Diego AS, graffiti da Piringalla que triunfa no mundo: “collín o bote en Frigsa ós 10 anos”

Conversa-entrevista no Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 15 de novembro do 2020 Con 31 anos Diego Anido Seijas, popularmente coñecido como Diego AS, é xa un dos artistas lucenses máis galardoados e coñecidos no panorama graffiteiro nacional. Londres, Porto, Barcelona, Málaga, Oviedo, Madrid e media Galiza xa contan con obras súas, e este ano foiSeguir lendo “Diego AS, graffiti da Piringalla que triunfa no mundo: “collín o bote en Frigsa ós 10 anos””

O Carme, por vez primeira

Artigo publicado no Nós Diario o 24 de outubro do 2020 O Concello de Lugo anunciou inminentes melloras que serían a primeira aposta real polo barrio Esta semana o lucense barrio do Carme celebrou posiblemente unha das mellores noticias dos seus máis de 2000 anos de historia: de momento non é máis que un compromiso, pero é oSeguir lendo “O Carme, por vez primeira”

O turismo celta, onte e mañá

Artigo publicado no Nós Diario o 25 de agosto do 2020 Na procura de camiños para o presente e futuro do turismo falamos este mes do mundo do guiado na Galiza, da por fin confirmada volta á natureza e ás orixes, e tamén da necesidade da posta en valor do patrimonio histórico. Hoxe toca unha pequena reflexión sobre outro tema:Seguir lendo “O turismo celta, onte e mañá”

A Mariña e o mar Céltico

Reportaxe publicada no Nós Diario o 26 de setembro do 2020 As augas que conectan e relatan a nosa historia Toda a vida levo vivindo A Mariña Lucense con moita intensidade. Os veráns de infancia e adolescencia, os recordos das miñas avoas (de Foz e Ribadeo), nos últimos anos as experiencias profesionais… e neste 2020, guiando máis queSeguir lendo “A Mariña e o mar Céltico”

Retomando e avanzando

Artigo publicado no diario La Voz de Galicia o 4 de setembro do 2020 Hoxe os lucenses celebramos unha noticia histórica: semella que o proceso de peonalización do centro histórico e rondas -exterior e interior- da Muralla comezado a finais dos anos 90 vivirá nos vindeiros meses un dos seus fitos máis agardados: a peonalización, e poloSeguir lendo “Retomando e avanzando”

Lugo: cando a arte urbana está na casa

Artigo escrito para o Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 26 de agosto do 2020 Canto máis profundiza un no mundo do Street Art, máis se decata do privilexio que temos na nosa cidade: temos ós artistas na casa. Yoe 33, Marcos Pereira, Pablo Lage, Diego AS, Guille Paz, Noemí Núñez, Rubén Paz, Primo deSeguir lendo “Lugo: cando a arte urbana está na casa”

A alternativa da historia

Artigo publicado no Nós Diario o 18 de agosto do 2020 Como dicía o mestre Carl Jung “a intelixencia é iso que usas cando non sabes que facer” e actualmente ese pensamento é recorrente… que facer nestes tempos de cambio? É unha pregunta que se repite buscando saídas sociais, culturais, económicas, persoais e colectivas. O mundo do turismoSeguir lendo “A alternativa da historia”

O turismo e a volta ás orixes

Artigo publicado no Nós Diario o 11 de agosto do 2020 Non diremos ningunha novidade se recordamos que dende a revolución industrial do XVlll a humanidade foise amontoando cada vez máis nas cidades esquecendo a que foi a súa relación orixinal coa natureza, e tampouco será difícil observar que o drama colectivo da pandemia acentuou a alerta anteSeguir lendo “O turismo e a volta ás orixes”

Galiza guiada: un mundo por descubrir

Artigo publicado no Nós Diario o 4 de agosto do 2020 O mundo do guiado vive unha verdadeira metamorfose a nivel mundial, e na Galiza non é excepción: ao contrario, aquí é maior que en case ningún outro sitio… por que? O senso e o valor do guiado radica en que haxa cousas que contar, e tamén naSeguir lendo “Galiza guiada: un mundo por descubrir”

Barrio da Ponte: un paraíso bimilenario en Lugo

Reportaxe publicada no Nós Diario o 10 de xullo do 2020 Cando os romanos chegaron a Lugo construíron un campamento militar nas alturas, pero tamén puxeron as ¿primeiras? pedras dun dos barrios máis fermosos e antigos da Galiza: A Ponte, tamén coñecido por moitos como barrio de San Lázaro. Dous mil anos despois, curiosamente segue a ser, porSeguir lendo “Barrio da Ponte: un paraíso bimilenario en Lugo”

