Moitas grazas a todos por outro día moi emocionante! Terceiro paseo de #ArteUrbana 🎨 dentro do proxecto #OLugoMenosCoñecido ❤️ Un pracer compartir paseo con amigos de Croacia 🇭🇷 Irlanda 🇮🇪 Arxentina 🇦🇷 Grecia 🇬🇷 Reino Unido 🇬🇧 Venezuela 🇻🇪… e tamén a todas as persoas que se desprazaron unha vez máis dende distintos puntos da nosa xeografía para visitarnos e pasar a finde en Lugo! Por suposto grazas a todos artistas lucensesSeguir lendo “25 persoas de Lugo e do mundo pasean pola arte urbana lucense con Guido Guía”
Arquivo de categoría:Guido Guía
O 7-M #OLugoMenosCoñecido paseará ó grande pola celebrada arte urbana lucense
Trala tremenda repercusión da última obra artística de Yoe 33 e Marcos #ConceptoCirco na rúa Bo Xesús, e trala enorme demanda de moitas persoas de toda Galicia nos últimos meses para que fagamos un novo paseo de #ArteUrbana lucense, lanzamos hai unhas semanas este gran paseo que terá lugar o vindeiro sábado 7 de marzo.Seguir lendo “O 7-M #OLugoMenosCoñecido paseará ó grande pola celebrada arte urbana lucense”
Unha radio lucense na metrópole barcelonesa
Reportaxe publicada no Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 25 de febreiro do 2020 Coñecín a Armando Fernández e a Xulio Couxil cando comecei a miña andaina como autónomo hai uns meses. O primeiro deles contactoume para facerme unha entrevista sobre o turismo de Lugo, e posteriormente conversei con eles na famosa Radio Sant Boi. UnhaSeguir lendo “Unha radio lucense na metrópole barcelonesa”
O 22 de marzo Guido Guía, Rioplatenses e 113+ buscarán reunir ás 113 nacionalidades lucenses
Despois do exitazo de onte unindo á sociedade lucense e á comunidade universitaria, non deixamos nin un intre de agarda para anunciar este outro gran evento de encontro… desta volta do #LugoMundial! 🌏 Conseguiremos compartir #OLugoMenosCoñecido cas 113 nacionalidades que se rexistran en Lugo? Bo momento para darlle visibilidade a este marabilloso proxecto #113Máis (apoiadoSeguir lendo “O 22 de marzo Guido Guía, Rioplatenses e 113+ buscarán reunir ás 113 nacionalidades lucenses”
100 persoas de 30 países descobren #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía e Asemblea de Humanidades
A previsión non fallou e onte foi o día máis fermoso da miña vida como profesional. Preto de 100 persoas 🚶♀️🚶♂️ de máis de 30 nacionalidades 🌏 e 4 continentes (África, América, Asia e Europa) desfrutamos coma nenos entre o paseo guiado #OLugoMenosCoñecido, a foliada 🥁, os petiscos 🥙 e a fermosa festa 🎉 organizada cos marabillosos amigos da Asemblea de Humanidades Lugo. Formidable e inesquecibleSeguir lendo “100 persoas de 30 países descobren #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía e Asemblea de Humanidades”
Unha de Romanos e Guido Guía anuncian colaboración para experiencias de inmersión histórica
Hoxe é o gran día para #OLugoMenosCoñecido, pero aínda con todo sempre hai tempo para anunciar máis proxectos xeniais que se van concretando estes días. É hora de anunciar esta marabillosa colaboración con Unha de Romanos ❤️ Dende hoxe en adiante se queredes facer inmersións históricas por Lugo (ou fóra de Lugo tamén!) con elas e con Guido Guía soSeguir lendo “Unha de Romanos e Guido Guía anuncian colaboración para experiencias de inmersión histórica”
Entrevista Guido Guía e #OLugoMenosCoñecido en Radio Lugo Cadena SER
