Reportaxe publicada no Progreso de Lugo o domingo 15 de abril do 2018 Aproveitar a fin de semana para camiñar e, de paso, facer amigos é unha boa proposta para pasar o tempo. Si, ademais acábanse quedando con eles para ir ao cine ou compartir experiencias culinarias, mellor que mellor. Descubrir novos lugares en compañíaSeguir lendo “Viaxes que fan amigos”
Arquivos de etiqueta:Galicia Infinita
Nove países viaxando de Lugo ás Médulas
No blog de Galicia Infinita Onte retomamos, estreando o 2018, as nosas xa clásicas excursións dos sábados! Foi ocasión de visitar un dos lugares máis espectaculares do noroeste ibérico: a Paisaxe Cultural das Medulas! Unha vez máis estivemos acompañados por xente dunha chea de países: gregos, arxentinos, mexicanos, uruguaios, ingleses, colombianos, portugueses, estadounidenses, venezolanos… unSeguir lendo “Nove países viaxando de Lugo ás Médulas”
Renovación de contrato en Galicia Infinita
Moi feliz tras renovar esta semana o meu contrato con Galicia Infinita. Moi agradecido pola confianza, e por darme a oportunidade de seguir traballando en algo que me apaixona tanto. Grazas tamén a todos os que apoiades o proxecto vindo ás excursións e viaxes!!! Sen vós sería imposible. Non perdo a oportunidade de animarvos aSeguir lendo “Renovación de contrato en Galicia Infinita”
Vídeo-reportaxe do mexicano Luis Vega: vendo a neve por primeira vez!
A semana pasada o noso querido Luís Vega, youtuber e estudante de intercambio no Campus Terra USC (Lugo), regalounos unha nova video-reportaxe para o recordo. O sábado 16 quedará xa para sempre nas retinas de Luís, e tamén nas doutros compañeiros seus, como o primeiro día da súa vida no que viron a neve. FoiSeguir lendo “Vídeo-reportaxe do mexicano Luis Vega: vendo a neve por primeira vez!”
De México ó Cebreiro: vendo a neve por primeira vez!
No blog de Galicia Infinita A opinión foi unánime: o pasado sábado vivimos a excursión máis emotiva e divertida deste 2017. Persoas de dez países acompañáronnos na nosa branca aventura polas montañas dos Ancares e Samos. Pasámonos a semana dubidando sobre o panorama meteorolóxico que nos atopariamos, e ó final tocounos o mellor dos posibles… OSeguir lendo “De México ó Cebreiro: vendo a neve por primeira vez!”
Nova vídeo-reportaxe do mexicano Luis Vega: excursión pola Terra Chá!
O noso querido youtuber e estudante do Campus Terra USC sorpréndenos con outra gran vídeo-reportaxe das nosas excursións 🙂 Nesta ocasión, foi a quenda da Terra Chá e os seus preciosos humedais. Unha aventura polo río Ladra, polos Ollos de Begonte, polas lagoas de Riocaldo e Cospeito, por Penas de Rodas… non volo perdades! ESeguir lendo “Nova vídeo-reportaxe do mexicano Luis Vega: excursión pola Terra Chá!”
De Lugo a Lisboa, 5 días de paseos e grandes recordos
No blog de Galicia Infinita Esta ponte de decembro fómonos a Portugal. Vinte persoas de catro países e de todas as idades que acabamos convertidos nunha pequena familia. Fai uns dous meses, nunha das nosas habituais excursións dos sábados, os nosos amigos viaxeiros preguntáronnos si sería posible organizar unha viaxe a Portugal na ponte deSeguir lendo “De Lugo a Lisboa, 5 días de paseos e grandes recordos”
Un gran paseo pola natureza e os misterios da Terra Chá
No blog de Galicia Infinita O pasado sábado fómonos de excursión co ambientólogo Pepe Pérez Vázquez, nacido en Lugo pero con profundas raíces en terras chairegas. Descubrimos a comarca dos seus devanceiros e aprendemos moito sobre a súa fermosa natureza! Comezamos a xornada visitando As Penas de Rodas, lugar mítico e lendario que se atopaSeguir lendo “Un gran paseo pola natureza e os misterios da Terra Chá”
Guiando na International Week 2017 do Campus Terra USC
No blog de Galicia Infinita Onte sábado foi un día moi especial para Galicia Infinita. Xunto con tres profesores do Campus Terra USC (Ana Cabana, Elena Freire e Juan Ortiz) guiamos na ruta de clausura da International Week 2017. Foi esta unha semana moi especial! De luns a xoves visitamos, en distintas facultades, os variadosSeguir lendo “Guiando na International Week 2017 do Campus Terra USC”
A International Week 2017 do Campus Terra USC, no programa Galicia Viva (TVG)
Esta semana, especialmente coa ruta guiada de onte, participamos -con Galicia Infinita- da fermosa International Week 2017 do Campus Terra USC. O xoves estivemos de visita nos estands da Facultade e Humanidades e alí coincidimos co programa Galicia Viva da TVG. Bos recordos! Aquí o enlace para ver a pequena reportaxe (a partir do minuto 29): http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/galicia-viva-15
Vídeo-reportaxe do mexicano Luis Vega na nosa excursión polas terras do Eo
