Hoxe vivín outra preciosa experiencia que me fixo moitísima ilusión. Por vez primeira fun darlle unha charla ós alumnos do Máster en Dirección de Actividades Educativas en la naturaleza – DAEN do Campus Terra USC. Unha fermosa e interesante titulación da nosa universidade dirixida por Eugenio Otero Urtaza (grazas por convidarme!) e da cal moitos estudantes teñen vido ás miñasSeguir lendo “Charla sobre o proxecto Guido Guía no máster DAEN do Campus Terra USC”
Arquivos de autor:guidoalvarezparga
Un gran paseo de encontro entre a sociedade lucense e a comunidade universitaria: 1 de marzo!
Estamos convencidos do interesante que é o achegamento entre a sociedade e a comunidade universitaria. Por iso, entre Guido Guía e a Asemblea de Humanidades Lugo, decidimos organizar para este 1 de marzo un evento gratuíto sen precedentes na nosa cidade. Un gran paseo de encontro entre lucenses, residentes, comunidade universitaria, e toda persoa interesadaSeguir lendo “Un gran paseo de encontro entre a sociedade lucense e a comunidade universitaria: 1 de marzo!”
#LugoPatrimonioMundial: tendencia europea nas redes o 13 de febreiro do 2020!
Dez da noite. Quedan 2 horas de día, pero xa podemos dicir que #LugoPatrimonioMundial foi unha das tendencias a nivel europeo o 13 de febreiro do 2020 segundo Trendsmap. Un ano despois a emoción segue sendo xigante… o que podemos facer cando estamos unidos neste recuncho do mapa! Grazas a todos! ❤️
Aniversario do hashtag #LugoPatrimonioMundial, consigna para reivindicar o patrimonio lucense
Hai un ano ocorréuseme crear un hashtag para apoiar a candidatura de Lugo a cidade Patrimonio Mundial. Celebridades, políticos de todas as cores, e decenas de miles de amantes de Lugo o utilizaron. Novo obxectivo: #LugoPatrimonioMundial trending topic mundial o 13 de febreiro! ❤️ Como conseguilo? Publicando fotos e vídeos de Lugo e utilizando o hashtag ó longo doSeguir lendo “Aniversario do hashtag #LugoPatrimonioMundial, consigna para reivindicar o patrimonio lucense”
Les élèves du Lycée Saint-Sauveur découvrent le Lugo bi-millénaire avec Guido Guía
Aujourd’hui, j’ai passé une belle matinée à Lugo à guider les élèves et les enseignants du Lycée Saint-Sauveur de Redon (Bretagne) autour de la ville. C’est toujours joli d’enseigner le Lugo à nos frères atlantiques et celtiques! Bonne chance, les amis … kenavo ar wech all! ❤️
O 22 de febreiro #OLugoMenosCoñecido adicaralle o seu capítulo XVIII ós amigos alados
En Lugo temos a gran fortuna de vivir na única capital ibérica que se atopa dentro dunha Reserva da Biosfera 🍃💧 e consecuentemente a gran sorte de vivir en compañía de grandes amigos. Uns deles son os amigos alados, ós que o sábado 22 de febreiro queremos facerlles dende #OLugoMenosCoñecido unha bonita homenaxe 🐦🦅❤Seguir lendo “O 22 de febreiro #OLugoMenosCoñecido adicaralle o seu capítulo XVIII ós amigos alados”
#OLugoMenosCoñecido, un proxecto que medra entre orgullo lucense e ambiente internacional
É moi emocionante ver como se vai consolidando o proxecto de paseos guiados #OLugoMenosCoñecido, e sobre todo ver que se están a cumprir os que eran os meus desexos e soños cando lanzamos a iniciativa. Comezamos nos últimos meses do 2019 cun ambiente moi moi lucense (calculo que un 80% das persoas que viñan ósSeguir lendo “#OLugoMenosCoñecido, un proxecto que medra entre orgullo lucense e ambiente internacional”