Onte venres recibín o convite de Juan Carlos Rodríguez e de Radio Lugo Cadena SER para falar sobre os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido, sobre o proxecto Guido Guía e especialmente sobre o Paseo de encontro entre a sociedade lucense e a c. universitaria deste domingo con Asemblea de Humanidades Lugo, Campus Terra USC e Universidade de Santiago de Compostela. Agardo que vos guste!!! E grazas unha vezSeguir lendo “Entrevista Guido Guía e #OLugoMenosCoñecido en Radio Lugo Cadena SER”
4 entrevistas mundiais, preciosa reportaxe sobre #OLugoMenosCoñecido e Guido Guía
O pasado día 9, no capítulo XVII dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido, os queridos Hugo Fernández Balseiro e Iago Viana foron colaboradores da iniciativa nese exitoso (repetiremos pronto) #LugoFotográfico. Ademáis diso, fixeron unha reportaxe sobre o proxecto en xeral.. non teño palabras para agradecerlles estas entrevistas e estes recordos! Nitesh Seethala 🇮🇳 Saskia 🇧🇪 Ana Maria Bereciartua 🇦🇷 e Uxía 💙 Grazas de corazón a todos! E nos vemosSeguir lendo “4 entrevistas mundiais, preciosa reportaxe sobre #OLugoMenosCoñecido e Guido Guía”
O basket de rúa e o amateurismo serán homenaxeados con arte urbana na Pista Vermella
Artigo escrito para o Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 28 de febreiro do 2020 Esta semana lanzamos nas redes o hashtag #MuralPistaVermella e posteriormente #MuralCristinaSeijo na busca da homenaxe popular á gran historia do deporte lucense, ó amateurismo deportivo tan importante para a sociedade, e tamén ó basket de rúa Todo comezou, como tantasSeguir lendo “O basket de rúa e o amateurismo serán homenaxeados con arte urbana na Pista Vermella”
Máis de 150 persoas (e sumando) descubrirán este domingo #OLugoMenosCoñecido nun paseo histórico
A menos de 72 horas da tarde deste domingo, máis de 150 persoas confirmaron a súa asistencia ó paseo máis masivo do proxecto #OLugoMenosCoñecido. Un paseo organizado entre Guido Guía e a Asemblea de Humanidades, apoiado polo Campus Terra e a Universidade de Santiago, e co xeneroso xesto da asociación Cultura do País na cesiónSeguir lendo “Máis de 150 persoas (e sumando) descubrirán este domingo #OLugoMenosCoñecido nun paseo histórico”
Reportaxe sobre #OLugoMenosCoñecido e Guido Guía no diario El Progreso
Reportaxe do diario El Progreso de Lugo, publicada o 22 de febreiro do 2020 UN LUGO PARA LUCENSES Para celebrar o Día Internacional do Guía Turístico retamos a estes profesionais a sorprender os lugueses con recunchos de visita imprescindible na súa propia terra. Por Pilar Cheda ONTE celebrouse o Día Internacional do Guía Turístico eSeguir lendo “Reportaxe sobre #OLugoMenosCoñecido e Guido Guía no diario El Progreso”
Ás festas de San Lázaro da Ponte, con Elena
Artigo publicado no Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 25 de febreiro do 2020 A miña vinculación co barrio da Ponte é enorme: é o lugar onde vin o mundo por vez primeira (en Polusa), está a poucos metros do meu barrio (O Carme), pasei añares nel entre o Fluvial e a Ponte Romana, agora noSeguir lendo “Ás festas de San Lázaro da Ponte, con Elena”
Os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido homenaxean ás aves no seu capítulo XVIII
Unha nova demostración de que Lugo é unha xoia e un paraíso 🍃💧 a preservar. O capítulo de hoxe (XVIII) dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido estivo adicado ós nosos amigos e veciños alados 🐦 que a diario nos acompañan. Que gozada de colaborador o noso mestre Pedro Rolle (O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza) e que marabilla de destino ornitolóxico oSeguir lendo “Os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido homenaxean ás aves no seu capítulo XVIII”
Concepto Circo volve embelecer espazos degradados do centro de Lugo
