O proxecto #RedescubrindoLugo na Televisión de Galicia

Onte a Televisión de Galicia 📺 e G24noticias viñeron ata o meu barrio do Carme para entrevistarme polo proxecto #RedescubrindoLugo, co que viaxaremos pola provincia de Lugo todo este 2020. Infinitamente agradecido á nosa tele por valorar sempre o meu traballo, e especialmente dende que son autónomo! Un empuxe que agradezo de corazón 💙 Grazas ós meus colaboradores neste proxecto: O Freixo DosSeguir lendo “O proxecto #RedescubrindoLugo na Televisión de Galicia”

«O futuro de Lugo está nas nosas mans» Reportaxe en La Voz de Galicia

Reportaxe publicada no diario La Voz de Galicia o 26 de abril do 2020 Destacados lucenses de diferentes ámbitos sociales analizan las incertidumbres y las oportunidades que se abrirán tras la crisis SUSO VARELA Lugo tiene oportunidades en medio de tantas dificultades. Esta idea la transmiten algunos destacados lucenses que desde diferentes ámbitos sociales de la ciudadSeguir lendo “«O futuro de Lugo está nas nosas mans» Reportaxe en La Voz de Galicia”

Cal é o teu lugar favorito de Lugo? (Reportaxe La Voz de Galicia)

Reportaxe publicada no diario La Voz de Galicia o 7 de abril do 2020 O guía de turismo Guido Álvarez iniciou en redes un movemento a través dun hashtag para coñecer os sitios predilectos dos lucenses MARÍA GUNTÍN Guido Álvarez é un lucense que hai uns días espertou un movemento social na cidade baixo oSeguir lendo “Cal é o teu lugar favorito de Lugo? (Reportaxe La Voz de Galicia)”

Entrevista Guido Guía e #OLugoMenosCoñecido en Radio Lugo Cadena SER

Onte venres recibín o convite de Juan Carlos Rodríguez e de Radio Lugo Cadena SER para falar sobre os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido, sobre o proxecto Guido Guía e especialmente sobre o Paseo de encontro entre a sociedade lucense e a c. universitaria deste domingo con Asemblea de Humanidades Lugo, Campus Terra USC e Universidade de Santiago de Compostela. Agardo que vos guste!!! E grazas unha vezSeguir lendo “Entrevista Guido Guía e #OLugoMenosCoñecido en Radio Lugo Cadena SER”

Guido Guía en Radio Sant Boi presentando #OLugoMenosCoñecido

Para os que non puidéchedes escoitalo o xoves en directo, aquí tedes a entrevista-conversa con Armando Fernandez e Xulio Couxil en Galegos no Baix (Ràdio Sant Boi). Moi emocionante falar por segunda vez con eles, e por primeira vez en persoa! Grazas por permitirme dar a coñecer o proxecto Guido Guía e os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido en Catalunya!

Entrevista en Radio Voz Lugo polo capítulo #LaNuit de #OLugoMenosCoñecido

Moitas grazas a Félix Jorquera e a Radio Voz por interesarvos unha vez máis polos meus paseos guiados #OLugoMenosCoñecido ❤️ De paso un novo agradecemento a todos os medios (TVG, Radio Galega, Cope Lugo, Onda Cero Lugo, Radio Lugo Cadena SER, Lugo Xornal, VivaLugo, Ràdio Sant Boi, Tic – Servizo de Audiovisuais) que estades mostrando tanto interese polo meu proxecto e axudando a difundilo!

O proxecto Guido Guía: entrevista en Radio Lugo Cadena SER (Hoy por Hoy)

Este venres foi outro día moi especial por moitas razóns! Unha delas o convite de Juan Carlos Rodriguez e Radio Lugo Cadena SER a falar no #HoyPorHoy que transmitiron en directo dende a rúa San Marcos. Falamos de turismo, de deporte, do proxecto Guido Guía, dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido… moitas grazas polo precioso rato! 📻🎙❤️

Entrevista a Guido Guía en Radio Sant Boi (con Armando Fernández e Xulio Couxil)

Onte foi un día especial. Entrevistáronme por vez primeira para Ràdio Sant Boi (no programa Galegos no Baix) dúas persoas célebres no mundo da comunicación: Xulio Couxil e Armando Fernandez, este último o primeiro locutor en galego na radio catalana. Unha longa e divertida entrevista que posiblemente teña continuidade… Moltes gràcies, benvolguts amics! 📟🎙🙂

Guido Guía e os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido, en Radio Voz

Unha das mellores cousas que me pasan na vida é ter a sorte de que os medios de comunicación, en xeral, se interesen polos meus proxectos. Hoxe foi tempo de Radio Voz con Félix Jorquera… grazas por darme a oportunidade de presentar os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido que comezan este sábado! Premede no play para escoitar a entrevista e saberSeguir lendo “Guido Guía e os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido, en Radio Voz”

Entrevista na Radio Galega: Guido Guía e o paseo polo Lugo menos coñecido (14-S)

Esta mañá no mesmísimo Parque Rosalía entrevistoume Cristina Lombao para a Radio Galega. Algo máis de dez minutos de entrevista sobre o proxecto Guido Guía e o paseo #OLugoMenosCoñecido do vindeiro 14 de setembro. Moitísimas grazas a ela, á emisora e ó programa Galicia por diante!! 📻💙

Reportaxe de Guido Guía para a Fundación TIC, milleiros de visitas en só 24 horas

Este mércores 21 de agosto os amigos da Fundación TIC fixéronme unha reportaxe marabillosa, que xa coloco entre as mellores da miña vida ou probablemente incluso a máis especial de todas. Por qué? Porque é a primeira gran reportaxe do meu primeiro proxecto profesional independente: Guido Guía! Pasamos esa mañá percorrendo partes do casco históricoSeguir lendo “Reportaxe de Guido Guía para a Fundación TIC, milleiros de visitas en só 24 horas”

Cando os partidos do CD Lugo se converten nunha ocasión para dar a coñecer a cidade

Entrevista de Silvia López para Lugo Xornal, publicada o 19 de agosto do 2019 A Federación de Peñas do CD Lugo, coa colaboración de Guido Álvarez, puxo en marcha unha experiencia piloto: ofrecer visitas guiadas ás afeccións rivais que se despracen ata o Anxo Carro. Buscan apoio institucional para estender o proxecto a máis clubsSeguir lendo “Cando os partidos do CD Lugo se converten nunha ocasión para dar a coñecer a cidade”

Entrevista no diario El Progreso pola estrea do proxecto Guido Guía

Guido Álvarez: Guía que creou a páxina Guido Guía en Facebook para potenciar a súa marca persoal “En Guido Guía compartirei cousas sobre Lugo e Galicia” Por María Orge Canto tempo levas exercendo de guía? Son guía oficial dende hai catro anos. Por que decidiu crear este proxecto persoal na rede social Facebook? Porque levoSeguir lendo “Entrevista no diario El Progreso pola estrea do proxecto Guido Guía”