Guido Guía organiza o paseo #ACoruñaMenosCoñecida II xunto ao proxecto Cascarilleiros

Os paseos guiados #OMenosCoñecido das cidades e vilas galegas organizados por Guido Guía continúan sen pausa dende o seu inicio o pasado 1 de outubro en Ferrol. Despois de tres anos desenvolvendo o proxecto #OLugoMenosCoñecido, a apertura a todas as provincias galegas está a ser un éxito -cun promedio de 40-50 persoas por actividade- queSeguir lendo “Guido Guía organiza o paseo #ACoruñaMenosCoñecida II xunto ao proxecto Cascarilleiros”

Guido Guía lanza o paseo #LugoFotográfico V cos fotógrafos internacionais Cristian Leyva e Sergio Ferreyra

O vindeiro sábado 11 de febreiro dende o proxecto Guido Guía organizamos a quinta edición do paseo #LugoFotográfico, tres anos despois da nosa primeira experiencia no 2020. Nesta ocasión será acompañados dos fotógrafos internacionais Cristian Leyva (México) e Sergio Ferreyra (Arxentina). O paseo comezará e rematará no Parque Rosalía de Castro e a inscrición (10Seguir lendo “Guido Guía lanza o paseo #LugoFotográfico V cos fotógrafos internacionais Cristian Leyva e Sergio Ferreyra”

Este sábado Guido Guía e Pedro Rolle organizan o paseo guiado #RedescubrindoLourenzá

Coa colaboración do querido amigo Pedro Rolle este sábado organizamos o paseo guiado #RedescubrindoLourenzá. Lembrade: 10 € por persoa, bono de 10 paseos 60 €, bono de 5 paseos 40 €, desconto do 30% para menores de 18 e menores de 4 anos gratis. Inscricións no correo electrónico guidoguiaturismo@gmail.com

O domingo 29 Guido Guía e Xaime Fernández organizan un paseo polo Lugo preromano

Nova data de paseo guiado  O domingo 29 de xaneiro faremos a segunda edición de #EnigmasLucenses, o capítulo XIV da serie #OLugoMenosCoñecido Farémolo nesta ocasión coa colaboración do amigo historiador e guía oficial Xaime Fernández! Inscricións no correo guidoguiaturismo@gmail.com 

Guido Guía organiza 8 paseos diferentes para descubrir Lugo durante as festas do Nadal

Todos os anos, dende que naceu o proxecto Guido Guía, organizamos en Lugo paseos guiados durante as festas do Nadal. Este ano non será excepción e temos preparados 8 capítulos diferentes da serie #OLugoMenosCoñecido para compartir con todos vós: 23 de decembro ás 17h00: #OLugoMenosCoñecido 24 de decembro ás 11h00: #ArteUrbanaLucense 25 de decembro ásSeguir lendo “Guido Guía organiza 8 paseos diferentes para descubrir Lugo durante as festas do Nadal”

Arxentina e Galiza: toda unha vida de sentimentos

Ben é sabido que nos momentos emotivos é cando mellor flúen a creatividade e a expresividade… así me pasa polo menos a min, coas emocións nácenme necesidades de expresar e compartir… Moitos de vós coñecéstesme despois do 2019, no momento no que me fixen autónomo, e polo tanto este 2022 é a primeira vez queSeguir lendo “Arxentina e Galiza: toda unha vida de sentimentos”

O domingo 27 Guido Guía organiza o paseo guiado #OBetanzosMenosCoñecido

O vindeiro domingo 27 de novembro Guido Guía organiza o 11º paseo do seu novo ciclo #OMenosCoñecido das cidades e vilas galegas. Terá lugar en Betanzos, unha das antigas sete capitais do Reino de Galiza. O paseo comenzará ás 11h00 no Palco da Música da Praza dos Irmáns García Naveira, e contará coa colaboración doSeguir lendo “O domingo 27 Guido Guía organiza o paseo guiado #OBetanzosMenosCoñecido”

Os paseos #OMenosCoñecido de Guido Guía viaxan a Mondoñedo e Monforte

Xa guiados os 8 primeiros paseos #OMenosCoñecido das cidades e vilas galegas: Ferrol, Lugo, A Coruña, Vigo, Pontevedra, Ourense, Tui e Compostela… En camiño Mondoñedo e Monforte! Será a vindeira fin de semana, o sábado 19 e o domingo 20 de novembro. Ambos paseos terán lugar de 11h a 14h e a inscrición pode realizarseSeguir lendo “Os paseos #OMenosCoñecido de Guido Guía viaxan a Mondoñedo e Monforte”

