Onte vivimos unha nova experiencia dentro dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido. Foi o turno da #ArteLucense, e as sensacións foron moi boas. Xuntamos un grupo de 14 persoas que puideron gozar dunha mañá de paseo compartida con tres grandes artistas da cidade: Eduardo Fernández, Iago Eireos e Gema López. Con visitas ós seus tres estudos, explicacións,Seguir lendo “Éxito do VII paseo guiado #OLugoMenosCoñecido adicado á #ArteLucense: un formato a repetir”
Arquivos de autor:guidoalvarezparga
Participación na “Xornada de prescriptores” de Terras de Miranda, e novos proxectos no horizonte
Moi agradecido polo convite de hoxe a Terras de Miranda – Turismo de Lugo e a Valora Consultores! Foi un pracer falar en Mondoñedo (unha das antigas sete capitais galegas) sobre a miña experiencia no mundo do turismo nesta “Xornada de prescriptores” da Mariña Lucense. Emocionado cas novas colaboracións que se albiscan no horizonte no que éSeguir lendo “Participación na “Xornada de prescriptores” de Terras de Miranda, e novos proxectos no horizonte”
Estrea da páxina de servizos de Guido Guía, con visitas temáticas a Lugo en 5 idiomas
Sigo actualizando pouco a pouco a páxina de facebook do proxecto Guido Guía 🙂 Na sección “Servizos” xa podedes encontrar algúns dos primeiros que estou ofrecendo. Moitas grazas polo voso apoio! https://www.facebook.com/pg/guidoguiaturismo/services
Debate na Radio Galega en Lugo: “A candidatura da zona histórica a Ben Mundial”
Esta mañá conversamos na Radio Galega sobre a potencial candidatura de Lugo a ser declarada cidade Patrimonio Mundial UNESCO. Un pracer de compartir charla co historiador Adolfo de Abel Vilela, ca presidenta da Asociación de Empresarios da Tinería Isa Lozano Verdes e ca condutora de Galicia por diante Emma Alonso 📻 Se queredes escoitalo podedes facelo no seguinte podcast da web da RG:Seguir lendo “Debate na Radio Galega en Lugo: “A candidatura da zona histórica a Ben Mundial””
Un mar de coloridos paraugas camiñou pola Reserva da Biosfera e por #OLugoMenosCoñecido
Onte foi o turno do VI Paseo guiado polo Lugo menos coñecido (Reserva da Biosfera) 🍃 e as circunstancias convertérono, máis se cabe, nunha celebración da natureza… dese privilexio lucense de ser a única capital ibérica que vive dentro dun espazo RB UNESCO 🍄🍂💧 Choveu, e foi un agasallo do ceo… dalgún xeito hai que regar este paraísoSeguir lendo “Un mar de coloridos paraugas camiñou pola Reserva da Biosfera e por #OLugoMenosCoñecido”
O segredo mellor gardado de Lugo: capital mundial da natureza
Artigo publicado en Lugo Xornal e Galicia Confidencial Un dos lucenses máis famosos dixérao non hai moito nunha campaña promocional turística: a sociedade luguesa destacouse na historia por agocharlle ó mundo, por razóns diversas que darían para un longo debate, os tesouros que gardan esta marabillosa cidade bimilenaria e a súa provincia. No cibernético século XXI xaSeguir lendo “O segredo mellor gardado de Lugo: capital mundial da natureza”
Arte de a pé en Lugo: os “invisibles” que nos alegran a vida
Cando falamos de cidades ricas cultural e artísticamente… en que pensamos exactamente? Que ten que ter unha cidade ou unha localidade para ser considerada rica nese senso? Lugo o é? Déixoo en interrogante e vós me diredes. Onte rematou o San Froilán e para min volveu ser, un ano máis, a festa máis fermosa doSeguir lendo “Arte de a pé en Lugo: os “invisibles” que nos alegran a vida”
Paseo guiado pola #ArteUrbana lucense con Guido Guía e #OLugoMenosCoñecido: un éxito a repetir
Onte foi un día inesquecible. Dentro do proxecto #OLugoMenosCoñecido foi o turno do primeiro paseo guiado pola #ArteUrbana de Lugo (primeiro tour deste xénero na cidade? Un dos primeiros da xeografía galega?). Un soño feito realidade, imposible sen a axuda de Otro prisma (en especial Diego AS), Concepto Circo (en especial Yoe Brava), o #PrimoDeBanksy e Leandro Barea. Unha homenaxe a eles eSeguir lendo “Paseo guiado pola #ArteUrbana lucense con Guido Guía e #OLugoMenosCoñecido: un éxito a repetir”
Cantas cidades galegas teñen tours adicados á arte urbana? Este sábado, cita en Lugo
Tras un gran éxito de afluencia nos tres primeiros capítulos d´ #OLugoMenosCoñecido, lanzamos o IV Paseo guiado polo Lugo menos coñecido (Arte Urbana). Un capítulo adicado á florecente e marabillosa creatividade nas rúas lucenses! Novamente apoiados pola Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego ❤ Se queres inscribirte ou informarte, podes facelo a travésSeguir lendo “Cantas cidades galegas teñen tours adicados á arte urbana? Este sábado, cita en Lugo”
Convidado á xornada de participación cidadá “Lugo, centro do Camiño Primitivo”… Grazas!