#LugoFotográfico, un capítulo máxico do proxecto #OLugoMenosCoñecido
Sen palabras unha vez máis #OLugoMenosCoñecido ❤️ Hoxe 55 persoas de 13 nacionalidades 🇩🇿🇦🇷🇧🇪🇧🇷🇨🇺🇮🇪🇻🇪🇺🇾🇮🇳🇭🇳🇲🇽🇺🇸 e 4 continentes (África, América, Asia, Europa), entre eles moita xente desprazada dende distintos puntos da xeografía galega, e por suposto moitos lucenses neste capítulo XVII titulado #LugoFotográfico 📷 Infinitas grazas Hugo Fernández Balseiro pola túa colaboración… que grande! As mellores fotos chegarán estes días, entre o concurso e todo oSeguir lendo “#LugoFotográfico, un capítulo máxico do proxecto #OLugoMenosCoñecido”
Guido Guía na TVG: o incremento dos visitantes na cidade e na provincia de Lugo
Onte fun entrevistado pola Televisión de Galicia para o Telexornal Serán. O motivo, as estatísticas que evidencian o incremento do nº de visitantes na cidade e na provincia de Lugo. Comparto o pequeno fragmento e tamén o texto redactado pola TVG na súa web! 🙂 Moi agradecido! O xeodestino galego cunha mellor evolución en 2019Seguir lendo “Guido Guía na TVG: o incremento dos visitantes na cidade e na provincia de Lugo”
17 nacionalidades descubren #OLugoMenosCoñecido de Guido Guía no especial #BenvidosErasmus
Van moitos anos de paseos guiados en Lugo, pero nunca tantas nacionalidades xuntamos á vez! Nada menos que 17 🇦🇷🇧🇴🇧🇷🇨🇴🇨🇷🇨🇾🇬🇷🇭🇳🇮🇳🇮🇹🇮🇪🇳🇱🇲🇽🇺🇸🇻🇪🇦🇪 contando entre eles con amigos que viñeron dende Narón, A Estrada, Lourenzá, Sarria, Folgoso do Courel, distintos barrios lucenses… impresionante! Moitísimas grazas por acompañarnos nesta aventura que non para! #OLugoMenosCoñecido #BenvidosErasmus ❤️
Estudantes Erasmus dunha vintena de países descubrirán #OLugoMenosCoñecido
Artigo no Lugo Xornal, publicado o 1 de febreiro do 2020 A vindeira semana comeza o segundo período lectivo do curso 2019/2020 no Campus de Lugo da USC. Canda el, chegan ducias de estudantes internacionais á cidade das murallas, que serán recibidos cun paseo guiado por #OLugoMenosCoñecido este domingo 2 de febreiro. Guido Guía lanza así unha nova edición dos seus exitosos paseos polaSeguir lendo “Estudantes Erasmus dunha vintena de países descubrirán #OLugoMenosCoñecido”
Guido Guía alcanza 5000 seguidores en 5 meses, e programa un 2020 moi lucense
Difícil atopar as palabras para agradecervos tanto apoio e compañía. En cinco meses xa somos cinco mil… nada menos que mil por mes! Un Pazo dos Deportes case a rebentar de bos amigos e compañeiros de viaxe ❤️ Grazas de corazón… sigamos descubrindo xuntos Lugo e o mundo! 🙂 Vémonos este domingo ás 16h00 no Parque Rosalía ✨
Guido Guía lanza un paseo especial #OLugoMenosCoñecido polas festas de San Lázaro (28-M)
Hai pouco tempo os amigos da asociación “Unidos polo Camiño” do barrio da Ponte puxéronse en contacto conmigo sabendo do meu amor por un barrio que, aínda que non é o meu, anda cerca 🙂 De momento lanzamos esta idea para o 28 de marzo: un capítulo especial dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido adicado a un barrio histórico de Lugo…Seguir lendo “Guido Guía lanza un paseo especial #OLugoMenosCoñecido polas festas de San Lázaro (28-M)”
Dende hoxe a web “Ocio en Galicia” compartirá información sobre os paseos de Guido Guía
