Inesquecible volta aos grandes paseos Hoxe 63 amigos de Lugo e do mundo desfrutamos da II edición do paseo guiado #LaNuit Lucenses, turistas, residentes na cidade, inmigrantes, viaxeiros… grazas a todos pola vosa compañía!! Foto de grupo preciosa e memorable !! #OLugoMenosCoñecido
Arquivo de categoría:Guido Guía
#RedescubrindoAlfoz, xornada viaxeira con Guido Guía e Pedro Rolle o 13-N
Chegou o outono e volven as xornadas viaxeiras #RedescubrindoLugo con Guido Guía 🙂 O vindeiro 13 de novembro será o turno de #RedescubrindoAlfoz coa colaboración do querido amigo Pedro Rolle O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza 💚 Contamos con vós? Inscricións en guidoguiaturismo@gmail.com 🙂
Guido Guía sube ao 11º posto do ranking de canles de Youtube en galego no mes de setembro
Sete meses en Youtube e sete meses no ranking de canles en galego #As50DoYoutube 💙 4º posto en marzo, 21º en abril, 23º en maio, 11º en xuño, 16º en xullo, 14º en agosto e 11º en setembro. Infinitamente agradecido A Lobeira today por ese gran traballo de posta en valor das canles na nosaSeguir lendo “Guido Guía sube ao 11º posto do ranking de canles de Youtube en galego no mes de setembro”
A USC súmase a ‘#CoidemosLugo’ a prol da sustentabilidade ambiental
Artigo publicado na web do Campus Terra USC o 13 de outubro do 2021 A vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, presenta xunto con Salva Arco e Guido Álvarez a intervención programada o 24 de outubro pola iniciativa cidadá #CoidemosLugo nas ribeiras do Miño ao seu paso polo barrio da Ponte OSeguir lendo “A USC súmase a ‘#CoidemosLugo’ a prol da sustentabilidade ambiental”
O 29 de outubro Guido Guía organiza en Lugo a II edición do paseo #ParquesInfinitos
E se onte anunciabamos #LaNuit hoxe toca anunciar a segunda edición do capítulo XI dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido O venres 29 de outubro gozaremos de #ParquesInfinitos II Unha oportunidade para descubrir a inmensa beleza dos parques de Lugo no outono!! Inscricións: guidoguiaturismo@gmail.com
Numerosas reservas para a II edición do paseo guiado #LaNuit #OLugoMenosCoñecido
Como todos os lucenses sabemos, hai unha data no ano que marca todo: antes do San Froilán, despois do San Froilán… Pois para “despois do” xa comezamos a facer novos plans O venres 22 de outubro II edición do capítulo #LaNuit dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido Inscricións en guidoguiaturismo@gmail.com Xa quedan poucas prazas!
Guido Álvarez: “É unha viaxe no tempo cada ano”
Entrevista no diario El Progreso de Lugo publicada o 5 de outubro do 2021 O guía turístico recibe as festas cos brazos abertos e procura desfrutar de cada momento. Dígame o seu primeiro recordo do San Froilán. Teño recordos moi intensos dende moi pequeno porque eu nacín, medrei, e actualmente volvo vivir fronte ao PavillónSeguir lendo “Guido Álvarez: “É unha viaxe no tempo cada ano””
Máis de 126 persoas de 17 nacionalidades participaron no programa Lugo é artesanía
Artigo publicado no diario El Progreso de Lugo o 30 de setembro do 2021 As Xornadas Viaxeiras comprenderon obradoiros artesáns en diferentes lugares da provincia A pasada fin de semana acabou a primera edición do programa Lugo é artesanía, unha experiencia na que participaron este verán 126 persoas de 17 nacionalidades distintas. O Centro de Artesanía eSeguir lendo “Máis de 126 persoas de 17 nacionalidades participaron no programa Lugo é artesanía”
Volveu #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía, O Freixo dos Lobos e #OFogarDaAvelaiona
Hoxe chegou o agardado capítulo XXIII da serie de paseos guiados #OLugoMenosCoñecido e foi sen dúbida un dos máis especiais. Con Pedro Rolle O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza como colaborador especial descubrimos #OFogarDaAvelaiona e conseguimos falar con ela nos #BosquesDeMontirón! Grazas amigos pola vosa compañía!!! Seguimos!
