Un mar de coloridos paraugas camiñou pola Reserva da Biosfera e por #OLugoMenosCoñecido

Onte foi o turno do VI Paseo guiado polo Lugo menos coñecido (Reserva da Biosfera) 🍃 e as circunstancias convertérono, máis se cabe, nunha celebración da natureza… dese privilexio lucense de ser a única capital ibérica que vive dentro dun espazo RB UNESCO 🍄🍂💧 Choveu, e foi un agasallo do ceo… dalgún xeito hai que regar este paraísoSeguir lendo “Un mar de coloridos paraugas camiñou pola Reserva da Biosfera e por #OLugoMenosCoñecido”

O segredo mellor gardado de Lugo: capital mundial da natureza

Artigo publicado en Lugo Xornal e Galicia Confidencial Un dos lucenses máis famosos dixérao non hai moito nunha campaña promocional turística: a sociedade luguesa destacouse na historia por agocharlle ó mundo, por razóns diversas que darían para un longo debate, os tesouros que gardan esta marabillosa cidade bimilenaria e a súa provincia. No cibernético século XXI xaSeguir lendo “O segredo mellor gardado de Lugo: capital mundial da natureza”

Arte de a pé en Lugo: os “invisibles” que nos alegran a vida

Cando falamos de cidades ricas cultural e artísticamente… en que pensamos exactamente? Que ten que ter unha cidade ou unha localidade para ser considerada rica nese senso? Lugo o é? Déixoo en interrogante e vós me diredes. Onte rematou o San Froilán e para min volveu ser, un ano máis, a festa máis fermosa doSeguir lendo “Arte de a pé en Lugo: os “invisibles” que nos alegran a vida”

Paseo guiado pola #ArteUrbana lucense con Guido Guía e #OLugoMenosCoñecido: un éxito a repetir

Onte foi un día inesquecible. Dentro do proxecto #OLugoMenosCoñecido foi o turno do primeiro paseo guiado pola #ArteUrbana de Lugo (primeiro tour deste xénero na cidade? Un dos primeiros da xeografía galega?). Un soño feito realidade, imposible sen a axuda de Otro prisma (en especial Diego AS), Concepto Circo (en especial Yoe Brava), o #PrimoDeBanksy e Leandro Barea. Unha homenaxe a eles eSeguir lendo “Paseo guiado pola #ArteUrbana lucense con Guido Guía e #OLugoMenosCoñecido: un éxito a repetir”

Cantas cidades galegas teñen tours adicados á arte urbana? Este sábado, cita en Lugo

Tras un gran éxito de afluencia nos tres primeiros capítulos d´ #OLugoMenosCoñecido, lanzamos o IV Paseo guiado polo Lugo menos coñecido (Arte Urbana). Un capítulo adicado á florecente e marabillosa creatividade nas rúas lucenses! Novamente apoiados pola Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego ❤ Se queres inscribirte ou informarte, podes facelo a travésSeguir lendo “Cantas cidades galegas teñen tours adicados á arte urbana? Este sábado, cita en Lugo”

Convidado á xornada de participación cidadá “Lugo, centro do Camiño Primitivo”… Grazas!

Moitas grazas a Lugo, Centro del Camino Primitivo por convidarme a estas xornadas de participación cidadá nas que conversaremos sobre o Camiño Primitivo na cidade de Lugo! Vémonos o venres 18 de outubro na Casa do Saber (Praza Pío XII) 🙂  Comparten isto na súa web: XORNADA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ A primeira xornada comezará o venres 18 deSeguir lendo “Convidado á xornada de participación cidadá “Lugo, centro do Camiño Primitivo”… Grazas!”

Unha mensaxe para todos os amigos!

Os que me coñecedes ben xa sabedes como son: unha persoa moi preocupada sempre polos sentimentos e polos detalles. Levo toda a miña vida respondendo a todas e cada unha das mensaxes que recibo en público e en privado polas redes sociais, por SMS, whatsapp, telegram, e-mail… Non me gusta nada que sexa así, peroSeguir lendo “Unha mensaxe para todos os amigos!”