Dende hoxe sumamos unha nova canle de difusión para os paseos de Guido Guía e sobre todo do proxecto #OLugoMenosCoñecido. Ás xa habituais durante estes meses (VivaLugo, Televisión de Galicia, Galicia Confidencial, Nós Diario, Lugo Xornal, Tic – Servizo de Audiovisuais, Cope Lugo, Radio Voz, Radio Galega, La Voz de Galicia, Onda Cero Lugo, Ràdio Sant Boi, Radio Lugo Cadena SER… súmase agora Ocio en Galicia! Moitísimas grazas ❤️
Este domingo locais, visitantes, e Erasmus de todo o mundo descubrirán xuntos #OLugoMenosCoñecido
O próximo domingo 2 de febreiro novos estudantes Erasmus de Lugo e de todas as universidades galegas virán a descubrir #OLugoMenosCoñecido. Un evento aberto a lucenses, residentes na cidade e calquer persoa do mundo que queira desfrutar paseando por Lugo nun ambiente internacional, dándolle a benvida a estes novos embaixadores de Lugo no mundo 🙂 MáisSeguir lendo “Este domingo locais, visitantes, e Erasmus de todo o mundo descubrirán xuntos #OLugoMenosCoñecido”
6 países e 3 continentes descubren en Lugo #OPrimeiroCamiño con Guido Guía
Esta tarde foi tempo do capítulo XVI dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido 🙂 Amigos de Irlanda 🇮🇪 Uruguai 🇺🇾 Reino Unido 🇬🇧 Arxentina 🇦🇷 India 🇮🇳… de varias localidades galegas (Vilalba, Santiago, Ourense, A Coruña, Outeiro de Rei, Ferrol) e por suposto lucenses acompañáronnos percorrendo #OPrimeiroCamiño, o que Alfonso II fixo alá polo século IX… moitas grazas a todos por unha finde incrible!! ❤️
O 9-F #OLugoMenosCoñecido terá como convidado ó fotógrafo profesional Hugo Fernández Balseiro
Lugo é unha cidade marabillosa para os amantes da fotografía ❤ por iso, dende #OLugoMenosCoñecido, imos adicarlle o capítulo XVII desta saga 🙂 Será o 9 de febreiro e contaremos cun convidado moi especial: o fotógrafo profesional e profesor na Fundación TIC Hugo Fernández Balseiro. Botádelle un ollo á súa obra en redes ou áSeguir lendo “O 9-F #OLugoMenosCoñecido terá como convidado ó fotógrafo profesional Hugo Fernández Balseiro”
O 2 de febreiro Guido Guía organiza un paseo #OLugoMenosCoñecido para recibir ós novos Erasmus
A semana que ven comeza o segundo período lectivo do curso 2019/2020 no Campus Terra USC, e con elo a chegada de ducias de estudantes internacionais a Lugo. Dende Guido Guía lanzamos un paseo especial #OLugoMenosCoñecido para recibilos na nosa cidade (a metade de prezo para estudantes de todo tipo) pero totalmente aberto a todoSeguir lendo “O 2 de febreiro Guido Guía organiza un paseo #OLugoMenosCoñecido para recibir ós novos Erasmus”
O rei Alfonso II e #OLugoMenosCoñecido, un paseo guiado polo Primeiro Camiño de Santiago
Unha das grandes marabillas de Lugo é o contar con sendeiros milenarios, bimilenarios, e máis que bimilenarios… un deles é nada menos que o primeiro Camiño de Santiago da historia. O que fixo o rei Alfonso II no século IX… O próximo domingo 26 de xaneiro descubriremos xuntos #OPrimeiroCamiño 💙 Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedesSeguir lendo “O rei Alfonso II e #OLugoMenosCoñecido, un paseo guiado polo Primeiro Camiño de Santiago”
Medio centenar de persoas de Lugo e do mundo descubren #OBosqueSagrado con Guido Guía
Emocionado unha semana máis ca acollida dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido ❤️ Hoxe foi o turno do capítulo XV #OBosqueSagrado e nos acompañaron a través da historia e da natureza da cidade nada menos que 55 persoas de toda a xeografía galega, de varios países 🇦🇷🇧🇷🇬🇧🇯🇲🇮🇪 e por suposto moitos compatriotas lucenses 🙂
