Un paseo para o recordo, celebrando 8 fermosos meses de #LugoPatrimonioMundial

Hai pouco vivira algúns dos días máis emocionantes da miña vida profesional, pero o de onte superou todo. Non teño palabras, só dicir que foi fermoso xuntar por #LugoPatrimonioMundial a algunhas das persoas máis bonitas que coñezo. Grazas de corazón e seguimos adiante ❤️ P.D. Grazas por estas fotos extraordinarias que mirarei sempre nos días malos da vida

#OLugoMenosCoñecido segue enchendo corredoiras e cítase de novo para o 5 de outubro

Inmensamente emocionado tralo segundo capítulo dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido ❤️ Onte acompañáronnos na aventura amigos de Letonia, Alemaña, Inglaterra, Irlanda, Colombia, Suiza… achegáronse ata Lugo persoas da Estrada, A Coruña, Antas de Ulla, Meira, Viveiro… impresionante! Tivemos que subir as prazas a 70 por aclamación popular 🙂 Un paseo para o recordo polo Parque Rosalía, ParqueSeguir lendo “#OLugoMenosCoñecido segue enchendo corredoiras e cítase de novo para o 5 de outubro”

Participación nunha moi interesante táboa redonda organizada polo COAG Lugo

Esta foi a miña primeira intervención na táboa redonda “Intervención no espazo público e o uso de espazos abandonados como elementos de dinamización urbana” organizada hoxe polo COAG Lugo 🙂 Moi agradecido polo convite a un evento tan especial e constructivo a prol da nosa cidade! Un pracer de coincidir e aprender dos compañeiros Gonzalo AlonsoSeguir lendo “Participación nunha moi interesante táboa redonda organizada polo COAG Lugo”

Participación de Guido Guía nunha mesa redonda do COAG Lugo

Artigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG Lugo) No marco do convenio subscrito entre IGVS, COAG e a USC para a elaboración do plan de dinamización das áreas Rexurbe, o COAG celebrará nas próximas semanas un ciclo de mesas redondas que teñen por obxecto expor e analizar diferentes aspectos relacionados con actuacións deSeguir lendo “Participación de Guido Guía nunha mesa redonda do COAG Lugo”

O sexto paseo guiado #OLugoMenosCoñecido, adicado á biodiversidade

Cas inscricións dos cinco primeiros paseos en bo ritmo, chegou a hora de poñer en valor unha das maiores riquezas da cidade de Lugo: o feito de ser a única capital ibérica ubicada nunha Reserva da Biosfera UNESCO. Novamente apoiados pola Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego, lanzamos este VI Paseo guiado polo Lugo menos coñecidoSeguir lendo “O sexto paseo guiado #OLugoMenosCoñecido, adicado á biodiversidade”

O proxecto Guido Guía: entrevista en Radio Lugo Cadena SER (Hoy por Hoy)

Este venres foi outro día moi especial por moitas razóns! Unha delas o convite de Juan Carlos Rodriguez e Radio Lugo Cadena SER a falar no #HoyPorHoy que transmitiron en directo dende a rúa San Marcos. Falamos de turismo, de deporte, do proxecto Guido Guía, dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido… moitas grazas polo precioso rato! 📻🎙❤️

A arte urbana lucense será a protagonista do IV paseo guiado #OLugoMenosCoñecido

Cun cheo no primeiro, e cun segundo e terceiro a punto de esgotar prazas, lanzamos o IV Paseo guiado polo Lugo menos coñecido (Arte Urbana). Un capítulo adicado á florecente e marabillosa creatividade nas rúas lucenses! Novamente apoiados pola Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego ❤ Se queres inscribirte ou informarte, podes facelo a través do correoSeguir lendo “A arte urbana lucense será a protagonista do IV paseo guiado #OLugoMenosCoñecido”

Guido Guía e #OLugoMenosCoñecido, este xoves en Radio Sant Boi

Moltes gràcies a Armando Fernández per la invitació a Ràdio Sant Boi, i per donar-nos l’oportunitat de donar a conèixer a Catalunya el projecte Guido Guía i les passejades per #ElLugoMenysConegut! #OLugoMenosCoñecido! ❤️ Ens escoltem aquest dijous! 📟📢 

Unha visita guiada polo ‘Lugo menos coñecido’ esperta un grande interese no público

Reportaxe no Lugo Xornal, publicada o 31 de agosto do 2019 Trátase dunha iniciativa de Guido Guía prevista para o 14 de setembro. Nela levará os asistentes polos recunchos máis sorprendentes da cidade. As sesenta prazas ofertadas esgotáronse en tan só 24 horas. O guía de turismo Guido Álvarez (Guido Guía) anunciou hai uns días o primeiro paseoSeguir lendo “Unha visita guiada polo ‘Lugo menos coñecido’ esperta un grande interese no público”

