E para rematar as publicacións desta mañá, unha importantísima e agardadísima cada ano dende hai 3 Lembrade que o vindeiro 13 de febreiro celebramos o 3º aniversario do hashtag #LugoPatrimonioMundial e un ano máis tentaremos levalo ao máis alto! No 1º TT estatal, no 2º TT europeo… e no 3º? Ide quencendo motores
Arquivos de etiqueta:#LugoPatrimonioMundial
#LugoPatrimonioMundial e a necesidade de apostar pola nosa historia
Artigo escrito para o Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 1 de xaneiro do 2022 O 13 de febreiro deste 2022 o hashtag #LugoPatrimonioMundial cumprirá tres anos de percorrido acumulando milleiros de mencións nas redes sociais. Parece un bo momento para propoñer unha aposta sólida para valorizar o patrimonio arqueolóxico da cidade Case 36 meses de chíos,Seguir lendo “#LugoPatrimonioMundial e a necesidade de apostar pola nosa historia”
II aniversario de #LugoPatrimonioMundial no Telexornal Serán da TVG
Agora si, o fragmento do Telexornal Serán da Televisión de Galicia coa noticia do récord de #LugoPatrimonioMundial, tendencia europea nas redes sociais o 13 de febreiro do 2021! Inesquecible Millóns de grazas á nosa tele, e que isto non pare nunca! Orgullo lucense
#LugoPatrimonioMundial: II aniversario, tendencia europea, e 4500 mencións en Twitter en 24 horas
Pasaron xa as 24 horas do gran día que sempre é o 13 de febreiro (aniversario da iniciativa #LugoPatrimonioMundial) e xa podemos sacar resultados: 4500 mencións só en Twitter (225 por hora) e tendencia europea ó longo de toda a xornada (de medianoite a medianoite) segundo Trendsmap. Impresionante! Cando Lugo está unido, é imposible superaloSeguir lendo “#LugoPatrimonioMundial: II aniversario, tendencia europea, e 4500 mencións en Twitter en 24 horas”
Segundo aniversario do movemento #LugoPatrimonioMundial na TVG
Hoxe chamáronme da Televisión de Galicia para entrevistarme polo segundo aniversario da iniciativa #LugoPatrimonioMundial, que neste 13 de febreiro do 2021 batiu todos os récords anteriores e a falta de dúas horas de día xa superou, só en Twitter, as 4000 mencións ❤️ Que grande, Lugo… somos imbatibles!!!!
#LugoPatrimonioMundial
Artigo publicado no Nós Diario o 13 de febreiro do 2021 Lanzamos hai xusto dous anos, o 13 de febreiro do 2019, un cancelo que leva todo ese tempo facendo historia. Unha etiqueta de orgullo lucense que a día de hoxe aglutina milleiros de contidos, de milleiros de persoas amantes de Lugo, relacionados coas belezas e riquezas daSeguir lendo “#LugoPatrimonioMundial”
#LugoPatrimonioMundial cumpre dous anos e este sábado busca ser tendencia mundial
Mañá 13 de febreiro cúmprense dous anos do nacemento do hashtag #LugoPatrimonioMundial, iniciativa virtual que neste tempo foi apoiada por milleiros de persoas de Lugo e de todo o mundo Para celebralo, este sábado enchamos as redes para ser trending topic (tema tendencia) mundial! Saudemos á UNESCO
Reflexións nocturnas sobre Lugo e o noso futuro (Guido Guía)
Dentro dunhas horas marcho tres días de viaxe grazas a unha oferta que vimos estes días en Ryanair. Entre iso e as emocións destes días co aniversario de #LugoPatrimonioMundial, parece que hai pouco sono e moitas ganas de compartir algunhas reflexións sobre estas últimas horas e sobre Lugo en xeral. Un ano despois daquel boom daSeguir lendo “Reflexións nocturnas sobre Lugo e o noso futuro (Guido Guía)”
A campaña #LugoPatrimonioMundial inunda as redes sociais no seu primeiro aniversario
Reportaxe do Lugo Xornal, publicada o 14 de febreiro do 2020 Esta iniciativa de Guido Álvarez Parga contou co apoio de centos de veciñas, políticos, deportistas… e conseguiu ser ‘trending topic’ europeo durante doce horas. É unha maneira de visibilizar o apoio á candidatura de Lugo para ser declarada Patrimonio da Humanidade. O 13 deSeguir lendo “A campaña #LugoPatrimonioMundial inunda as redes sociais no seu primeiro aniversario”
#LugoPatrimonioMundial: tendencia europea nas redes o 13 de febreiro do 2020!
