Guido Guía e #OLugoMenosCoñecido no número 3 do Nós Diario

Moi moi moi emocionado con esta sorpresa. O novo xornal -tristemente o único diario en galego en papel da actualidade- Nós Diario Sermos Galiza publica isto no seu nº 3 ❤️ Para min é algo histórico e que lembrarei sempre. Infinitamente agradecido! #OLugoMenosCoñecido #XornalismoEnGalego 💙

Dous paseos de Guido Guía en colaboración ca Reserva da Biosfera Terras do Miño para abrir o 2020

Xa están anunciadas as actividades de educación ambiental da Reserva da Biosfera Terras do Miño para o primeiro trimestre do 2020. Teño o pracer de comunicarvos que eu impartirei dúas 🙂 Paseos guiados “Os mundos do Miño” o 8 de febreiro e “Os mundos do Rato” o 14 de marzo 🙂🙂🙂 Moitas grazas por contar conmigo! Máis información en: http://inscricions.deputacionlugo.org/…/actividades-medioam…

My first individual guided tour in Lugo: Jeanenne, from the United States

2020 began professionally in an unbeatable way: with a new experience that will remain forever in my memory: my first guided tour for one person 🙂 She is Jeanenne, from the United States, and she contacted me about a month ago to hire this personalized visit. And how did she discover me? In an AmericanSeguir lendo “My first individual guided tour in Lugo: Jeanenne, from the United States”

Este sábado Guido Guía repite paseo guiado pola arte urbana de Lugo

Despois do éxito dos primeiros 14 capítulos dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido, dende Guido Guía estamos a repetir nestas Festas algúns dos mellores. Este sábado será o turno de #ArteUrbana, un paseo que estreamos o 12 de outubro e que está a ter moita demanda dende os visitantes da cidade. Queredes descubrir a cantidade de artistasSeguir lendo “Este sábado Guido Guía repite paseo guiado pola arte urbana de Lugo”

Guido Guía lanza paseos especiais #OLugoMenosCoñecido durante as Festas

Hai catro meses lanceime á aventura de facerme autónomo… e ó pouco tempo naceu, de xeito espontáneo, este fermoso proxecto que leva enganchándonos a pasear xuntos por Lugo nada menos que 14 capítulos 🙂 #OPrimeiro, #Solpor, #BerceDeSanFroilán, #ArteUrbana, #ReservaDaBiosfera, #TheFirstInEnglish, #ArteLucense, #GrazasInmigrantes, #LaNuit, #Amencer, #ParquesInfinitos, #LugoCreativo, #OlladasDeSmartphone e #EnigmasLucenses foron as aventuras vividas… Agora, aproveitandoSeguir lendo “Guido Guía lanza paseos especiais #OLugoMenosCoñecido durante as Festas”

Guido Guía consolida en decembro as visitas artísticas lucenses co proxecto #LugoCreativo

Xa comentamos algunha vez que #OLugoMenosCoñecido é en certo modo un laboratorio de experimentos turísticos e culturais do que irán saíndo proxectos a consolidar. Aquí vai un deles: #LugoCreativo emancípase este mes de decembro cunha serie de visitas artísticas que agardamos vos fascinen tanto como as que xa vivimos. Gústache a idea? Atento á páxina de facebook GuidoSeguir lendo “Guido Guía consolida en decembro as visitas artísticas lucenses co proxecto #LugoCreativo”

#OlladasDeSmartphone #OLugoMenosCoñecido: unha experiencia turística observando Lugo dende outro ángulo

Onte  vivimos o capítulo XIII dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido cun tema e cun colaborador moi especiais. En #OlladasDeSmartphone, o amigo Iago de Sant (proxecto Microsoños) axudounos a ver Lugo dende outra perspectiva… a través dos nosos teléfonos intelixentes. Compartimos con vós algúns dos fermosos resultados 

Patrimonio lucense fóra de murallas

Artigo de Mariña Patrimonio sobre a xornada guiada do 23 de novembro do 2019  A choiva non impediu ao aguerrido grupo de persoas, que respondeu á convocatoria de Mariña Patrimonio, coñecer outra perspectiva da capital provincial diferente e non menos interesante que a que rodea a súa muralla romana. Guido (Guido Guía), o guía queSeguir lendo “Patrimonio lucense fóra de murallas”

Nacen #AsViaxesDeGuido, proxecto entre Mandala Aventura e Guido Guía

Hoxe é un día moi importante. Hoxe anunciamos un gran proxecto de colaboración entre Guido Guía e Mandala Aventura 🙂 11 anos de amizade que converxen neste soño de seguir organizando viaxes en grupo, pero agora con esta marca definida e de futuro. Alá imos! #AsViaxesDeGuido