70 asociados do Grupo de Maiores de Telefónica da Coruña visitan O Carme en 3 grupos
Un mércores e xoves moi especiais. Entre os dous días guei polo #BarrioDoCarme, divididos en 3 grupos, a 70 asociados do Grupo de Maiores de Telefónica da Coruña. Unha actividade que ía realizarse o 25 de marzo do 2020 e tivemos que postergar ata hoxe pola pandemia. Grazas, amigos, por ser tan xeniais! P.D. UnSeguir lendo “70 asociados do Grupo de Maiores de Telefónica da Coruña visitan O Carme en 3 grupos”
O tempo das contornas
Artigo publicado no Nós Diario o 17 de setembro do 2021 Os centros históricos seguen a ser polos de atracción turística, pero cada vez máis visitantes optan por descubrir as contornas das cidades e vilas nas súas viaxes Aínda é hoxe recorrente o recurso de chegar a calquera cidade e buscar o seu centro histórico, o seu cascoSeguir lendo “O tempo das contornas”
Guido Guía, medio ano no top 25 de canles de Youtube en galego (14º posto en agosto)
Medio ano en Youtube e medio ano no top 25 de canles en galego 💙 14º posto en marzo, 21º en abril 23º en maio, 11º en xuño, 16º en xullo e 14º en agosto 😍 Moitas grazas A Lobeira today e #As50DoYoutube polo que facedes, e grazas a todos os que me apoiades paraSeguir lendo “Guido Guía, medio ano no top 25 de canles de Youtube en galego (14º posto en agosto)”
Volven os paseos #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía: o fogar da avelaiona
Un ano despois do capítulo XXII da serie de paseos #OLugoMenosCoñecido, volvemos ao noso proxecto favorito con novas sorpresas O venres 24 de setembro agárdanos o capítulo XXIII cun convidado moi especial: Pedro Rolle O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza! #OFogarDaAvelaiona Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. OSeguir lendo “Volven os paseos #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía: o fogar da avelaiona”
A Piringalla ou o barrio Feijoo, algúns dos destinos das xornadas #LugoÉArtesanía desta fin de semana
Despois de máis de dous meses percorrendo a provincia, as xornadas viaxeiras #LugoÉArtesanía do Centro de Artesanía e Deseño chegan a algúns dos barrios da cidade de Lugo: A Piringalla, barrio Feijoo, Sagrado Corazón, centro histórico, A Milagrosa… Acompañados por Guido Guía, o sábado os participantes farán visitas culturais á cidade e coñecerán de pretoSeguir lendo “A Piringalla ou o barrio Feijoo, algúns dos destinos das xornadas #LugoÉArtesanía desta fin de semana”
A arte urbana vertebra os paseos en bici por Lugo
Noticia na Televisión de Galicia o 4 de setembro do 2021 A convocatoria é aberta para todo o mundo pero, debido á pandemia, só pode asistir un número limitado de persoas. Hoxe quedaron ás once da mañá no parque Rosalía de Castro, e Guido vai guiando o paseo. Van parando nos distintos graffiti da cidadeSeguir lendo “A arte urbana vertebra os paseos en bici por Lugo”
Estudantes e profesores do CKZiU Poznań visitaron Lugo en pequenos grupos con Guido Guía
Tarde memorable! Visitas guiadas a Lugo, en inglés, en 3 grupos de 15-16 persoas, para 46 estudantes e profesores polacos do Technikum Elektroniczno-Mechaniczne i Branżowa Szkoła I Stopnia Nr 1 Grazas, amigos de Polonia en Galicia por contar conmigo! De Poznań a Lugo en bus para facer prácticas no CIFP As Mercedes Dopóki się nieSeguir lendo “Estudantes e profesores do CKZiU Poznań visitaron Lugo en pequenos grupos con Guido Guía”
Este sábado, último paseo en bici #PaseArte do verán con Cultura e Turismo de Lugo e Guido Guía
Despois dun verán inesquecible, este sábado desfrutaremos do último paseo en bici deste primeiro ciclo de visitas guiadas #PaseArte con Cultura e Turismo de Lugo Encantaríame contar con vós! Podedes anotarvos na Oficina Municipal de Turismo de Lugo 982251658 Ata o sábado!!!!
O domingo 22 de agosto Guido Guía propón o paseo guiado #OCarmeNoSolpor
Ola amigos! Tralo éxito dos dous paseos guiados nocturnos polo Carme desta fin de semana, para a vindeira finde lanzamos un novo percorrido… desta vez #OCarmeNoSolpor Será o domingo ás 20h00! Inscricións no correo guidoguiaturismo@gmail.com
Os dous paseos guiados #OCarmeBaixoALúa con Guido Guía encheron prazas na súa estrea en Lugo
Esta fin de semana estreáronse os paseos guiados #OCarmeBaixoALúa con Guido Guía, coincidindo coas recén estreadas melloras do histórico barrio. Uns paseos nocturnos polas agora iluminadas vías históricas e diversos recunchos do barrio, que próximamente continuaremos 🙂
Limpando o que outros tiran
Artigo publicado no diario El Progreso de Lugo o 13 de agosto do 2021 O movemento Coidemos Lugo, que conta con máis de 100 voluntarios, organiza o día 28 unha recollida en Castelo para celebrar o seu primeiro ano de vida, no que realizaron 11 accións Coidemos Lugo, o movemento social que quere limpar as rúasSeguir lendo “Limpando o que outros tiran”
