Os 231 de Guntín, récord do proxecto Guido Guía e moitos recordos

Onte sábado 9 de novembro foi para min un día dos que non se esquecen nunca. Pronto, no 2025, cumprirei dez anos como guía oficial de turismo de Galicia e tamén dez anos dende que regresei a Lugo despois de once anos de aventuras fóra da miña cidade e tamén vivindo en varios países. NuncaSeguir lendo “Os 231 de Guntín, récord do proxecto Guido Guía e moitos recordos”

Case 150 persoas desfrutaron en Rábade coa VI xornada viaxeira do Xeodestino

Outro día memorable, 146 participantes de moi diversas procedencias en Rábade, na VI xornada viaxeira “Descubrindo a Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa con Guido Guía”. De toda Galicia e tamén de fóra achegáronse persoas animadas a descubrir o patrimonio histórico e cultural deste sexto concello participante do programa organizado polo GDR-4 eSeguir lendo “Case 150 persoas desfrutaron en Rábade coa VI xornada viaxeira do Xeodestino”

72 persoas descubriron Antas de Ulla co GDR, Concello e Guido Guía

Día máxico en Antas de Ulla Terceira xornada viaxeira do proxecto “Descubrindo a Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa con Guido Guía” na que contamos con 72 participantes Grazas a todas as persoas que nos acompañaron dende Arxentina Países Baixos Barcelona, Donostia, Madrid, Oviedo, A Coruña, Oleiros, Ferrol, Vimianzo, Ribadeo, Foz Becerreá, SobradoSeguir lendo “72 persoas descubriron Antas de Ulla co GDR, Concello e Guido Guía”

Este domingo volve #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía cun paseo polos barrios do Mera

Este domingo volven os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido e será coa II edición do capítulo #OsBarriosDoMera O punto de inicio e fin do paseo será a Ponte Romana, o prezo coma sempre de 10 € por persoa, bonos e descontos por idade dispoñibles e a consultar  Inscricións guidoguiaturismo@gmail.com 

Cuarto #RedescubrindoAlfoz con Guido Guía e Ana Pena, nova guía oficial alfocega

Vendo como voan as inscricións dos vindeiros paseos guiados, e tendo unha noticia tan boa como o inicio do proxecto como autónoma da guía alfocega Ana Pena, lanzamos nova actividade para o mes de maio: #RedescubrindoAlfoz IV “Alma viaxeira, soñadora e amante da terriña. Con este novo proxecto quero transmitir a paixón pola comarca ondeSeguir lendo “Cuarto #RedescubrindoAlfoz con Guido Guía e Ana Pena, nova guía oficial alfocega”

Este sábado Guido Guía organiza un novo paseo polo Lugo menos coñecido con xa máis de 40 inscritos

Este sábado 18 de marzo comezaremos a dicirlle adeus ao inverno e tímidamente (pois comeza o día 20) iremos saudando á primavera  Contamos contigo para este paseo #OLugoMenosCoñecido? Inscricións no correo guidoguiaturismo@gmail.com, o prezo é de 10 € por persoa con variadas opcións de bonos e descontos por idade

Guido Guía organiza o paseo #VilalbaFotográfica con Cristian Leyva, Sergio Ferreyra e David Corredoira

Este sábado 11 de marzo Guido Guía organiza o primeiro paseo guiado #VilalbaFotográfica coa colaboración dos fotógrafos profesionais Cristian Leyva (México) e Sergio Ferreyra (Arxentina) e do veciño vilalbés e fotógrafo afeccionado David Corredoira Taboada. O percorrido comezará ás 11h00 na Torre dos Andrade e terá unha duración de 3 horas. Será de dificultade media-baixa eSeguir lendo “Guido Guía organiza o paseo #VilalbaFotográfica con Cristian Leyva, Sergio Ferreyra e David Corredoira”

Guías Bierzo e Guido Guía únense para estreitar lazos entre Lugo e Ponferrada

Hoxe é un día moi especial, hoxe comeza un proxecto de colaboración entre Guías Bierzo e Guido Guía para tecer pontes entre Lugo e Ponferrada Noelia e Alba viñeron xantar ao lucense barrio da Ponte e esta mesma tarde anunciamos a nosa primeira colaboración! O paseo guiado #PonferradaOculta será o domingo 23 de abril deSeguir lendo “Guías Bierzo e Guido Guía únense para estreitar lazos entre Lugo e Ponferrada”

Guido Guía lanza o paseo #LugoFotográfico V cos fotógrafos internacionais Cristian Leyva e Sergio Ferreyra

O vindeiro sábado 11 de febreiro dende o proxecto Guido Guía organizamos a quinta edición do paseo #LugoFotográfico, tres anos despois da nosa primeira experiencia no 2020. Nesta ocasión será acompañados dos fotógrafos internacionais Cristian Leyva (México) e Sergio Ferreyra (Arxentina). O paseo comezará e rematará no Parque Rosalía de Castro e a inscrición (10Seguir lendo “Guido Guía lanza o paseo #LugoFotográfico V cos fotógrafos internacionais Cristian Leyva e Sergio Ferreyra”

