Os vindeiros 12 e 13 de novembro o proxecto #OMenosCoñecido de Guido Guía polas cidades galegas viaxa a Tui e Compostela. Como sempre serán dous paseos guiados de 3 horas de duración e nos que se compartirán detalles e curiosidades de lugares non habituais nos itinerarios turísticos clásicos. O sábado será en colaboración co guíaSeguir lendo “Esta fin de semana os paseos de Guido Guía viaxan a Tui e Compostela”
Arquivo de categoría:Guido Guía
O proxecto Guido Guía polo patrimonio menos coñecido viaxa a Vigo e Pontevedra
Despois dunha gran afluencia de participantes nos tres primeiros paseos guiados por Ferrol, Lugo e A Coruña, o proxecto Guido Guía viaxa o 29 e 30 de outubro a Vigo e Pontevedra para compartir o patrimonio e lugares menos coñecidos destas cidades galegas. Tras tres anos de variadas propostas e actividades na cidade de LugoSeguir lendo “O proxecto Guido Guía polo patrimonio menos coñecido viaxa a Vigo e Pontevedra“
#ACoruñaMenosCoñecida, novo paseo de Guido Guía o vindeiro domingo 16 de outubro
Algo máis de tres anos despois do inicio do proxecto Guido Guía, centrado primeiro na cidade e na provincia de Lugo, este outono chega ao resto de cidades e provincias galegas. O pasado 1 de outubro comezou co capítulo #OFerrolMenosCoñecido e 48 participantes, o pasado 8 de outubro continuou #OLugoMenosCoñecido e 46 participantes, e oSeguir lendo “#ACoruñaMenosCoñecida, novo paseo de Guido Guía o vindeiro domingo 16 de outubro”
46 persoas pasean polo Lugo menos coñecido con Guido Guía no sábado de San Froilán
Onte volvemos ás orixes do proxecto Guido Guía Entre Ferrol e A Coruña tocou #OLugoMenosCoñecido con 46 amigas e amigos de toda Galiza, Barcelona, León, Asturias, Cuba, Venezuela, Estados Unidos… formidable! Incluso unha ducia acabamos facendo picnic na beira do Miño Vémonos a próxima finde!!!
Paseo guiado #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía, este sábado 8 de outubro
Este sábado 8 de outubro, en plenas festas do San Froilán, dende o proxecto Guido Guía lanzamos o segundo paseo guiado do novo ciclo de visitas a 11 cidades e localidades galegas. O pasado sábado iniciouse en Ferrol, e agora viaxamos a onde comezou todo… #OLugoMenosCoñecido. Este paseo comezará ás 11h00 do sábado 8 deSeguir lendo “Paseo guiado #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía, este sábado 8 de outubro”
48 persoas de toda Galicia descubren #OFerrolMenosCoñecido con Guido Guía
Día de emoción máxima. Por primeira vez dende que comecei o proxecto Guido Guía lancei un ciclo de paseos guiados fóra da provincia de Lugo… hoxe comezamos, #OFerrolMenosCoñecido, e foi un auténtico exitazo. Con 48 persoas de moi diversas procedencias charlamos con Eduardo Hermida, impulsor do incrible proxecto artístico das Meninas de Canido, descubrimos oSeguir lendo “48 persoas de toda Galicia descubren #OFerrolMenosCoñecido con Guido Guía”
O proxecto Guido Guía xa conta con insignia de verificación en Facebook
Menuda maneira máis especial de comezar a semana Facebook acaba de darlle insignia de verificación á páxina Guido Guía Grazas a tod@s por axudar día a día ao crecemento deste proxecto! Unha aperta enorme
23, 24 e 30 de setembro, últimos 3 #PaseArte con Guido Guía do 2022
O pasado 2 de xuño comezou o terceiro ciclo de paseos guiados #PaseArte organizados Cultura e Turismo de Lugo e conducidos por Guido Guía. Despois de 17 itinerarios diferentes ao longo deste verán, os vindeiros 23, 24 e 30 de setembro despedirémonos desta edición e sempre augurando novas aventuras. Se queredes inscribirvos, non o pensedesSeguir lendo “23, 24 e 30 de setembro, últimos 3 #PaseArte con Guido Guía do 2022”
Guido Guía lanza para este outono paseos por 10 cidades galegas
Despois de 3 anos de paseos guiados e actividades case sempre na provincia de Lugo, o proxecto Guido Guía ábrese este outono a outras cidades galegas baixo a liña de traballo seguido nestes anos en Lugo: tratar de ensinar recunchos menos coñecidos das urbes e das súas contornas, na procura de crear percorridos turísticos alternativosSeguir lendo “Guido Guía lanza para este outono paseos por 10 cidades galegas”
Guido Guía organiza mañá xoves un paseo guiado accesible e un picnic no barrio da Ponte
Lembrade, este xoves paseo de encontro #LugoMundial unha actividade que deixamos pendente dende marzo do 2020 e que retomamos esta semana En colaboración con varias asociacións de Lugo, un paseo gratuíto, accesible e multicultural! Inscricións en guidoguiaturismo@gmail.com
