Artigo publicado no diario El Progreso de Lugo o 12 de maio do 2021 O proxecto, que elabora e coordina Guido Álvarez, incluirá itinerarios que partirán do centro, dos barrios e das distintas parroquias do rural. A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou este mércores o proxecto que está a desenvolver o Concello para crear “unha completaSeguir lendo “O Concello anuncia unha guía con 21 rutas naturais de Lugo”
Arquivo de categoría:Guido Guía
A canle Guido Guía mantense no top 25 das 50 do Youtube en galego no mes de abril
Un orgullo seguir no top 25 das 50 do Youtube en galego A Lobeira today!! Este mes de abril mudou o sistema de valoración no que agora teñen en conta máis criterios que os suscriptores, e aí seguimos Vídeo destacado: a entrevista co artista burelés DAViXiNO no festival de arte urbana #Culturbán organizado por Iago Eireos, Espacio Lupa Arte e Cultura e Turismo de Lugo!
“Un orgullo que non disimulamos”
Publicado no diario El Progreso de Lugo o 5 de maio do 2021 Los distinguidos con el premio Lucenses del Año 2020 muestran su satisfacción y alegría por ser reconocidos con un premio que los vincula a su lugar de origen La mayoría residen en Lugo pero algunos recibieron la noticia de la concesión del premioSeguir lendo ““Un orgullo que non disimulamos””
Lucenses do ano 2020
Publicado no diario El Progreso de Lugo o 3 de maio do 2021 El Progreso distingue como Lucenses del Año 2020 a Sonia Villapol, Diego Anido, Olga Novo, Carmen Lence, Guido Álvarez, Rubén Blanco, Abraham Cupeiro, Jorge y Pepe Coira, los impulsores de Traxandaina y Mariluz Abella Tras década y media sin celebrarse, El Progreso recupera losSeguir lendo “Lucenses do ano 2020”
Guido Guía volverá guiar no evento enolóxico Lucus in Vino Veritas o 21 e 28 de maio
Moi ilusionado de volver formar parte do marabilloso evento Lucus In Vino Veritas que por segundo ano consecutivo reunirá en Lugo a grandes expertos e amantes da enoloxía e da viticultura, tan importantes son para a nosa provincia! Moitas grazas á organización por contar conmigo para ensinar a cidade!!!
Volven os paseos de Paulo Fabio Máximo e Güidox a partir do 8 de maio polo Arde Lucus Cultural
Volve o Arde Lucus Cultural e volven os paseos con Paulo Fabio Máximo e Güidox a partir do sábado 8 de maio!!! Anotádevos no enlace que pon esta publicación do Arde Lucus! AVE civitas de Lvcvs Avgvsti Temos a honra de anunciarvos que o “Arde Lvcvs Cvltvral”, o programa de actividades preparatorias ao Arde Lvcvs,Seguir lendo “Volven os paseos de Paulo Fabio Máximo e Güidox a partir do 8 de maio polo Arde Lucus Cultural”
O 22 de maio Irmandade Naviega e Guido Guía organizan #NaviaEnPrimavera co apoio da Deputación de Lugo
Como adiantei neste mes de abril, viñan en camiño moitos anuncios de actividades Aquí ven unha das máis especiais! #NaviaEnPrimavera, en colaboración cos queridos amigos da asociación veciñal A.V. Irmandade Naviega, o sábado 22 de maio! Unha xornada viaxeira financiada pola Deputación de Lugo e a Reserva da Biosfera Ancares Lucenses e montes de Cervantes, Navia e Becerreá Moi pronto anunciaremosSeguir lendo “O 22 de maio Irmandade Naviega e Guido Guía organizan #NaviaEnPrimavera co apoio da Deputación de Lugo”
Comezaron as charlas #QuerendoALugo con Guido Guía no CEIP Casás, coa visita de Coidemos Lugo
Esta mañá comezamos as charlas #QuerendoALugo con Guido Guía no Ceip Casás falando sobre o patrimonio histórico e natural da contorna do cole, e presentándolles o movemento social Coidemos Lugo da man dos grandes amigos Ana Chas, Nitesh Seethala e Ana M Dopazo Pérez!!! Ata o próximo luns!
A vella Gallaecia e a gran Lucus Augusti saen á luz e brilan no lucense barrio do Carme
35 anos paseando polo meu barrio e reivindicando o seu valor patrimonial, 6 guiando por el a persoas de todo o mundo… o de hoxe é unha emoción para min indescriptible. Moitas grazas Concello de Lugo por contar conmigo neste día, e poder escoitar ó arqueólogo municipal explicando os achados do barrio do Carme http://lugoxornal.gal/medioambiente-patrimonio/35455-achados-restos-dunha-domus-romana-do-seculo-iii-no-barrio-lucense-do-carme/
Tras 29 edicións “especiais” no 2021, volven novos capítulos das series de paseos con Guido Guía
29 paseos no que vai de ano, hoxe o último dos especiais #OLugoMenosCoñecido e agora comezamos con novidades Marabilla de tarde de natureza e tamén visita ó novo mural do burelés DAViXiNO en Fingoi… proxecto #Culturbán de Iago Eireos, Espacio Lupa Arte e Cultura e Turismo de Lugo! Grazas a todos pola vosa compañía!!
