a través da Área de Xuventude que dirixe Ana G. Abelleira ten previsto, para celebrar o Día Mundial das Habilidades da Xuventude, que se conmemora o 15 de xullo, unha conferencia e unha andaina pola cidade. Concretamente, será unha sesión a cargoSeguir lendo “Andaina con Guido Guía e Xuventude de Lugo polo Día Mundial das Habilidades da Xuventude”
A área de Turismo presenta o ciclo de visitas guiadas Paseos ó Solpor
Reseña publicada na web do Concello de Lugo A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou o novo ciclo de visitas guiadas Paseos ó Solpor, organizadas pola área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua en colaboración co guía turístico Guido Álvarez. Maite Ferreiro informou que “se trata de seis visitas guiadasSeguir lendo “A área de Turismo presenta o ciclo de visitas guiadas Paseos ó Solpor”
Día máxico na segunda edición do paseo guiado #LugoFotográfico con Guido Guía e Iago Viana
Onte foi un dos días máis máxicos do proxecto #OLugoMenosCoñecido. Segunda edición do #LugoFotográfico 📸 coa colaboración especial de Iago Viana. Un grupo de xente marabilloso e unhas fotografías para o recordo ❤️ Grazas a todos por vir e por compartilas! Ata pronto ✨
