Reportaxe no Lugo Xornal, publicada o 31 de agosto do 2019 Trátase dunha iniciativa de Guido Guía prevista para o 14 de setembro. Nela levará os asistentes polos recunchos máis sorprendentes da cidade. As sesenta prazas ofertadas esgotáronse en tan só 24 horas. O guía de turismo Guido Álvarez (Guido Guía) anunciou hai uns días o primeiro paseoSeguir lendo “Unha visita guiada polo ‘Lugo menos coñecido’ esperta un grande interese no público”
Arquivo de categoría:Guido Guía
Primeira visita guiada personalizada como autónomo de Guido Guía
Moi feliz trala miña primeira visita guiada personalizada como autónomo, e do proxecto Guido Guía 🙂 Moitísimas grazas a Isabel Pérez, Jose Antonio, Santi e Álvaro pola vosa confianza! 👣🍃#LugoPatrimonioMundial
Entrevista na Radio Galega: Guido Guía e o paseo polo Lugo menos coñecido (14-S)
Esta mañá no mesmísimo Parque Rosalía entrevistoume Cristina Lombao para a Radio Galega. Algo máis de dez minutos de entrevista sobre o proxecto Guido Guía e o paseo #OLugoMenosCoñecido do vindeiro 14 de setembro. Moitísimas grazas a ela, á emisora e ó programa Galicia por diante!! 📻💙
Paseo guiado polo Lugo menos coñecido: sábado 14 de setembro
O vindeiro 14 de setembro (sábado) tes a oportunidade de descubrir un Lugo menos coñecido. Co apoio da Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego organizamos un paseo guiado moi especial e novidoso na cidade. Se queres inscribirte ou informarte podes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com, o prezo deste primeiro capítulo é deSeguir lendo “Paseo guiado polo Lugo menos coñecido: sábado 14 de setembro”
Dende hoxe xa é posible concertar visitas particulares con Guido Guía
As persoas que me seguides xa sabedes que nestes últimos días lancei nas redes a miña marca persoal como guía turístico e o meu primeiro proxecto profesional independente: Guido Guía. Despois de quince anos no mundo do turismo e catro como Guía Oficial de Galicia traballando para distintas axencias e empresas do sector, din esteSeguir lendo “Dende hoxe xa é posible concertar visitas particulares con Guido Guía”
Reportaxe de Guido Guía para a Fundación TIC, milleiros de visitas en só 24 horas
Este mércores 21 de agosto os amigos da Fundación TIC fixéronme unha reportaxe marabillosa, que xa coloco entre as mellores da miña vida ou probablemente incluso a máis especial de todas. Por qué? Porque é a primeira gran reportaxe do meu primeiro proxecto profesional independente: Guido Guía! Pasamos esa mañá percorrendo partes do casco históricoSeguir lendo “Reportaxe de Guido Guía para a Fundación TIC, milleiros de visitas en só 24 horas”
Cando os partidos do CD Lugo se converten nunha ocasión para dar a coñecer a cidade
Entrevista de Silvia López para Lugo Xornal, publicada o 19 de agosto do 2019 A Federación de Peñas do CD Lugo, coa colaboración de Guido Álvarez, puxo en marcha unha experiencia piloto: ofrecer visitas guiadas ás afeccións rivais que se despracen ata o Anxo Carro. Buscan apoio institucional para estender o proxecto a máis clubsSeguir lendo “Cando os partidos do CD Lugo se converten nunha ocasión para dar a coñecer a cidade”
A afección do Extremadura coñece Lugo a través dunha experiencia piloto
Artigo publicado no diario El Progreso de Lugo O proxecto planea visitas guiadas para os hinchas que se despracen co seu equipo Os afeccionados do Extremadura UD foron os primeiros en gozar dunha visita guiada por Lugo grazas a unha “experiencia piloto” que pretende mostrarlle ós hinchas dos clubs que viaxen ao Anxo Carro osSeguir lendo “A afección do Extremadura coñece Lugo a través dunha experiencia piloto”
Experiencia piloto con Guido Guía en busca de apoio institucional: visitas guiadas ás afeccións deportivas visitantes en Lugo
Hoxe, xunto coa Federación de Peñas do CD Lugo, fixemos unha experiencia piloto do que pode ser un gran proxecto turístico para a cidade de Lugo e tamén para outras localidades interesadas en experimentalo: visitas guiadas á cidade para as afeccións visitantes que veñan ver ós seus equipos contra as escuadras lucenses: C.D. Lugo, Breogán,Seguir lendo “Experiencia piloto con Guido Guía en busca de apoio institucional: visitas guiadas ás afeccións deportivas visitantes en Lugo”
Entrevista no diario El Progreso pola estrea do proxecto Guido Guía
Guido Álvarez: Guía que creou a páxina Guido Guía en Facebook para potenciar a súa marca persoal “En Guido Guía compartirei cousas sobre Lugo e Galicia” Por María Orge Canto tempo levas exercendo de guía? Son guía oficial dende hai catro anos. Por que decidiu crear este proxecto persoal na rede social Facebook? Porque levoSeguir lendo “Entrevista no diario El Progreso pola estrea do proxecto Guido Guía”
Guido Guía: visitas guiadas en Lugo, en Galicia, e no mundo
Quen me coñece sabe que levo varios meses traballando en varios proxectos profesionais novos, e onte martes anunciei en facebook o que de entre todos me fai máis ilusión: a decisión de comezar a desenvolver, dende xa, a miña marca persoal como guía turístico en Lugo, Galicia e no mundo. Levo xa case quince anosSeguir lendo “Guido Guía: visitas guiadas en Lugo, en Galicia, e no mundo”
