O pasado venres 13 de febreiro fixen unha colaboración para GuitarGodsTV. Unha entrevista ó guitarrista brasileiro Kiko Loureiro (Río de Janeiro, 1972). Integrante da célebre banda de metal Angra, tamén é famoso pola súa traxectoria como solista.
(Actualización 2017: integrante da famosa banda Megadeth e gañador dun premio Grammy)
A entrevista realizouse en Ludimusic, unha tenda de música ubicada na localidade portuguesa de Leiría. O artista atopábase nunha das paradas do Ibanez Clinic Tour 2015.