E aquí temos, xa en boa calidade, o programa #FunPoloAire (especial San Froilán) emitido o pasado venres na Televisión de Galicia… de novo grazas Noa García e TVG por convidarnos a ensinar #OLugoMenosCoñecido e #LugoPatrimonioMundial! 💙
Arquivo de categoría:Guido Guía
Guido Guía no “Vivir Aquí” Detrás do San Froilán (TVG)
Non teño palabras para agradecerlle á Televisión de Galicia TVG a visibilidade que me deu estes días en varios dos seus programas especiais de San Froilán. Nivelazo, calidade, Mayte Cabezas Amigo e Vivir Aquí! Grazas por recordos para toda a vida 💙💙💙 #OLugoMenosCoñecido #LugoPatrimonioMundial
Un paseo para o recordo, celebrando 8 fermosos meses de #LugoPatrimonioMundial
Hai pouco vivira algúns dos días máis emocionantes da miña vida profesional, pero o de onte superou todo. Non teño palabras, só dicir que foi fermoso xuntar por #LugoPatrimonioMundial a algunhas das persoas máis bonitas que coñezo. Grazas de corazón e seguimos adiante ❤️ P.D. Grazas por estas fotos extraordinarias que mirarei sempre nos días malos da vida
Visita guiada por Lugo para estudantes de medio mundo no Welcome Day do Campus Terra
Moitísimas grazas ó Campus Terra USC por contar conmigo, por terceiro ano consecutivo, para ensinarlle Lugo ós estudantes internacionais recén chegados á cidade. Keep in touch, guys! ❤️ #WelcomeDay 🌎
Entrevista en Cope Lugo sobre a historia do movemento social #LugoPatrimonioMundial
Aquí está a entrevista de hoxe con Carmen Hermida en Cope Lugo! Moi agradecido de poder contar a historia do movemento social #LugoPatrimonioMundial! Oito meses inesquecibles que festexaremos hoxe cun paseo, ás 20h, dende o Parque Rosalía ❤
#OLugoMenosCoñecido segue enchendo corredoiras e cítase de novo para o 5 de outubro
Inmensamente emocionado tralo segundo capítulo dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido ❤️ Onte acompañáronnos na aventura amigos de Letonia, Alemaña, Inglaterra, Irlanda, Colombia, Suiza… achegáronse ata Lugo persoas da Estrada, A Coruña, Antas de Ulla, Meira, Viveiro… impresionante! Tivemos que subir as prazas a 70 por aclamación popular 🙂 Un paseo para o recordo polo Parque Rosalía, ParqueSeguir lendo “#OLugoMenosCoñecido segue enchendo corredoiras e cítase de novo para o 5 de outubro”
Paseo con Guido Guía para reivindicar #LugoPatrimonioMundial nos albores do San Froilán
Despois de lanzar a principios deste ano a campaña #LugoPatrimonioMundial en apoio á eventual candidatura da cidade a converter a totalidade do centro histórico -e parte da contorna- en Patrimonio da Humanidade UNESCO, e ca fin de darlle entre todos visibilidade na rede ós motivos (lugares e belezas) para conseguilo, o vindeiro xoves 3 de outubro damos unSeguir lendo “Paseo con Guido Guía para reivindicar #LugoPatrimonioMundial nos albores do San Froilán”
Participación de Guido Guía nunha mesa redonda do COAG Lugo
Artigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG Lugo) No marco do convenio subscrito entre IGVS, COAG e a USC para a elaboración do plan de dinamización das áreas Rexurbe, o COAG celebrará nas próximas semanas un ciclo de mesas redondas que teñen por obxecto expor e analizar diferentes aspectos relacionados con actuacións deSeguir lendo “Participación de Guido Guía nunha mesa redonda do COAG Lugo”
O sexto paseo guiado #OLugoMenosCoñecido, adicado á biodiversidade
Cas inscricións dos cinco primeiros paseos en bo ritmo, chegou a hora de poñer en valor unha das maiores riquezas da cidade de Lugo: o feito de ser a única capital ibérica ubicada nunha Reserva da Biosfera UNESCO. Novamente apoiados pola Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego, lanzamos este VI Paseo guiado polo Lugo menos coñecidoSeguir lendo “O sexto paseo guiado #OLugoMenosCoñecido, adicado á biodiversidade”
O Regueiro das Hortas, Lugo, e Guido Guía, nun especial que a TVG emitirá no mes de outubro
De novo sentíndome afortunado pola atención dos medios ó proxecto Guido Guía ❤️ Hoxe gravando por Lugo un programa especial da TVG que será emitido no mes de outubro! Moitísimas grazas 📺🎙📡
Primo gruppo in italiano a visitare con Guido Guia la Cattedrale di Lugo
Molto felice dopo il mio primo tour guidato dedicato esclusivamente alla Cattedrale di Lugo… e in italiano! Un bellissimo gruppo, venerdì scorso, di pellegrini di Mantova… l’Italia è sempre nel mio cuore! Grazie mille, amici, per questa bella esperienza ❤️ Moitas grazas artiSplendore polo soporte técnico!
