Outro día memorable ❤️ Homenaxeando o 145º aniversario da chegada do tren 🚂 a Lugo na primeira colaboración entre Bisagras de Papel e Guido Guía 🙂 Seguimos en Lugo coas restricións de 10 persoas por grupo, pero sempre coa mellor enerxía 🌟 Pedro Pozzi, Curros Enríquez, o Conde Pallares, ese mítico San Froilán do 1875… vémonos o ano que ven! ❤️
Arquivos de autor:guidoalvarezparga
O 31 de outubro Guido Guía e colaboradores organizan #RedescubrindoAPastoriza
Faltan catro semanas, aínda non sacáramos o cartel -so anunciáramos a data- e sen embargo xa están cubertas as prazas para #RedescubrindoAPastoriza 🤎 Emocionado de levar a VI xornada viaxeira de #RedescubrindoLugo á terra de bos amigos como Patricia Grandío, Susana Seijo, Iago Rodríguez Carballo ou Taberna Ocruceiro Multiaventura ❤️ Grazas Concello da Pastoriza polo apoio!
Terceiro paseo guiado con Guido Guía por barrios históricos para Lucus in Vino Veritas
Despois de tres semanas, hoxe foi o meu último paseo guiado para o gran evento enolóxico Lucus In Vino Veritas 💜 Onde? Por suposto, no barrio do Carme 💚 Último paseo por barrios históricos de Lugo… agardo que desfrutásedes! Foi un gran pracer, amigos ❤️ Grazas a Juanjo Figueroa pola cata post-paseo de hoxe! 🌟
O 26 de outubro #RedescubrindoRibadeo con Guido Guía, Enfoque e O Freixo dos Lobos
O programa de xornadas viaxeiras #RedescubrindoLugo continúa e hoxe xa podemos anunciar a súa quinta xornada… #RedescubrindoRibadeo! O 26 de outubro de 10h30 a 18h00, con Guido Guía, enfoquevisitasguiadas e O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza pasearemos e conversaremos sobre a historia e a natureza destas terras 💙 Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O custo destaSeguir lendo “O 26 de outubro #RedescubrindoRibadeo con Guido Guía, Enfoque e O Freixo dos Lobos”
A Mariña e o mar Céltico
Reportaxe publicada no Nós Diario o 26 de setembro do 2020 As augas que conectan e relatan a nosa historia Toda a vida levo vivindo A Mariña Lucense con moita intensidade. Os veráns de infancia e adolescencia, os recordos das miñas avoas (de Foz e Ribadeo), nos últimos anos as experiencias profesionais… e neste 2020, guiando máis queSeguir lendo “A Mariña e o mar Céltico”
Insuperable #RedescubrindoMondoñedo na IV xornada viaxeira do #RedescubrindoLugo con Guido Guía
#RedescubrindoMondoñedo… inesquecible! 💙 IV xornada viaxeira #RedescubrindoLugo nun dos lugares máis incribles da nosa terra. Guiando coa miña profe e amiga Claudia del Pino e co arqueólogo Abel Vigo. Amigos do mundo 🇦🇷🇧🇷🇮🇳🇻🇪🇮🇪 e o gran Quique! Grazas Concello de Mondoñedo e moi especialmente a Elena Candia polo apoio, cariño e aprezo polo noso traballo! Mondoñedo ❤️
Gran éxito e listas de agarda (grupos de 10) nos paseos de Paulo Fabio Máximo e Güidox
Hai días que quedan na memoria para sempre. Estou seguro de que hoxe é un deses. O primeiro día no que guiei por Lucus Augusti co meu amigo Paulo Fabio Máximo, fundador da cidade en tempos de César Augusto. Seguiremos negociando para que os galaicos non perdamos espazo na nosa terra, e senón avisaremos ósSeguir lendo “Gran éxito e listas de agarda (grupos de 10) nos paseos de Paulo Fabio Máximo e Güidox”
‘Coidemos Lugo’, o movemento que busca o compromiso dos lucenses coa súa cidade
Artigo publicado no Lugo Xornal o 24 de setembro do 2020 Guido Álvarez e Salva Arco, impulsores do movemento, mantiveron un encontro coa alcaldesa A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu no Concello aos representes do movemento social ‘Coidemos Lugo’, o guía turístico Guido Álvarez, e Salva Arco, capitán do Breogán. Este movemento busca concienciar sobre aSeguir lendo “‘Coidemos Lugo’, o movemento que busca o compromiso dos lucenses coa súa cidade”
O galaico Güidox xa agarda a Paulo Fabio Máximo por terras lucenses para varios paseos guiados
Nota de prensa do Concello de Lugo Ola amigos, como estades? Chámome Güidox, vivo en Lucus Augusti pero xa dende antes que chegara ese tal Paulo Fabio Máximo, co que a partir deste sábado pasearei con vós pola miña terra galaica demostrando que é moito máis que isto que agora queren vendernos os modernos romanos…Seguir lendo “O galaico Güidox xa agarda a Paulo Fabio Máximo por terras lucenses para varios paseos guiados”
Lara Méndez apoia o movemento ‘Coidemos Lugo’
