Engadimos un novo paseo ó calendario! Este domingo 28 de marzo Tiña unha actividade que foi cancelada, así que engadimos paseo para este domingo Queda 1 praza para mañá martes, 3 prazas para o xoves, 3 para o martes da semana que ven, e o resto xa estamos con listaxes de agarda Se queres unirte,Seguir lendo “Seis paseos polo Lugo menos coñecido con Guido Guía (algúns con listaxe de agarda) ata o 4 de abril”
Arquivo de categoría:Guido Guía
O Lugo do século XXII
Artigo publicado no Nós Diario o 13 de marzo do 2021 Como será Lugo no ano 2100? Hoxe a nosa viaxe non vai discorrer só polo espazo, farao tamén polo tempo e polas nosas imaxinacións. E é que estes tempos de tantos cambios no mundo semella que ás veces activan os nosos maxíns pensando moito no que virá.Seguir lendo “O Lugo do século XXII”
Guido Guía nos Tesouros de Duarte, sección do programa Fun Polo Aire da TVG
Onte no Fun Polo Aire da Televisión de Galicia emitiuse o meu encontro co gran Duarte Galbán na súa sección “Os Tesouros de Duarte”, que gravamos no xacemento arqueolóxico da Tinería. Emocióname terlle ensinado a todos os espectadores este lugar tan importante e tan descoñecido, desexando que sirva para a súa posta en valor!! ASeguir lendo “Guido Guía nos Tesouros de Duarte, sección do programa Fun Polo Aire da TVG”
Novas datas, ata o 4 de abril, para os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía
A serie de paseos guiados especiais #OLugoMenosCoñecido está sendo neste 2021 un verdadeiro éxito e un fermoso modo de seguir agardando a que a situación sanitaria mellore e poidamos facer novos capítulos e novas series en grupos máis numerosos. Así que… ampliamos calendario! Tomade nota e escribídenos a guidoguiaturismo@gmail.com se queredes inscribirvos
Primeira colaboración de Guido Guía na emisora galega en Arxentina Radio Enxebre
Emocionado comparto a miña primeira colaboración coa radio galega en Arxentina Radio Enxebre. Dende o sábado pasado intégrome ó programa Galicia Une para contar cousiñas deste lado do océano na outra beira. As miñas dúas beiras! Moitas grazas, Verónica Torres!
Volveron, en grupos moi reducidos, os paseos #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía
Despois de seis semanas, con límite de 4 persoas + guía, volveron os paseos guiados Unha marabillosa tarde lucense na que tivemos visita de dous amigos de Castroverde e Vilalba (grazas por vir!) e na que volvemos gozar da serie #OLugoMenosCoñecido hoxe moi centrados no querido barrio do Sagrado Corazón Vémonos este martes!!
Mañá domingo volven os paseos por Lugo con Guido Guía, en grupos moi reducidos e ó aire libre
Primeiras datas de paseos guiados! Retomamos estes días coa serie #OLugoMenosCoñecido en grupos moi reducidos, e agardaremos un pouco máis para retomar #BarriosLucenses e #OGranLugo Domingo, martes e xoves de 16h00 a 19h00, todos eles paseos sorpresa! Se queredes reservar… bulide! En xaneiro esgotabamos prazas en cuestión de horas. Grazas a todos!! Xa sabedes: guidoguiaturismo@gmail.comSeguir lendo “Mañá domingo volven os paseos por Lugo con Guido Guía, en grupos moi reducidos e ó aire libre”
A canle de Youtube do proxecto Guido Guía alcanza os 1000 subscritores
Na vida imaxinei o pasado mércores, cando vos animei a subscribirvos á miña nova canle de Youtube, que en pouco máis de 48 horas pasariamos de 156 subscritores ós 1000 que marca Youtube para comezar a profesionalizar as canles… INFINITAS GRAZAS A TODOS!! Seguirei promovendo Lugo ó máximo! Por se aínda non vos uníchedes, déixovos aquíSeguir lendo “A canle de Youtube do proxecto Guido Guía alcanza os 1000 subscritores”
Entrevista II aniversario #LugoPatrimonioMundial en
Moitas grazas ó amigo Chema Núñez pola entrevista de onte na Cope Lugo! Un pracer falar sobre o segundo aniversario do movemento social #LugoPatrimonioMundial e tamén das perspectivas do proxecto Guido Guía para o ano 2021! Agardo que desfrutedes do ratiño radiofónico! 🙂📻
9000 seguidores do proxecto Guido Guía… grazas a todos!!
Chegou unha cifra moi especial… 9000 seguidores do proxecto Guido Guía en Facebook! Aquí vai un vídeo para darvos as grazas a todos!!!! Merci beaucoup, grazie mille, thank you very much, vielen dank, moito obrigado, moltes gràcies, eskerrik asko, muchas gracias!!!