O novo turismo: máis momentos e menos pose

Artigo publicado no diario La Voz de Galicia o 17 de xuño do 2020 Xa antes da crise sanitaria moitas tendencias -non todas, pero si bastantes- apuntaban a un modo de viaxar máis profundo, máis lento e menos banal. Era preciso, e agora aínda máis, deixar atrás o fast food das últimas décadas, a pose, os excesos…Seguir lendo “O novo turismo: máis momentos e menos pose”

O Carme: savoir-faire ecolóxico e bimilenario no centro de Lugo

Reportaxe publicada no Nós Diario o 12 de xuño do 2020 Moitas veces as mellores claves para o futuro atopámolas mirando cara atrás. No barrio do Carme, en Lugo, temos un exemplo paradigmático de como as esencias do pasado poden axudarnos a construír mellores cidades para o novo mundo Despois dun lustro traballando como guía eSeguir lendo “O Carme: savoir-faire ecolóxico e bimilenario no centro de Lugo”

Adra Pallón: unha ollada fotográfica lucense, comprometida, crítica e necesaria

Conversa-entrevista no Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 15 de xuño do 2020 Esta “persoa curiosa cunha cámara colgada ao ombro” retrata a realidade para “dar respostas a preguntas”. No seu proceso, “primeiro está o diálogo e o sentir o problema”; despois, a imaxe. Velaquí unha nova conversa-entrevista de Guido Álvarez, que desta vez fala cun fotógrafoSeguir lendo “Adra Pallón: unha ollada fotográfica lucense, comprometida, crítica e necesaria”

Santiago Iglesias, o mozo de vinte anos gardián do templo do Carme

Conversa-entrevista no Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 10 de xuño do 2020 A sabedoría oral espertou o interese de Santi pola historia da igrexa do Carme, a vella ermida da Virxe do Camiño. Agora é el quen a divulga e quen coida da riqueza dun dos templos “máis belos, históricos e descoñecidos de Lugo”. Se naSeguir lendo “Santiago Iglesias, o mozo de vinte anos gardián do templo do Carme”

O lucense Primo de Banksy, de preto: “Os muros son o gran libro aberto dunha sociedade”

Conversa-entrevista no Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 8 de xuño do 2020 Nesta conversa-entrevista entre Guido Álvarez e o Primo de Banksy, as lectoras e lectores do Lugo Xornal teñen o privilexio de coñecer máis de preto a este misterioso, revolucionario e provocador artista lucense. Xa me sentín afortunado a primeira vez que falei por Instagram con el,Seguir lendo “O lucense Primo de Banksy, de preto: “Os muros son o gran libro aberto dunha sociedade””

A Muralla de Hantissié

Artigo publicado no diario La Voz de Galicia o 7 de xuño do 2020 Sempre fun consciente delo, pero dende que regresei a Lugo no 2015 e comecei a miña actual etapa como Guía Oficial de Turismo de Galicia moito máis, de que as persoas de fóra valoran promedialmente moito máis o patrimonio da nosa cidade queSeguir lendo “A Muralla de Hantissié”

SuperQuique, un pioneiro videoxogo lucense para promover o comercio local en todo o mundo

Artigo escrito para o Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 2 de xuño do 2020 O comercio local está feito de persoas, e os seus promotores tamén o son. David Parra Lezama é un venezolano apaixonado por Lugo que leva varios anos promovendo o comercio local lucense dende La Q-Ponera de Quique: agora, cun videoxogo pioneiro queSeguir lendo “SuperQuique, un pioneiro videoxogo lucense para promover o comercio local en todo o mundo”

A muralla verde: Lugo, capital do mundo novo

Artigo publicado no diario La Voz de Galicia o 31 de maio do 2020 Dous meses e medio de histórico confinamento serviron para moitas meditacións, e no caso de Lugo tamén para apuntalar e materializar vellas ideas pendentes. Neste século XXI quedaban poucos que non visualizasen con entusiasmo unha continuación das peonalizacións da cidade: agora,Seguir lendo “A muralla verde: Lugo, capital do mundo novo”

A idade dourada da arte urbana lucense

Artigo escrito para o Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 13 de maio do 2020 Concepto Circo, Leandro Barea, Otro Prisma, Diego AS ou o Primo de Banksy son algún dos referentes lucenses deste tipo de expresión artística moi en auxe a nivel mundial A arte urbana e o graffiti son moitas cousas: son beleza, son reivindicación,Seguir lendo “A idade dourada da arte urbana lucense”

Cando volvamos: viaxar para atoparnos

Artigo escrito para o Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 29 de marzo do 2020 Os momentos de crise son cruzamentos de camiños onde cabe pensar cara onde imos, e este é un tempo propicio para revisar ese proxecto de vida que temos como persoas e como sociedade. O turismo non escapa á situación e ten motivosSeguir lendo “Cando volvamos: viaxar para atoparnos”