Nota de prensa do Concello de Lugo A alcaldesa de Lugo agradeceu o compromiso das persoas que participan nesta iniciativa, que naceu para concienciar e animar á cidadanía a que coide e respecte o municipio A rexedora reuniuse cos representantes Guido Álvarez e Salva Arco aos que lles avanzou que a administración local seguirá aSeguir lendo “Lara Méndez apoia o movemento ‘Coidemos Lugo’”
O proxecto Guido Guía, nos ollos de Lecer Audiovisual
Xuntos somos máis fortes, Lugo ❤️ Pequeno gran traballo do proxecto lucense Lecer Audiovisual 🎥 presentando o proxecto lucense Guido Guía 🧭 Grazas ós novos autónomos Christian Lens (21 anos) e Pablo Feijoó (34) por mirarme sempre con tan bos ollos. Animádevos a seguilos e a contar con eles para sacarlle partido audiovisual ás vosasSeguir lendo “O proxecto Guido Guía, nos ollos de Lecer Audiovisual”
Inesquecible fin de verán: #RedescubrindoMuras con Guido Guía e O Freixo dos Lobos
Chegou #RedescubrindoMuras, capítulo III do programa de xornadas viaxeiras #RedescubrindoLugo ❤️ Un día incrible entre a Chaira e o Xistral coa colaboración de Pedro Rolle O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza e o inestimable apoio do Concello de Muras! Grazas a todos os amigos do mundo que nos acompañaron! 🌏✨
Guido Guía no Luar (Televisión de Galicia)
Esta semana recibín con emoción unha chamada e convite do Luar para ser entrevistado onte venres. Que momento para min! Poder falar de Lugo e do meu traballo nun programa da Televisión de Galicia con tanta historia. Infinitas grazas a Xosé Ramón Gayoso por contar conmigo no #Luar1230 💙
Quinta e última #AndainaPolaSostibilidade deste verán con Guido Guía e Xuventude de Lugo
Remata estes días o verán, e hoxe rematamos as #AndainasPolaSostibilidade guiadas para Xuventude de Lugo 🙂 Día Mundial da Limpeza, paseamos polo Carme e pola contorna do Miño concienciándonos da importancia de coidar o noso planeta! 🌎💚 Grazas por unha compañía de 10 puntos! 😍
Sexto e último #PaseoÓSolpor deste verán con Guido Guía: homenaxe ó barrio de Recatelo
Último dos #PaseosÓSolpor ☀️ deste verán ❤ Grazas Cultura e Turismo de Lugo por contar conmigo, e a todos vós por acompañarme!! Fin do programa no bimilenario barrio de Recatelo!
Comezan con forza os paseos guiados de Guido Guía, por barrios históricos de Lugo, para Lucus in Vino Veritas
Primeiro paseo para o evento enolóxico 🍇🍷 Lucus In Vino Veritas que terá lugar en Lugo ata o 3 de outubro. Paseo polo barrio da Ponte ❤ e agora cata con Sonia Molero na Catedral!
Paseos con Paulo Fabio Máximo e Güidox no Arde Lucus Cultural
Hoxe o Concello de Lugo anunciou as actividades do Arde Lucus Cultural, que se desenvolverá dende este sábado ata decembro. Unha delas: “Paseos con Paulo Fabio Máximo e Güidox” 🙂 Ilusionadísimo, e agardando que os desfrutedes. Grazas ó querido Carlos Núñez Le Vieux por poñerme o meu apodo de época! Nesta edición contaremos cos paseos por Lugo con Paulo Fabio MáximoSeguir lendo “Paseos con Paulo Fabio Máximo e Güidox no Arde Lucus Cultural”
“Viaxar na nosa cidade” con Guido Guía e a UNED Lugo
Artigo publicado en VivaLugo o 16 de setembro do 2020 O guía e dinamizador cultural lucense Guido Álvarez formará parte do proxecto “Naturalmente” da UNED Lugo dentro do seu compromiso decidido coa sostibilidade e seguirá avanzando nos seus obxetivos de sensibilización ambiental e posta en valor do patrimonio natural e a loita fronte ao cambio climático alineado coa Axenda2030.Seguir lendo ““Viaxar na nosa cidade” con Guido Guía e a UNED Lugo”
Inicio de colaboración de Guido Guía coa UNED, impartindo cursos e actividades ó aire libre
Un dos días máis importantes da miña vida, na miña última xornada con 34 anos de idade 🙂 Hoxe anunciamos colaboración do proxecto Guido Guía coa Uned Lugo ❤️… a universidade do estado con máis alumnos! Impartirei varios cursos ó aire libre para a UNED Senior, colaborarei no proxecto NaturalMente… e varios asuntos máis durante o curso académico 2020/2021 ✨ Non podo estarSeguir lendo “Inicio de colaboración de Guido Guía coa UNED, impartindo cursos e actividades ó aire libre”
#OLugoMenosCoñecido pecha o seu 1º ano de historia co seu paseo máis longo: #OAnelVerde
Hoxe xuntouse todo ❤️ Último #OLugoMenosCoñecido do seu primeiro ano de historia ❤️ O paseo guiado máis longo que fixen en Lugo nestes 5 anos (21,08 km) 💪 Amigos de sempre. Amigos do mundo 🇦🇷🇨🇴🇮🇪 Amigos desprazados dende A Coruña, Castroverde e A Estrada… Segunda edición #OAnelVerde 💍💚 sen palabras! Grazas a todos ✨