II aniversario de #LugoPatrimonioMundial no Telexornal Serán da TVG
Agora si, o fragmento do Telexornal Serán da Televisión de Galicia coa noticia do récord de #LugoPatrimonioMundial, tendencia europea nas redes sociais o 13 de febreiro do 2021! Inesquecible Millóns de grazas á nosa tele, e que isto non pare nunca! Orgullo lucense
#LugoPatrimonioMundial: II aniversario, tendencia europea, e 4500 mencións en Twitter en 24 horas
Pasaron xa as 24 horas do gran día que sempre é o 13 de febreiro (aniversario da iniciativa #LugoPatrimonioMundial) e xa podemos sacar resultados: 4500 mencións só en Twitter (225 por hora) e tendencia europea ó longo de toda a xornada (de medianoite a medianoite) segundo Trendsmap. Impresionante! Cando Lugo está unido, é imposible superaloSeguir lendo “#LugoPatrimonioMundial: II aniversario, tendencia europea, e 4500 mencións en Twitter en 24 horas”
Segundo aniversario do movemento #LugoPatrimonioMundial na TVG
Hoxe chamáronme da Televisión de Galicia para entrevistarme polo segundo aniversario da iniciativa #LugoPatrimonioMundial, que neste 13 de febreiro do 2021 batiu todos os récords anteriores e a falta de dúas horas de día xa superou, só en Twitter, as 4000 mencións ❤️ Que grande, Lugo… somos imbatibles!!!!
#LugoPatrimonioMundial
Artigo publicado no Nós Diario o 13 de febreiro do 2021 Lanzamos hai xusto dous anos, o 13 de febreiro do 2019, un cancelo que leva todo ese tempo facendo historia. Unha etiqueta de orgullo lucense que a día de hoxe aglutina milleiros de contidos, de milleiros de persoas amantes de Lugo, relacionados coas belezas e riquezas daSeguir lendo “#LugoPatrimonioMundial”
Unha viaxe polo Alto Miño
Artigo publicado no Nós Diario o 16 de xaneiro do 2021 Un territorio senlleiro camuflado entre comarcas e provincias Agochados entre a toponimia oficial e o marketing turístico atópanse aínda certos territorios galegos, xeográficos e históricos, pouco traballados como destinos viaxeiros casuais ou organizados. Hoxe imos adicarlle un anaco de escritura e lectura a un que ten paraSeguir lendo “Unha viaxe polo Alto Miño”
Manuel Álvarez Prieto (Guido Guía, seis anos de paseos por Lugo)
Aquí vai un recordo para sempre. Os amigos de Lecer Audiovisual fixeron unha edición, pero eu finalmente decido subir o vídeo orixinal sen ningún retoque. Paréceme que ten moitísimo encanto. A entrevista completa ó meu pai Manuel Alvarez Prieto na reportaxe “Guido Guía, seis anos de paseos por Lugo”. Agardo que vos guste tanto comaSeguir lendo “Manuel Álvarez Prieto (Guido Guía, seis anos de paseos por Lugo)”
Viaxar na nosa cidade
Artigo publicado no nº 3 da revista Lugo Cultura Dixital Este foi o nome que lle puxen á miña primeira materia como profesor da UNED Senior de Lugo. Mellor dito, o nome que lle puxen á primeira materia que deseñei na miña vida. Probablemente un dos resultados ou conclusións de xa 16 anos metido no mundiñoSeguir lendo “Viaxar na nosa cidade”
Estrea da reportaxe “Guido Guía, seis anos de paseos por Lugo”, de Lecer Audiovisual
Moi emocionado. Este é o resultado da reportaxe “Guido Guía, seis anos de paseos por Lugo” que os amigos de Lecer Audiovisual prepararon nas últimas semanas. Quince entrevistas a persoas coas que compartín paseos por Lugo dende o meu regreso no ano 2015. Un traballo marabilloso e recordos para toda a vida Compartiremos máis adianteSeguir lendo “Estrea da reportaxe “Guido Guía, seis anos de paseos por Lugo”, de Lecer Audiovisual”
Guido Álvarez, guía de turismo: “Nin os propios galegos coñecemos a nosa historia, ao contrario do que acontece en Irlanda ou Breizh”
Entrevista de Antón Escuredo no Nós Diario publicada o 27 de xaneiro do 2021 Guido Álvarez é guía de turismo profesional cunha grande experiencia. Após once anos fóra de Lugo, catro deles entre Italia, Inglaterra, Francia e Alemaña, aséntase na cidade das murallas. Tivo moitas experiencias viaxeiras, sobre todo mochileiras, en algo máis de 30Seguir lendo “Guido Álvarez, guía de turismo: “Nin os propios galegos coñecemos a nosa historia, ao contrario do que acontece en Irlanda ou Breizh””
O Ensino Lugo CB e Guido Guía únense #ENSINandoLugo a través das redes sociais
Comezamos outro gran proxecto Ensino Lugo e Guido Guía unidos #ENSINandoLugo Dende hoxe (tocoulle ó coach Carlos Cantero Morales no seu lugar escollido, a Catedral de Santa María) charlaremos coa familia do Ensino nos seus recunchos da cidade favoritos… en 5 idiomas! Ogallá vos guste