Guido Guía no “Vivir Aquí” Detrás do San Froilán (TVG)

Non teño palabras para agradecerlle á Televisión de Galicia TVG a visibilidade que me deu estes días en varios dos seus programas especiais de San Froilán. Nivelazo, calidade, Mayte Cabezas Amigo e Vivir Aquí! Grazas por recordos para toda a vida 💙💙💙 #OLugoMenosCoñecido #LugoPatrimonioMundial

Un paseo para o recordo, celebrando 8 fermosos meses de #LugoPatrimonioMundial

Hai pouco vivira algúns dos días máis emocionantes da miña vida profesional, pero o de onte superou todo. Non teño palabras, só dicir que foi fermoso xuntar por #LugoPatrimonioMundial a algunhas das persoas máis bonitas que coñezo. Grazas de corazón e seguimos adiante ❤️ P.D. Grazas por estas fotos extraordinarias que mirarei sempre nos días malos da vida

#OLugoMenosCoñecido segue enchendo corredoiras e cítase de novo para o 5 de outubro

Inmensamente emocionado tralo segundo capítulo dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido ❤️ Onte acompañáronnos na aventura amigos de Letonia, Alemaña, Inglaterra, Irlanda, Colombia, Suiza… achegáronse ata Lugo persoas da Estrada, A Coruña, Antas de Ulla, Meira, Viveiro… impresionante! Tivemos que subir as prazas a 70 por aclamación popular 🙂 Un paseo para o recordo polo Parque Rosalía, ParqueSeguir lendo “#OLugoMenosCoñecido segue enchendo corredoiras e cítase de novo para o 5 de outubro”

Participación nunha moi interesante táboa redonda organizada polo COAG Lugo

Esta foi a miña primeira intervención na táboa redonda “Intervención no espazo público e o uso de espazos abandonados como elementos de dinamización urbana” organizada hoxe polo COAG Lugo 🙂 Moi agradecido polo convite a un evento tan especial e constructivo a prol da nosa cidade! Un pracer de coincidir e aprender dos compañeiros Gonzalo AlonsoSeguir lendo “Participación nunha moi interesante táboa redonda organizada polo COAG Lugo”

Paseo con Guido Guía para reivindicar #LugoPatrimonioMundial nos albores do San Froilán

Despois de lanzar a principios deste ano a campaña #LugoPatrimonioMundial en apoio á eventual candidatura da cidade a converter a totalidade do centro histórico -e parte da contorna- en Patrimonio da Humanidade UNESCO, e ca fin de darlle entre todos visibilidade na rede ós motivos (lugares e belezas) para conseguilo, o vindeiro xoves 3 de outubro damos unSeguir lendo “Paseo con Guido Guía para reivindicar #LugoPatrimonioMundial nos albores do San Froilán”

Participación de Guido Guía nunha mesa redonda do COAG Lugo

Artigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG Lugo) No marco do convenio subscrito entre IGVS, COAG e a USC para a elaboración do plan de dinamización das áreas Rexurbe, o COAG celebrará nas próximas semanas un ciclo de mesas redondas que teñen por obxecto expor e analizar diferentes aspectos relacionados con actuacións deSeguir lendo “Participación de Guido Guía nunha mesa redonda do COAG Lugo”

Primo gruppo in italiano a visitare con Guido Guia la Cattedrale di Lugo

Molto felice dopo il mio primo tour guidato dedicato esclusivamente alla Cattedrale di Lugo… e in italiano! Un bellissimo gruppo, venerdì scorso, di pellegrini di Mantova… l’Italia è sempre nel mio cuore! Grazie mille, amici, per questa bella esperienza ❤️ Moitas grazas artiSplendore polo soporte técnico!

O proxecto Guido Guía: entrevista en Radio Lugo Cadena SER (Hoy por Hoy)

Este venres foi outro día moi especial por moitas razóns! Unha delas o convite de Juan Carlos Rodriguez e Radio Lugo Cadena SER a falar no #HoyPorHoy que transmitiron en directo dende a rúa San Marcos. Falamos de turismo, de deporte, do proxecto Guido Guía, dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido… moitas grazas polo precioso rato! 📻🎙❤️

Entrevista a Guido Guía en Radio Sant Boi (con Armando Fernández e Xulio Couxil)

Onte foi un día especial. Entrevistáronme por vez primeira para Ràdio Sant Boi (no programa Galegos no Baix) dúas persoas célebres no mundo da comunicación: Xulio Couxil e Armando Fernandez, este último o primeiro locutor en galego na radio catalana. Unha longa e divertida entrevista que posiblemente teña continuidade… Moltes gràcies, benvolguts amics! 📟🎙🙂