The fifth walk through the #LesserKnownLugo will be the first in English
After four guided walks through the lesser-known Lugo, it’s time to organize the first promenade in English! Designed for all English speakers who want to discover a different Lugo, not as present in the classic guided tours. Always supported by: Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego ❤ If you want to register or have moreSeguir lendo “The fifth walk through the #LesserKnownLugo will be the first in English”
A arte urbana lucense será a protagonista do IV paseo guiado #OLugoMenosCoñecido
Cun cheo no primeiro, e cun segundo e terceiro a punto de esgotar prazas, lanzamos o IV Paseo guiado polo Lugo menos coñecido (Arte Urbana). Un capítulo adicado á florecente e marabillosa creatividade nas rúas lucenses! Novamente apoiados pola Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego ❤ Se queres inscribirte ou informarte, podes facelo a través do correoSeguir lendo “A arte urbana lucense será a protagonista do IV paseo guiado #OLugoMenosCoñecido”
Guido Guía e #OLugoMenosCoñecido, este xoves en Radio Sant Boi
Moltes gràcies a Armando Fernández per la invitació a Ràdio Sant Boi, i per donar-nos l’oportunitat de donar a conèixer a Catalunya el projecte Guido Guía i les passejades per #ElLugoMenysConegut! #OLugoMenosCoñecido! ❤️ Ens escoltem aquest dijous! 📟📢
#OLugoMenosCoñecido: unha gran iniciativa turística para coñecer o Lugo oculto
Reportaxe no Lugo Xornal, publicada o 15 de setembro do 2019 Prazas esgotadas en 24 horas e unha gran repercusión nas redes no arranque dunha iniciativa turística de Guido Guía. Hai menos dun mes que o guía Guido Álvarez Parga lanzou o seu primeiro proxecto turístico independente, e de momento estase a converter nunha verdadeiraSeguir lendo “#OLugoMenosCoñecido: unha gran iniciativa turística para coñecer o Lugo oculto”
Visitas guiadas á Catedral de Lugo con Guido Guía
Moi agradecido á querida Catedral de Santa María de Lugo e a artiSplendore por facilitarme todo o material técnico co que familiarizarme de cara ás visitas, que a partir agora farei dende o proxecto Guido Guía, polo interior dun monumento e templo Patrimonio da Humanidade UNESCO. Nos vindeiros días a primeira, cun grupo de 20 peregrinos italianos! ❤️ #LugoPatrimonioMundial
Guido Guía e os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido, en Radio Voz
Unha das mellores cousas que me pasan na vida é ter a sorte de que os medios de comunicación, en xeral, se interesen polos meus proxectos. Hoxe foi tempo de Radio Voz con Félix Jorquera… grazas por darme a oportunidade de presentar os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido que comezan este sábado! Premede no play para escoitar a entrevista e saberSeguir lendo “Guido Guía e os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido, en Radio Voz”
Debate local “Turismo en Lugo este verán” na Radio Galega
Onte estivemos na Radio Galega, no programa Galicia por diante, conversando sobre o Turismo en Lugo este verán. Participamos Maite Ferreiro (Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua), Paloma Vázquez (Xefa da área provincial de Turismo da Xunta de Galicia), Jacobo García-Bobadilla (Secretario da Asociación Provincial de Hostelería) e Guido Álvarez Parga (Guía OficialSeguir lendo “Debate local “Turismo en Lugo este verán” na Radio Galega”
O capítulo III dos paseos #OLugoMenosCoñecido chegará o día de San Froilán
Cun cheo en 24 horas para o primeiro paseo polo Lugo menos coñecido, e cun segundo a piques de esgotar prazas, lanzamos xa (co apoio da Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego) o terceiro capítulo para o sábado 5 de outubro, día grande de Lugo… contamos contigo para o Paseo guiado polo Lugo menos coñecidoSeguir lendo “O capítulo III dos paseos #OLugoMenosCoñecido chegará o día de San Froilán”
Data confirmada para o 2º paseo guiado polo Lugo menos coñecido: solpor do 28 de setembro
Ante o enorme éxito do primeiro Paseo guiado polo Lugo menos coñecido (60 prazas esgotadas en 24 horas) lanzamos xa (co apoio da Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego) o segundo capítulo para o sábado 28 de setembro… contamos contigo para o Paseo guiado polo Lugo menos coñecido (capítulo II: solpor)! Se queres inscribirte ou informarte podesSeguir lendo “Data confirmada para o 2º paseo guiado polo Lugo menos coñecido: solpor do 28 de setembro”