Este sábado Guido Guía e Pedro Rolle organizan o paseo guiado #RedescubrindoLourenzá

Coa colaboración do querido amigo Pedro Rolle este sábado organizamos o paseo guiado #RedescubrindoLourenzá. Lembrade: 10 € por persoa, bono de 10 paseos 60 €, bono de 5 paseos 40 €, desconto do 30% para menores de 18 e menores de 4 anos gratis. Inscricións no correo electrónico guidoguiaturismo@gmail.com

O domingo 29 Guido Guía e Xaime Fernández organizan un paseo polo Lugo preromano

Nova data de paseo guiado  O domingo 29 de xaneiro faremos a segunda edición de #EnigmasLucenses, o capítulo XIV da serie #OLugoMenosCoñecido Farémolo nesta ocasión coa colaboración do amigo historiador e guía oficial Xaime Fernández! Inscricións no correo guidoguiaturismo@gmail.com 

Guido Guía organiza 8 paseos diferentes para descubrir Lugo durante as festas do Nadal

Todos os anos, dende que naceu o proxecto Guido Guía, organizamos en Lugo paseos guiados durante as festas do Nadal. Este ano non será excepción e temos preparados 8 capítulos diferentes da serie #OLugoMenosCoñecido para compartir con todos vós: 23 de decembro ás 17h00: #OLugoMenosCoñecido 24 de decembro ás 11h00: #ArteUrbanaLucense 25 de decembro ásSeguir lendo “Guido Guía organiza 8 paseos diferentes para descubrir Lugo durante as festas do Nadal”

46 persoas pasean polo Lugo menos coñecido con Guido Guía no sábado de San Froilán

Onte volvemos ás orixes do proxecto Guido Guía Entre Ferrol e A Coruña tocou #OLugoMenosCoñecido con 46 amigas e amigos de toda Galiza, Barcelona, León, Asturias, Cuba, Venezuela, Estados Unidos… formidable! Incluso unha ducia acabamos facendo picnic na beira do Miño Vémonos a próxima finde!!!

Paseo guiado #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía, este sábado 8 de outubro

Este sábado 8 de outubro, en plenas festas do San Froilán, dende o proxecto Guido Guía lanzamos o segundo paseo guiado do novo ciclo de visitas a 11 cidades e localidades galegas. O pasado sábado iniciouse en Ferrol, e agora viaxamos a onde comezou todo… #OLugoMenosCoñecido. Este paseo comezará ás 11h00 do sábado 8 deSeguir lendo “Paseo guiado #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía, este sábado 8 de outubro”

23, 24 e 30 de setembro, últimos 3 #PaseArte con Guido Guía do 2022

O pasado 2 de xuño comezou o terceiro ciclo de paseos guiados #PaseArte organizados Cultura e Turismo de Lugo e conducidos por Guido Guía. Despois de 17 itinerarios diferentes ao longo deste verán, os vindeiros 23, 24 e 30 de setembro despedirémonos desta edición e sempre augurando novas aventuras. Se queredes inscribirvos, non o pensedesSeguir lendo “23, 24 e 30 de setembro, últimos 3 #PaseArte con Guido Guía do 2022”

Guido Guía organiza mañá xoves un paseo guiado accesible e un picnic no barrio da Ponte

Lembrade, este xoves paseo de encontro #LugoMundial unha actividade que deixamos pendente dende marzo do 2020 e que retomamos esta semana En colaboración con varias asociacións de Lugo, un paseo gratuíto, accesible e multicultural! Inscricións en guidoguiaturismo@gmail.com

Guido Guía e o arqueólogo Paco Herves lanzan o paseo #OLugoMáisArqueolóxico III o domingo 3 de abril

Despois dunha gran semana, iniciamos unha nova que ven chea de momentos especiais  Xa anunciaramos a data deste paseo #OLugoMáisArqueolóxico III pero hoxe sacamos o cartel  Unha nova aventura do proxecto que compartimos o arqueólogo e amigo Fco Manuel Herves Raigoso, e Guido Guía! Inscricións en guidoguiaturismo@gmail.com 

Este domingo ás 16h00, sexta edición do paseo guiado #OAnelVerde en Lugo con Guido Guía

O vindeiro domingo 27 de marzo ás 16h00 dende a Ponte Romana, sexta edición do famoso capítulo #OAnelVerde  dentro da serie de paseos guiados #OLugoMenosCoñecido. Vémonos? Inscricións (6 € por persoa) no correo guidoguiaturismo@gmail.com 

Guido Guía organiza o día 27 un paseo guiado en homenaxe ao artista Diego AS

Despois de máis de medio centenar de paseos guiados pola #ArteUrbanaLucense nos 2 últimos anos e medio, e tras un fito enorme como o recoñecemento ao mellor mural do mundo do 2021, é hora de facerlle unha homenaxe ao gran Diego AS que ademais foi quen me axudou a comezar isto no 2019 Inscricións noSeguir lendo “Guido Guía organiza o día 27 un paseo guiado en homenaxe ao artista Diego AS”