Artigo publicado no Lugo Xornal e Galicia Confidencial Esta mañá presenciei un proceso de absoluto embelecemento das nosas rúas. Os xeniais Yoe 33 e Marcos (Concepto Circo) avisáronme para observar 24 horas dun traballo espectacular a carón nada menos que dos 3 Patrimonios Mundiais da nosa cidade Unha iniciativa de Alexandra Malheiro (da tenda de artesaníaSeguir lendo “Concepto Circo volve embelecer espazos degradados do centro de Lugo”
#LugoPatrimonioMundial no #FunPoloAire (TVG), concurso #PresumeDeBarrio 2020
Xusto no aniversario da campaña #LugoPatrimonioMundial chamáronme da Televisión de Galicia para acompañar a Ricardo Saavedra e a Fun Polo Aire a dar un paseo polo centro histórico de Lugo. Sabedes que está participando no concurso #PresumeDeBarrio como candidato a mellor barrio de Galicia no 2020? O ano pasado participou A Piringalla lucense e gañou o de Canido, en Ferrol 🙂 P.D.Seguir lendo “#LugoPatrimonioMundial no #FunPoloAire (TVG), concurso #PresumeDeBarrio 2020”
Unha nova escapada lucense: a Malta por 30 €
Artigo publicado en Lugo Xornal e Galicia Confidencial Esta fin de semana experimentamos a nova conexión que Ryanair ofrece dende A Lavacolla dende o pasado mes de outubro. Un destino ideal para desconectar da rutina con voos económicos e moitas alternativas para os viaxeiros no arquipélago maltés. Todo xurdiu a semana pasada buscando ideas para desfrutar dunhaSeguir lendo “Unha nova escapada lucense: a Malta por 30 €”
Reflexións nocturnas sobre Lugo e o noso futuro (Guido Guía)
Dentro dunhas horas marcho tres días de viaxe grazas a unha oferta que vimos estes días en Ryanair. Entre iso e as emocións destes días co aniversario de #LugoPatrimonioMundial, parece que hai pouco sono e moitas ganas de compartir algunhas reflexións sobre estas últimas horas e sobre Lugo en xeral. Un ano despois daquel boom daSeguir lendo “Reflexións nocturnas sobre Lugo e o noso futuro (Guido Guía)”
A campaña #LugoPatrimonioMundial inunda as redes sociais no seu primeiro aniversario
Reportaxe do Lugo Xornal, publicada o 14 de febreiro do 2020 Esta iniciativa de Guido Álvarez Parga contou co apoio de centos de veciñas, políticos, deportistas… e conseguiu ser ‘trending topic’ europeo durante doce horas. É unha maneira de visibilizar o apoio á candidatura de Lugo para ser declarada Patrimonio da Humanidade. O 13 deSeguir lendo “A campaña #LugoPatrimonioMundial inunda as redes sociais no seu primeiro aniversario”
Charla sobre o proxecto Guido Guía no máster DAEN do Campus Terra USC
Hoxe vivín outra preciosa experiencia que me fixo moitísima ilusión. Por vez primeira fun darlle unha charla ós alumnos do Máster en Dirección de Actividades Educativas en la naturaleza – DAEN do Campus Terra USC. Unha fermosa e interesante titulación da nosa universidade dirixida por Eugenio Otero Urtaza (grazas por convidarme!) e da cal moitos estudantes teñen vido ás miñasSeguir lendo “Charla sobre o proxecto Guido Guía no máster DAEN do Campus Terra USC”
Un gran paseo de encontro entre a sociedade lucense e a comunidade universitaria: 1 de marzo!
Estamos convencidos do interesante que é o achegamento entre a sociedade e a comunidade universitaria. Por iso, entre Guido Guía e a Asemblea de Humanidades Lugo, decidimos organizar para este 1 de marzo un evento gratuíto sen precedentes na nosa cidade. Un gran paseo de encontro entre lucenses, residentes, comunidade universitaria, e toda persoa interesadaSeguir lendo “Un gran paseo de encontro entre a sociedade lucense e a comunidade universitaria: 1 de marzo!”