Como xa sabedes, o pasado sábado fómonos de excursión á Vía Verde do Eo con moita xente de moitos países: Arxentina, Brasil, Portugal, Grecia, Italia, Chile, Turquía, Francia, Uruguai, Reino Unido, Perú, Alemaña, México… Deste último país, máis concretamente do estado de Tamaulipas, procede o noso querido e cada vez máis famoso estudante e youtuber LuísSeguir lendo “Vídeo-reportaxe do mexicano Luis Vega na nosa excursión polas terras do Eo”
Catorce países camiñando polas terras do Eo (A Pontenova-Ribadeo)
No blog de Galicia Infinita Grecia, Uruguai, Turquía, Brasil, Reino Unido, Perú, Alemaña, Chile, Francia, Arxentina, Portugal, México, Italia… todos estes países estiveron presentes este sábado na nosa excursión polas terras do río Eo. Unha saída que levabamos organizando durante moito tempo! O sábado pola mañá reunímonos ás 11h00, nos fornos da Pontenova, cos nosos queridosSeguir lendo “Catorce países camiñando polas terras do Eo (A Pontenova-Ribadeo)”
A Ulloa: viaxe ó centro de Galicia con gregos, estonianas e portugueses
No blog de Galicia Infinita Un sábado máis marchando de excursión, desta vez a unha comarca chea de historia e simbolismo para Galicia. Inspiradora para Emilio Pardo Bazán, berce do segundo río máis caudaloso de Galicia, ubicación de cantidade de pazos e casas señoriais, parada obligatoria nas rutas máis importantes do Camiño de Santiago… A Ulloa é,Seguir lendo “A Ulloa: viaxe ó centro de Galicia con gregos, estonianas e portugueses”
Piornedo: un paseo polas orixes galaicas con Lola, Isolina e Ron
No blog de Galicia Infinita Gregos, brasileiros, indios, arxentinos, mexicanos e ingleses acompañáronnos a Piornedo e Balboa nunha xornada formidable. Ruta da Moura, Palloza-Museo Casa do Sesto, XXV Magosto Celta… Os Ancares! Onte sábado fómonos de excursión a un dos nosos lugares preferidos. Planeamos unha ruta natural-etnográfica con Isolina Rodríguez e con Lola Piornedo (acompañadasSeguir lendo “Piornedo: un paseo polas orixes galaicas con Lola, Isolina e Ron”
Un día na marabillosa Galicia de Negueira de Muñiz
No blog de Galicia Infinita Desta vez fomos trece mexicanos, dous turcos, unha brasileira, unha estadounidense, unha extremeña e vinte e dous galegos. Un día inesquecible nunha das Galicias máis auténticas e fermosas: Negueira de Muñiz, comarca da Fonsagrada, reserva da biosfera “Río Eo, Oscos e Terras de Burón”. Dende estas terras chegounos a invitaciónSeguir lendo “Un día na marabillosa Galicia de Negueira de Muñiz”
Ruta micolóxica e As San Lucas: formidable sábado mindoniense e internacional
No blog de Galicia Infinita Visitantes de Arxentina, Brasil, Italia e México acompañáronnos nun sábado para o recordo: micoloxía, natureza, historia, gastronomía, feira e festa… todo en un! O día comezou en compañía dos nosos queridos amigos de “O Freixo dous Lobos Ecoturismo e Natureza”… preparáronnos unha formidable ruta micolóxica pola Fraga Vella! Gozamos moito eSeguir lendo “Ruta micolóxica e As San Lucas: formidable sábado mindoniense e internacional”
A excursión do sábado á Mariña, na Voz de Galicia
Hoxe publicouse na Voz de Galicia unha reseña sobre a excursión que o pasado sábado fixemos á Mariña Lucense con Galicia Infinita. VISITANTES DE ONCE PAÍSES E CATRO CONTINENTES DESCUBRIRON RECUNCHOS DE VIVEIRO E O VICEDO Excursión ó Fuciño do Porco, monte San Roque e o casco viveirense Dende Xordania (Asia); Brasil, Bolivia, Chile, MéxicoSeguir lendo “A excursión do sábado á Mariña, na Voz de Galicia”
O Fuciño do Porco e Viveiro en ollos de 11 países
No blog de Galicia Infinita Xordania, Brasil, Estados Unidos, Túnez, Italia, Chile, Turquía, México, Inglaterra, Bolivia, Bélxica… xente de todos estes países acompañounos este sábado a visitar a maxia do occidente da Mariña Lucense. O noso primeiro destino, a famosa ruta polas pasarelas do Fuciño do Porco! Unha senda que sorprendeu ó mundo e queSeguir lendo “O Fuciño do Porco e Viveiro en ollos de 11 países”
Guiando por Lugo ós estudantes do Varendonck College (Holanda)
No blog de Galicia Infinita Esta mañá acompañei pola cidade bimilenaria a un grupo de estudantes holandeses que estes días realizan un intercambio co colexio “La Merced” de Sarria. Procedentes de Someren (ó sur dos Países Baixos), levan dende o pasado luns descubrindo Galicia (en especial a provincia de Lugo) cos seus compañeiros de 4ºSeguir lendo “Guiando por Lugo ós estudantes do Varendonck College (Holanda)”
Galicia Infinita únese ó proxecto Coworking Lug2
O vindeiro luns comezaremos a traballar neste espazo de traballo colaborativo situado no Complexo Lug2 (Rúa Pintor Corredoira nº 4, en Lugo). Moi ilusionados! Este proxecto, tal e como se define na súa páxina web, consiste nun “espazo flexible que conecta, xera, comparte, enlaza e trata de dar visibilidade e proxección ao talento creativo de Lugo|Galicia.Seguir lendo “Galicia Infinita únese ó proxecto Coworking Lug2”