Dende hoxe xa é posible concertar visitas particulares con Guido Guía

As persoas que me seguides xa sabedes que nestes últimos días lancei nas redes a miña marca persoal como guía turístico e o meu primeiro proxecto profesional independente: Guido Guía. Despois de quince anos no mundo do turismo e catro como Guía Oficial de Galicia traballando para distintas axencias e empresas do sector, din esteSeguir lendo “Dende hoxe xa é posible concertar visitas particulares con Guido Guía”

Reportaxe de Guido Guía para a Fundación TIC, milleiros de visitas en só 24 horas

Este mércores 21 de agosto os amigos da Fundación TIC fixéronme unha reportaxe marabillosa, que xa coloco entre as mellores da miña vida ou probablemente incluso a máis especial de todas. Por qué? Porque é a primeira gran reportaxe do meu primeiro proxecto profesional independente: Guido Guía! Pasamos esa mañá percorrendo partes do casco históricoSeguir lendo “Reportaxe de Guido Guía para a Fundación TIC, milleiros de visitas en só 24 horas”

Experiencia piloto con Guido Guía en busca de apoio institucional: visitas guiadas ás afeccións deportivas visitantes en Lugo

Hoxe, xunto coa Federación de Peñas do CD Lugo, fixemos unha experiencia piloto do que pode ser un gran proxecto turístico para a cidade de Lugo e tamén para outras localidades interesadas en experimentalo: visitas guiadas á cidade para as afeccións visitantes que veñan ver ós seus equipos contra as escuadras lucenses: C.D. Lugo, Breogán,Seguir lendo “Experiencia piloto con Guido Guía en busca de apoio institucional: visitas guiadas ás afeccións deportivas visitantes en Lugo”

Entrevista no diario El Progreso pola estrea do proxecto Guido Guía

Guido Álvarez: Guía que creou a páxina Guido Guía en Facebook para potenciar a súa marca persoal “En Guido Guía compartirei cousas sobre Lugo e Galicia” Por María Orge Canto tempo levas exercendo de guía? Son guía oficial dende hai catro anos. Por que decidiu crear este proxecto persoal na rede social Facebook? Porque levoSeguir lendo “Entrevista no diario El Progreso pola estrea do proxecto Guido Guía”

Primeiro vídeo seleccionado por Kia en Zona no concurso #SeBuscaTriplista2019… apoiade! :)

View this post on Instagram ¡Ojo al vídeo de @guidoalvarezp! Seguimos buscando triplista Sube tu video lanzando triples con el hashtag #SeBuscaTriplista2019 A post shared by KIA en Zona (@kiaenzona) on Aug 8, 2019 at 6:00am PDT Levo dende os ¿10 anos? practicando os tiros dende o medio do campo. Por algunha razón dende esaSeguir lendo “Primeiro vídeo seleccionado por Kia en Zona no concurso #SeBuscaTriplista2019… apoiade! :)”

Entrevista para o blog de Sergio Álvarez con motivo do Día da Patria Galega

Entrevista para o blog de Sergio Álvarez @sergiotopand con motivo do Día da Patria Galega 2019 En que proxectos colaboras na actualidade? Dende o mes de xaneiro estou integrado na Lug Open Factory (na rúa Pintor Corredoira), desenvolvendo un proxecto persoal relacionado co turismo. Alí colaboro ca xente do coworking, nas actividades do centro, noSeguir lendo “Entrevista para o blog de Sergio Álvarez con motivo do Día da Patria Galega”

Entrevista persoal no programa IntraLucus da Escola de Imaxe e Son

O pasado mes de maio recibín unha chamada do meu bo amigo cubano 🇨🇺 Marcelo Taboada, estudante da Escola de Imaxe e Son da Fundación Tic – Servizo de Audiovisuais. Nela propoñía facerme unha entrevista para o progama #IntraLucus… este é o resultado! 11 minutos e medio falando no querido Museo Provincial de Lugo sobre as miñas experiencias no mundoSeguir lendo “Entrevista persoal no programa IntraLucus da Escola de Imaxe e Son”

Proxecto #Empodérate: presentación do libro “Os Bolechas coñecen a xente de Lugo”

Dous meses despois, onte rematamos o ciclo de charlas do proxecto #Empodérate (promovido por Mulleres Empresarias de Lugo a través dos Orzamentos Participativos do Concello de Lugo, e no que eu participei contando a miña experiencia profesional como guía turístico) no Centro Cultural do Vello Cárcere. Un fermoso momento que compartimos de novo con moitosSeguir lendo “Proxecto #Empodérate: presentación do libro “Os Bolechas coñecen a xente de Lugo””

Comezo a colaborar no diario El Progreso de Lugo con “O reto do Carme”

Hoxe estréome como colaborador de El Progreso de Lugo na sección de firma convidada. De cando en vez compartirei opinión sobre diversos temas. Nesta ocasión escribín, como non, sobre o Barrio do Carme. Moitas grazas por contar comigo. O reto do Carme, o barrio con máis futuro Chegan as eleccións municipais e con elas unSeguir lendo “Comezo a colaborar no diario El Progreso de Lugo con “O reto do Carme””