Guido Guía e o arqueólogo Paco Herves lanzan o paseo #OLugoMáisArqueolóxico III o domingo 3 de abril
Despois dunha gran semana, iniciamos unha nova que ven chea de momentos especiais Xa anunciaramos a data deste paseo #OLugoMáisArqueolóxico III pero hoxe sacamos o cartel Unha nova aventura do proxecto que compartimos o arqueólogo e amigo Fco Manuel Herves Raigoso, e Guido Guía! Inscricións en guidoguiaturismo@gmail.com
Este domingo ás 16h00, sexta edición do paseo guiado #OAnelVerde en Lugo con Guido Guía
O vindeiro domingo 27 de marzo ás 16h00 dende a Ponte Romana, sexta edición do famoso capítulo #OAnelVerde dentro da serie de paseos guiados #OLugoMenosCoñecido. Vémonos? Inscricións (6 € por persoa) no correo guidoguiaturismo@gmail.com
A canle Guido Guía sube ao 8º posto do ranking de canles de Youtube en galego
Moi feliz Guido Guía subiu ata o posto 8º no ranking de canles en galego #As50DoYoutube O meu récord, e xa un ano enteiro no top 25 Moitísimas grazas a Lobeira today polo voso gran traballo, e anímovos a todos a seguir a canle para seguir espallando Lugo polo mundo! https://www.youtube.com/c/guidoguia
Guido Guía organiza o día 27 un paseo guiado en homenaxe ao artista Diego AS
Despois de máis de medio centenar de paseos guiados pola #ArteUrbanaLucense nos 2 últimos anos e medio, e tras un fito enorme como o recoñecemento ao mellor mural do mundo do 2021, é hora de facerlle unha homenaxe ao gran Diego AS que ademais foi quen me axudou a comezar isto no 2019 Inscricións noSeguir lendo “Guido Guía organiza o día 27 un paseo guiado en homenaxe ao artista Diego AS”
Alta participación en “OLugoMáisArqueolóxico”, rutas guiadas pola cidade
Noticia emitida na Televisión de Galicia o 6 de febreiro do 2022 Un xeito diferente de combinar a arqueoloxía coas rutas pola cidade amurallada A cidade máis descoñecida e soterrada emerxe dun xeito lúdico e amable, coa unión de arqueoloxía e ocio en Lugo As rutas guiadas de Guido teñen gran poder de convocatoria. Esta finSeguir lendo “Alta participación en “OLugoMáisArqueolóxico”, rutas guiadas pola cidade”
O movemento #LugoPatrimonioMundial prepárase para intentar ser trending topic mundial o 13 de febreiro
E para rematar as publicacións desta mañá, unha importantísima e agardadísima cada ano dende hai 3 Lembrade que o vindeiro 13 de febreiro celebramos o 3º aniversario do hashtag #LugoPatrimonioMundial e un ano máis tentaremos levalo ao máis alto! No 1º TT estatal, no 2º TT europeo… e no 3º? Ide quencendo motores
Guido Guía e o arqueólogo Francisco Herves anuncian o primeiro paseo #OLugoMáisArqueolóxico
Moi emocionados o amigo arqueólogo Francisco Herves Raigoso e eu lanzamos o primeiro paseo guiado do proxecto #OLugoMáisArqueolóxico que anunciamos nas últimas semanas. Agardámosvos o vindeiro domingo 6 de febreiro ás 16h00 na Praciña do Carme! Inscricións no correo guidoguiaturismo@gmail.com ❤
Guido Guía e o arqueólogo Francisco Herves lanzan o proxecto #OLugoMáisArqueolóxico
Artigo publicado no diario El Progreso de Lugo o 13 de xaneiro do 2022 Busca crear sinerxías entre os dous campos cun ánimo divulgativo dun dos grandes patrimonios da cidade de Lugo O guía e activista turístico Guido Álvarez e o arqueólogo Francisco Herves unen os seus camiños e proxectos (Guido Guía e Fortes&Herves) nunha nova iniciativa bautizada como #OLugoMáisArqueolóxico. “NoSeguir lendo “Guido Guía e o arqueólogo Francisco Herves lanzan o proxecto #OLugoMáisArqueolóxico”
Guido Guía e o arqueólogo Francisco Herves lanzan o proxecto #OLugoMáisArqueolóxico
Nos vindeiros días vou anunciar varios novos proxectos para este ano… aquí vai un dos máis marabillosos Coñecín persoalmente no mes de xuño ao arqueólogo Francisco Herves e ao seu equipo. Moitas conversas despois lanzamos esta colaboración, agardando que vos interese! #OLugoMáisArqueolóxico “No 2022 nace esta nova colaboración que buscará crear, con apertura para todos os profesionaisSeguir lendo “Guido Guía e o arqueólogo Francisco Herves lanzan o proxecto #OLugoMáisArqueolóxico”
O vindeiro sábado Guido Guía organiza o paseo guiado #OsBarriosDoRato
Tralo éxito de convocatoria para este domingo #OsBarriosDoMiño lanzamos xa o capítulo XXVI da serie #OLugoMenosCoñecido… #OsBarriosDoRato! Cun convidado moi especial: Pedro Rolle O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza Sábado 15 de xaneiro ás 10h00! Inscricións guidoguiaturismo@gmail.com