Paseo guiado por Lugo (23 de novembro) para Mariña Patrimonio e Rede do Patrimonio Cultural

Emocionado e agradecido ós amigos de Mariña Patrimonio e da Rede do Patrimonio Cultural por contar conmigo para ensinarlles, o 23 de novembro, algunhas belezas e riquezas patrimoniais da nosa cidade. O Carme, A Ponte e Adai son as zonas elixidas para un día agardamos que memorable. Máis info no seu facebook e no seu blog: PATRIMONIO LUCENSESeguir lendo “Paseo guiado por Lugo (23 de novembro) para Mariña Patrimonio e Rede do Patrimonio Cultural”

Entrevista en Radio Voz Lugo polo capítulo #LaNuit de #OLugoMenosCoñecido

Moitas grazas a Félix Jorquera e a Radio Voz por interesarvos unha vez máis polos meus paseos guiados #OLugoMenosCoñecido ❤️ De paso un novo agradecemento a todos os medios (TVG, Radio Galega, Cope Lugo, Onda Cero Lugo, Radio Lugo Cadena SER, Lugo Xornal, VivaLugo, Ràdio Sant Boi, Tic – Servizo de Audiovisuais) que estades mostrando tanto interese polo meu proxecto e axudando a difundilo!

Escapadas galegas: os infinitos parques da cidade de Lugo

Artigo publicado en Lugo Xornal e Galicia Confidencial Cando imos a Londres non nos perdemos as visitas a Hyde Park, Green Park, St. James Park… todos eles son considerados recursos turísticos e recreativos de primeira liña. Máis pretiño que as illas británicas, na vella capital da Gallaecia, contamos cunha inmensidade de parques digna de ser considerada nosSeguir lendo “Escapadas galegas: os infinitos parques da cidade de Lugo”

A cidade que namora os estranxeiros: “Lugo ten algo especial. Non sei o que, pero algo ten”

Reportaxe de Silvia López no Lugo Xornal, publicada o 5 de novembro do 2019 Na vella Lucus Augusti conviven agora persoas de máis de cen nacionalidades. Chegaron aquí por motivos de traballo, de estudo, por mellorar as condicións de vida… E moitos xa non queren marchar: “Non me imaxino lonxe de Lugo”, dicíanos un arxentino.Seguir lendo “A cidade que namora os estranxeiros: “Lugo ten algo especial. Non sei o que, pero algo ten””

#OLugoMenosCoñecido homenaxea á inmigración lucense no seu #GrazasInmigrantes

De momento non baixa o nivel de emoción nos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido 💓 Hoxe vivimos un capítulo moi emotivo para min, adicado á marabillosa pegada que a inmigración deixou e deixa na nosa cidade. Foi emotivo por moitas razóns, pero a primeira delas porque lle demos protagonismo á miña maior fonte de inspiración á hora de mirar aSeguir lendo “#OLugoMenosCoñecido homenaxea á inmigración lucense no seu #GrazasInmigrantes”

Éxito do VII paseo guiado #OLugoMenosCoñecido adicado á #ArteLucense: un formato a repetir

Onte vivimos unha nova experiencia dentro dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido. Foi o turno da #ArteLucense, e as sensacións foron moi boas. Xuntamos un grupo de 14 persoas que puideron gozar dunha mañá de paseo compartida con tres grandes artistas da cidade: Eduardo Fernández, Iago Eireos e Gema López. Con visitas ós seus tres estudos, explicacións,Seguir lendo “Éxito do VII paseo guiado #OLugoMenosCoñecido adicado á #ArteLucense: un formato a repetir”

Participación na “Xornada de prescriptores” de Terras de Miranda, e novos proxectos no horizonte

Moi agradecido polo convite de hoxe a Terras de Miranda – Turismo de Lugo e a Valora Consultores! Foi un pracer falar en Mondoñedo (unha das antigas sete capitais galegas) sobre a miña experiencia no mundo do turismo nesta “Xornada de prescriptores” da Mariña Lucense. Emocionado cas novas colaboracións que se albiscan no horizonte no que éSeguir lendo “Participación na “Xornada de prescriptores” de Terras de Miranda, e novos proxectos no horizonte”

Debate na Radio Galega en Lugo: “A candidatura da zona histórica a Ben Mundial”

Esta mañá conversamos na Radio Galega sobre a potencial candidatura de Lugo a ser declarada cidade Patrimonio Mundial UNESCO. Un pracer de compartir charla co historiador Adolfo de Abel Vilela, ca presidenta da Asociación de Empresarios da Tinería Isa Lozano Verdes e ca condutora de Galicia por diante Emma Alonso 📻 Se queredes escoitalo podedes facelo no seguinte podcast da web da RG:Seguir lendo “Debate na Radio Galega en Lugo: “A candidatura da zona histórica a Ben Mundial””