O 26 de abril comeza #QuerendoALugo, charlas e actividades de Guido Guía no Ceip Casás
Emocionado con este novo proxecto de colaboración co Ceip Casás no que durante os meses de abril, maio e xuño charlarei con todos os nenos do cole sobre as inmensas riquezas ambientais e patrimoniais da nosa cidade Un proxecto que agardemos poder estender a moitos máis colexios o curso que ven! Moitas grazas pola confianza…Seguir lendo “O 26 de abril comeza #QuerendoALugo, charlas e actividades de Guido Guía no Ceip Casás”
Guido Guía sube ata o posto nº 14 das canles de Youtube en galego máis activas e seguidas
O mes pasado informoume A Lobeira today que a canle de Youtube Guido Guía entraba na lista das 50 canles de Youtube en galego máis activas e seguidas. Na última clasificación subo ata o posto nº 14 Grazas a todos polo apoio! https://www.youtube.com/watch?v=zecea9oS7Dg
Tres paseos guiados #OLugoMenosCoñecido esta semana, antes de comezar novos proxectos
Esta semana tres paseos especiais #OLugoMenosCoñecido máis. Para o domingo xa temos as prazas esgotadas, pero aínda quedan algunhas para hoxe mércores e para o venres. Moitas grazas a todos!
En marcha un proxecto de colaboración entre Guido Guía, Taberna Daniel e bares de Lugo
Hoxe estiven cun gran amigo da infancia para concretar un proxectiño moi chulo que me propoñen el e outros amigos dos bares do centro histórico de Lugo… pronto teredes noticias 🤗🤗🤗 Estade atentos ás redes da Taberna Daniel! Grazas, Pablo, por contar sempre conmigo!!
O legado de Yoe 33
Artigo publicado no Nós Diario o 10 de abril do 2021 Xa hai moito tempo que vimos falando da idade dourada da arte urbana lucense, e a vitoria de Diego Anido Seijas (Diego AS) o pasado luns nas Graffiti Battles da Liga Nacional non é máis que unha reafirmación desta realidade. Xa son moitos os premios e recoñecementosSeguir lendo “O legado de Yoe 33”
Marabillosa fin de semana guiando para o X aniversario da Casa da Xuventude de Lugo
Esta fin de semana foi unha das máis bonitas que recordo en moito tempo Guiando os paseos #ArteUrbanaLucense e #OLugoDaXuventude polo X aniversario da #CasaDaXuventude, hoxe acabamos comendo xuntos varios dos participantes, e logo asistimos ós Faladoiros da Xuventude Activa para escoitar a grandes lucenses como Gael e Rubén de Gravitty, Nacho Ozores, Cintia Folgueira,Seguir lendo “Marabillosa fin de semana guiando para o X aniversario da Casa da Xuventude de Lugo”
#OLugoMenosCoñecido: 22 paseos con 100% de prazas cubertas no 2021, e 5 novas datas para abril
Cinco datas máis dos paseos especiais #OLugoMenosCoñecido ata o 18 de abril Tamén dous paseos guiados para Xuventude de Lugo este sábado 10 e domingo 11 de abril #ArteUrbana e #OLugoDaXuventude! Despois do día 18 teño que ir vendo! Virán cousiñas polos Ancares, pola Mariña e algunha sorpresa máis Inscricións en guidoguiaturismo@gmail.com!
Café Baires, un pedazo de Arxentina no barrio lucense da Milagrosa
Un pedazo de Bos Aires en Lugo! Feliz veño da inauguración do Baires Café-Bar Lugo, emprendemento dunha familia querida que por outro lado son parentes dos grandes amigos de La Romeria Coffee & Co e Dolce Francesca Lugo Lugo está en Arxentina e agora un pouco de Arxentina está en Lugo! Vaivos encantar! Rúa MallorcaSeguir lendo “Café Baires, un pedazo de Arxentina no barrio lucense da Milagrosa”
O proxecto Guido Guía alcanza 10.000 seguidores de todo o mundo tras 6 anos de paseos por Lugo
Algúns dos meus soños de neno eran coñecer a persoas de todo o mundo, ter bos amigos, viaxar por moitos países… de máis maior soñei poder compartir Lugo e as belezas da vida con moitas persoas… e hoxe é para min un día moi emocionante por unha cifra que me fai unha especial ilusión: 10.000Seguir lendo “O proxecto Guido Guía alcanza 10.000 seguidores de todo o mundo tras 6 anos de paseos por Lugo”
O calendario de paseos #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía amplía datas ata o 18 de abril
Visto o éxito do formato de paseos guiados especiais #OLugoMenosCoñecido, ampliamos calendario Imos probar con algún mércores e venres! Por certo, o 10 e 11 de abril non anunciamos paseos porque eses días guiarei outras actividades que se anunciarán pronto Inscricións guidoguiaturismo@gmail.com! Grazas a todos