Moitas grazas a Lugo, Centro del Camino Primitivo por convidarme a estas xornadas de participación cidadá nas que conversaremos sobre o Camiño Primitivo na cidade de Lugo! Vémonos o venres 18 de outubro na Casa do Saber (Praza Pío XII) 🙂 Comparten isto na súa web: XORNADA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ A primeira xornada comezará o venres 18 deSeguir lendo “Convidado á xornada de participación cidadá “Lugo, centro do Camiño Primitivo”… Grazas!”
Unha mensaxe para todos os amigos!
Os que me coñecedes ben xa sabedes como son: unha persoa moi preocupada sempre polos sentimentos e polos detalles. Levo toda a miña vida respondendo a todas e cada unha das mensaxes que recibo en público e en privado polas redes sociais, por SMS, whatsapp, telegram, e-mail… Non me gusta nada que sexa así, peroSeguir lendo “Unha mensaxe para todos os amigos!”
Guido Guía en “Fun polo aire” (TVG) especial San Froilán
E aquí temos, xa en boa calidade, o programa #FunPoloAire (especial San Froilán) emitido o pasado venres na Televisión de Galicia… de novo grazas Noa García e TVG por convidarnos a ensinar #OLugoMenosCoñecido e #LugoPatrimonioMundial! 💙
Guido Guía no “Vivir Aquí” Detrás do San Froilán (TVG)
Non teño palabras para agradecerlle á Televisión de Galicia TVG a visibilidade que me deu estes días en varios dos seus programas especiais de San Froilán. Nivelazo, calidade, Mayte Cabezas Amigo e Vivir Aquí! Grazas por recordos para toda a vida 💙💙💙 #OLugoMenosCoñecido #LugoPatrimonioMundial
Un paseo para o recordo, celebrando 8 fermosos meses de #LugoPatrimonioMundial
Hai pouco vivira algúns dos días máis emocionantes da miña vida profesional, pero o de onte superou todo. Non teño palabras, só dicir que foi fermoso xuntar por #LugoPatrimonioMundial a algunhas das persoas máis bonitas que coñezo. Grazas de corazón e seguimos adiante ❤️ P.D. Grazas por estas fotos extraordinarias que mirarei sempre nos días malos da vida
Visita guiada por Lugo para estudantes de medio mundo no Welcome Day do Campus Terra
Moitísimas grazas ó Campus Terra USC por contar conmigo, por terceiro ano consecutivo, para ensinarlle Lugo ós estudantes internacionais recén chegados á cidade. Keep in touch, guys! ❤️ #WelcomeDay 🌎
Entrevista en Cope Lugo sobre a historia do movemento social #LugoPatrimonioMundial
Aquí está a entrevista de hoxe con Carmen Hermida en Cope Lugo! Moi agradecido de poder contar a historia do movemento social #LugoPatrimonioMundial! Oito meses inesquecibles que festexaremos hoxe cun paseo, ás 20h, dende o Parque Rosalía ❤
#OLugoMenosCoñecido segue enchendo corredoiras e cítase de novo para o 5 de outubro
Inmensamente emocionado tralo segundo capítulo dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido ❤️ Onte acompañáronnos na aventura amigos de Letonia, Alemaña, Inglaterra, Irlanda, Colombia, Suiza… achegáronse ata Lugo persoas da Estrada, A Coruña, Antas de Ulla, Meira, Viveiro… impresionante! Tivemos que subir as prazas a 70 por aclamación popular 🙂 Un paseo para o recordo polo Parque Rosalía, ParqueSeguir lendo “#OLugoMenosCoñecido segue enchendo corredoiras e cítase de novo para o 5 de outubro”
Participación nunha moi interesante táboa redonda organizada polo COAG Lugo
Esta foi a miña primeira intervención na táboa redonda “Intervención no espazo público e o uso de espazos abandonados como elementos de dinamización urbana” organizada hoxe polo COAG Lugo 🙂 Moi agradecido polo convite a un evento tan especial e constructivo a prol da nosa cidade! Un pracer de coincidir e aprender dos compañeiros Gonzalo AlonsoSeguir lendo “Participación nunha moi interesante táboa redonda organizada polo COAG Lugo”
Reflexións sobre o Caudal Fest (para o diario El Progreso)
Publicado no diario El Progreso de Lugo o 26 de setembro do 2019 Dende hai un ano e pico en Lugo falamos moito do Caudal Fest. Sempre me preguntan opinión e nunca podo expresar nada rotundo… Pero despois de asistir a estas dúas primeiras edicións, podo expresar algunhas ideas. – Paréceme que o éxito en cantoSeguir lendo “Reflexións sobre o Caudal Fest (para o diario El Progreso)”
Paseo con Guido Guía para reivindicar #LugoPatrimonioMundial nos albores do San Froilán
Despois de lanzar a principios deste ano a campaña #LugoPatrimonioMundial en apoio á eventual candidatura da cidade a converter a totalidade do centro histórico -e parte da contorna- en Patrimonio da Humanidade UNESCO, e ca fin de darlle entre todos visibilidade na rede ós motivos (lugares e belezas) para conseguilo, o vindeiro xoves 3 de outubro damos unSeguir lendo “Paseo con Guido Guía para reivindicar #LugoPatrimonioMundial nos albores do San Froilán”