Esta fin de semana os paseos de Guido Guía viaxan a Tui e Compostela

Os vindeiros 12 e 13 de novembro o proxecto #OMenosCoñecido de Guido Guía polas cidades galegas viaxa a Tui e Compostela. Como sempre serán dous paseos guiados de 3 horas de duración e nos que se compartirán detalles e curiosidades de lugares non habituais nos itinerarios turísticos clásicos. O sábado será en colaboración co guíaSeguir lendo “Esta fin de semana os paseos de Guido Guía viaxan a Tui e Compostela”

O proxecto Guido Guía polo patrimonio menos coñecido viaxa a Vigo e Pontevedra

Despois dunha gran afluencia de participantes nos tres primeiros paseos guiados por Ferrol, Lugo e A Coruña, o proxecto Guido Guía viaxa o 29 e 30 de outubro a Vigo e Pontevedra para compartir o patrimonio e lugares menos coñecidos destas cidades galegas. Tras tres anos de variadas propostas e actividades na cidade de LugoSeguir lendo O proxecto Guido Guía polo patrimonio menos coñecido viaxa a Vigo e Pontevedra

#ACoruñaMenosCoñecida, novo paseo de Guido Guía o vindeiro domingo 16 de outubro

Algo máis de tres anos despois do inicio do proxecto Guido Guía, centrado primeiro na cidade e na provincia de Lugo, este outono chega ao resto de cidades e provincias galegas. O pasado 1 de outubro comezou co capítulo #OFerrolMenosCoñecido e 48 participantes, o pasado 8 de outubro continuou #OLugoMenosCoñecido e 46 participantes, e oSeguir lendo “#ACoruñaMenosCoñecida, novo paseo de Guido Guía o vindeiro domingo 16 de outubro”

46 persoas pasean polo Lugo menos coñecido con Guido Guía no sábado de San Froilán

Onte volvemos ás orixes do proxecto Guido Guía Entre Ferrol e A Coruña tocou #OLugoMenosCoñecido con 46 amigas e amigos de toda Galiza, Barcelona, León, Asturias, Cuba, Venezuela, Estados Unidos… formidable! Incluso unha ducia acabamos facendo picnic na beira do Miño Vémonos a próxima finde!!!

Paseo guiado #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía, este sábado 8 de outubro

Este sábado 8 de outubro, en plenas festas do San Froilán, dende o proxecto Guido Guía lanzamos o segundo paseo guiado do novo ciclo de visitas a 11 cidades e localidades galegas. O pasado sábado iniciouse en Ferrol, e agora viaxamos a onde comezou todo… #OLugoMenosCoñecido. Este paseo comezará ás 11h00 do sábado 8 deSeguir lendo “Paseo guiado #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía, este sábado 8 de outubro”

48 persoas de toda Galicia descubren #OFerrolMenosCoñecido con Guido Guía

Día de emoción máxima. Por primeira vez dende que comecei o proxecto Guido Guía lancei un ciclo de paseos guiados fóra da provincia de Lugo… hoxe comezamos, #OFerrolMenosCoñecido, e foi un auténtico exitazo. Con 48 persoas de moi diversas procedencias charlamos con Eduardo Hermida, impulsor do incrible proxecto artístico das Meninas de Canido, descubrimos oSeguir lendo “48 persoas de toda Galicia descubren #OFerrolMenosCoñecido con Guido Guía”

23, 24 e 30 de setembro, últimos 3 #PaseArte con Guido Guía do 2022

O pasado 2 de xuño comezou o terceiro ciclo de paseos guiados #PaseArte organizados Cultura e Turismo de Lugo e conducidos por Guido Guía. Despois de 17 itinerarios diferentes ao longo deste verán, os vindeiros 23, 24 e 30 de setembro despedirémonos desta edición e sempre augurando novas aventuras. Se queredes inscribirvos, non o pensedesSeguir lendo “23, 24 e 30 de setembro, últimos 3 #PaseArte con Guido Guía do 2022”

Guido Guía lanza para este outono paseos por 10 cidades galegas

Despois de 3 anos de paseos guiados e actividades case sempre na provincia de Lugo, o proxecto Guido Guía ábrese este outono a outras cidades galegas baixo a liña de traballo seguido nestes anos en Lugo: tratar de ensinar recunchos menos coñecidos das urbes e das súas contornas, na procura de crear percorridos turísticos alternativosSeguir lendo “Guido Guía lanza para este outono paseos por 10 cidades galegas”