Dez da noite. Quedan 2 horas de día, pero xa podemos dicir que #LugoPatrimonioMundial foi unha das tendencias a nivel europeo o 13 de febreiro do 2020 segundo Trendsmap. Un ano despois a emoción segue sendo xigante… o que podemos facer cando estamos unidos neste recuncho do mapa! Grazas a todos! ❤️
Aniversario do hashtag #LugoPatrimonioMundial, consigna para reivindicar o patrimonio lucense
Hai un ano ocorréuseme crear un hashtag para apoiar a candidatura de Lugo a cidade Patrimonio Mundial. Celebridades, políticos de todas as cores, e decenas de miles de amantes de Lugo o utilizaron. Novo obxectivo: #LugoPatrimonioMundial trending topic mundial o 13 de febreiro! ❤️ Como conseguilo? Publicando fotos e vídeos de Lugo e utilizando o hashtag ó longo doSeguir lendo “Aniversario do hashtag #LugoPatrimonioMundial, consigna para reivindicar o patrimonio lucense”
Debate na Radio Galega en Lugo: “A candidatura da zona histórica a Ben Mundial”
Esta mañá conversamos na Radio Galega sobre a potencial candidatura de Lugo a ser declarada cidade Patrimonio Mundial UNESCO. Un pracer de compartir charla co historiador Adolfo de Abel Vilela, ca presidenta da Asociación de Empresarios da Tinería Isa Lozano Verdes e ca condutora de Galicia por diante Emma Alonso 📻 Se queredes escoitalo podedes facelo no seguinte podcast da web da RG:Seguir lendo “Debate na Radio Galega en Lugo: “A candidatura da zona histórica a Ben Mundial””
Entrevista en Cope Lugo sobre a historia do movemento social #LugoPatrimonioMundial
Aquí está a entrevista de hoxe con Carmen Hermida en Cope Lugo! Moi agradecido de poder contar a historia do movemento social #LugoPatrimonioMundial! Oito meses inesquecibles que festexaremos hoxe cun paseo, ás 20h, dende o Parque Rosalía ❤
Paseo con Guido Guía para reivindicar #LugoPatrimonioMundial nos albores do San Froilán
Despois de lanzar a principios deste ano a campaña #LugoPatrimonioMundial en apoio á eventual candidatura da cidade a converter a totalidade do centro histórico -e parte da contorna- en Patrimonio da Humanidade UNESCO, e ca fin de darlle entre todos visibilidade na rede ós motivos (lugares e belezas) para conseguilo, o vindeiro xoves 3 de outubro damos unSeguir lendo “Paseo con Guido Guía para reivindicar #LugoPatrimonioMundial nos albores do San Froilán”
O sexto paseo guiado #OLugoMenosCoñecido, adicado á biodiversidade
Cas inscricións dos cinco primeiros paseos en bo ritmo, chegou a hora de poñer en valor unha das maiores riquezas da cidade de Lugo: o feito de ser a única capital ibérica ubicada nunha Reserva da Biosfera UNESCO. Novamente apoiados pola Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego, lanzamos este VI Paseo guiado polo Lugo menos coñecidoSeguir lendo “O sexto paseo guiado #OLugoMenosCoñecido, adicado á biodiversidade”
Participa de #LugoPatrimonioMundial: comparte nas redes os teus lugares lucenses favoritos
Hai 20 días comecei a campaña do hashtag #LugoPatrimonioMundial para apoiar a potencial candidatura de Lugo a ser declarada cidade Patrimonio da Humanidade, ampliando así o recoñecemento que a UNESCO lle deu no 2000 e no 2015 á Muralla Romana, á Catedral de Santa María e ó Camiño Primitivo. Un dos principais obxectivos desta iniciativaSeguir lendo “Participa de #LugoPatrimonioMundial: comparte nas redes os teus lugares lucenses favoritos”
En 7 días #LugoPatrimonioMundial une a políticos de todas as cores, e a toda a sociedade lucense
Artistas, empresas, deportistas, institucións, políticos, e toda a sociedade lucense en xeral volcouse na última semana coa iniciativa #LugoPatrimonioMundial. Dende @LionsLugo queremos apoiar a idea de @guidoalvarezp de promover a candidatura de Lugo a cidade Patrimonio da Humanidade @UNESCO. Utilicemos dende xa #LugoPatrimonioMundial #bruananeboa #lugolions #flagfootball #lugo — Lugo Lions (@LionsLugo) February 20, 2019 PorSeguir lendo “En 7 días #LugoPatrimonioMundial une a políticos de todas as cores, e a toda a sociedade lucense”
Vídeo sobre #Maximus e #LugoPatrimonioMundial para o programa “De bote en bote” (El Progreso de Lugo)
Para o programa desta semana de “De bote en bote” pedíronme que enviase un pequeno vídeo comentando o éxito da campaña do Breo con #Máximus nas redes sociais e tamén a de #LugoPatrimonioMundial. Comparto o vídeo a través da miña canle de youtube, e máis abaixo o fragmento do programa: Aquí o fragmento doSeguir lendo “Vídeo sobre #Maximus e #LugoPatrimonioMundial para o programa “De bote en bote” (El Progreso de Lugo)”
Creación do hashtag #LugoPatrimonioMundial para apoiar nas redes a candidatura da cidade ó recoñecemento da UNESCO
Hoxe ocorréuseme unha idea: crear un hashtag para apoiar nas redes sociais a candidatura de Lugo a cidade Patrimonio da Humanidade UNESCO. Utilicemos dende xa #LugoPatrimonioMundial para visibilizar as marabillas do noso centro histórico e da súa contorna… conseguirémolo! 💚